Tocada a fin de semana polo Entroido, polo que podemos ver horarios estranos, ademais de aproveitar o martes 12 para disputar varios dos encontros aprazados no seu día polo temporal Gong. De feito, a xornada estrébase onte, co filial dumbriés, i é que o equipo de Preferente tamén adiantou a xornada ao sábado para poder disfrutar do Entroido. Así que tras ollar o tremendamente cargado parte de sancións, analizamos a Previa da xornada.
Comezamos o repaso pola Preferente, na que os nosos terán citas de diferente complexidade. O sábado o Dumbría recibe ao Silva e terá que sumar se non quere deixar escapar máis ao trío de arriba. O mesmo lle acontece ao Xallas de Santa Comba, que ademais recibe ao penúltimo, o Chantada. Pero o que o ten máis complicado é o Soneira, que recibe ao imponente líder, un Bertamiráns que xa saca 11 puntos a dumbrieses e 12 aos xalleiros.
En 1ª Autonómica, os nosos terán que lidiar con osos duros. O Fisterra adianta ao sábado o choque co Noia, un dos partidos máis complicados da tempada. Terá o Camariñas unha saída suicida a Riveira, mentres que o Ponteceso, tan necesitado como fisterráns e camariñáns, recibe a un Bertamiráns B que tamén está nunha zona tranquila. O Malpica será o que teá máis fácil, recibindo ao pechacancelas, o Flavia, ao que terá que afundir para facerlle un favor aos veciños costeiros.
Nos horarios da 2ª Autonómica, habituais citas dominicais, é onde podemos comprobar a incidencia do entroido costeiro. De feito, apenas 3 choques quedan para o domingo. Pero a xornada conta cun partido por riba de todos. A Esteirana, líder, recibe a un Baio a só 3 puntos, nun dos partidos máis importantes do ano. Mentres o Cee quere aproveitar calquera tropezo, pero non pode fallar ante o Zas.
A xornada completarase o martes co choque aprazado entre Sofán e San Lorenzo, que pode aupar lixeiramente aos sofanistas ata as prazas de arriba.
En 3ª Autonómica, o Porteño buscará non perder comba ante o Corstanco, xa que o IDC que sumará os puntos do Fisterra B. A loita pola 6ª praza centrará a atención da xornada, cun Lira-Muxía como último tren para os lirachos (que ademais estrean porteiro, Andrés, ex do Cee e do Corcubión), e un Nantón-Laxe que se presenta igual de importante para ambos.
En Xuvenís hai tres choques importantes. Dumbría e XSC e Cabana e Malpica xogaranse moito, mentres que os dous que están descolgados, Fisterra e Ponteceso, buscarán loitar por esa última oportunidade de non perder o fío.
Nas Ligas Galegas, mentres o Dumbría de cadetes segue co soño do ascenso, en infantís rematou a liga regular, e comezan os Play Off polo título e para eviitar o descenso. O Bergan loitará polo título e xa comeza contra o Celta nas Eiroas. Mentres, o Dumbría loitará por evitar o descenso tras quedar 14º en Liga.
Preferente, xornada 24
C.F. Dumbría | 09/02 - 17:00 | Silva S.D. |
Soneira S.D. | 10/02 - 16:15 | Bertamiráns F.C |
Xallas StComba | 10/02 - 16:15 | S.D. Chantada |
1ª Autonómica, xornada 22
S.D. Fisterra | 09/02 - 16:30 | C.F. Noia |
S.C.D. Malpica | 10/02 - 16:15 | Flavia S.D. |
Bertamiráns B | 10/02 - 16:30 | Ponteceso S.D. |
Atl. Riveira | 10/02 - 17:00 | Camariñas F.C. |
2ª Autonómica, xornada 22
Dumbría C.F. B | 1-2 | Muros S.D. |
S.D. Esteirana | 09/02 - 17:00 | C.D. Baio |
S.D. Castriz | 09/02 - 17:00 | U.D. Montelouro |
U.C. Cee | 09/02 - 18:00 | Sp. Zas |
Cabana S.D. | 09/02 - 18:00 | U.D. Carnota |
Volantes F.C. | 09/02 - 19:00 | Outes C.F. |
S.D.San Lorenzo | 10/02 - 16:15 | Mazaricos C.F. |
U.D. Corcubión | 10/02 - 16:15 | Corme C.F. |
Buño S.D. | 10/02 - 17:00 | S.D. Sofán |
S.D. Sofán | 12/02 - 16:15 (x.19) | S.D.San Lorenzo |
3ª Autonómica, xornada 22
C.F. Castrelo | 09/02 - 16:00 | U.D. Cerqueda |
S.D. Ameixenda | 09/02 - 16:00 | S.D. Alcaián |
Camelle S.D. | 10/02 - 16:00 | SDC Corcoesto |
Lira C.F. | 10/02 - 16:15 | Muxía C.F. |
C.D. Baíñas | 10/02 - 16:15 | Xaviña F.C. |
C.D. Nantón | 10/02 - 16:15 | S.D. Laxe |
Porteño C.F. | 10/02 - 16:15 | S.D. Coristanco |
S.D. Alcaián | 12/02 - 20:00 (x.19) | Camelle S.D. |
- Descansa Soneira B.
- O IDC-Fisterra fíxase co resultado 2-0.
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 4
C.F. Dumbría | 09/02 - 10:30 | Xallas StComba |
S.D. Fisterra | 09/02 - 12:00 | Ponteceso S.D. |
Cabana S.D. | 09/02 - 16:00 | S.C.D. Malpica |
Liguilla da Copa da Costa, Gr.1, xornada 4
C.D. Baio | 09/02 - 11:00 | Muros S.D. |
Muxía C.F. | 09/02 - 16:15 | Outes C.F. |
S.D. Laxe | 09/02 - 16:15 | Camariñas F.C. |
Liguilla da Copa da Costa, Gr.2, xornada 4
U.C. Cee | 09/02 - 12:30 | S.D. Esteirana |
Corme C.F. | 09/02 - 16:15 | Soneira S.D. |
S.D. Coristanco | 09/02 - 16:15 | Mazaricos C.F. |
Liga Galega Cadete, xornada 21
C.F. Dumbría | 09/02 - 12:15 | R.C. Villalbés |
C.D. Calasanz | 09/02 - 16:00 | Bergantiños C.F |
Liga Galega Infantil, Playoff polo Título, xornada 1
Bergantiños | 09-02-13 - 17:00 | Celta |
Liga Galega Infantil, Playoff Descenso, xornada 1
San Cristobal | 10-02-13 - 10:15 | Dumbría |
1ª Cadete, xornada 14
Cabana S.D. | 08/02 - 19:00 | C.D. Baio |
U.C. Cee | 09/02 - 10:30 | Sp. Zas |
Muros S.D. | 09/02 - 10:30 | S.D. Esteirana |
S.D. Coristanco | 09/02 - 10:30 | Porteño C.F. |
Muxía C.F. | 09/02 - 10:30 | Con. de Carnota |
Xallas StComba | 09/02 - 10:30 | S.D. Fisterra |
Ponteceso S.D. | 09/02 - 16:00 | Outes C.F. |
U.C. Cee | 12/02 - 10:30 (x.11) | Con. de Carnota |
Xallas StComba | 12/02 - 11:00 (x.11) | Cabana S.D. |
S.D. Coristanco | 12/02 - 11:00 (x.11) | C.D. Baio |
Muxía C.F. | 12/02 - 16:30 (x.11) | Ponteceso S.D. |
1ª Infantil, xornada 18
E.M.F. Vimianzo | 08/02 - 18:30 | Xallas StComba |
S.D. Sofán | 10/02 - 10:30 | U.C. Cee |
Outes C.F. | 10/02 - 10:30 | E.D. Os Miudos |
Cabana S.D. | 10/02 - 10:30 | Corme C.F. |
S.D. Fisterra | 10/02 - 10:30 | Muxía C.F. |
Ponteceso S.D. | 10/02 - 10:30 | As Baleas |
S.D. Esteirana | 10/02 - 11:30 | C.D. Baio |
Outes C.F. | 12/02 - 11:00 (x.15) | As Baleas |
U.C. Cee | 12/02 - 12:30 (x.15) | C.D. Baio |
Ligas de Veteranos
1ª División
Camariñas | 10/02 - 10:00 | Soneira |
San Lorenzo | 10/02 - 11:00 | Coristanco |
Vimianzo | 10/02 - 11:00 | Castriz |
Corcubión Vet. | 10/02 - 11:00 | Bergantiños |
Baio | 10/02 - 11:00 | Xv. Bergantiños |
Zas | 10/02 - 11:00 | San Román |
Cabana | 10/02 - 12:00 | Ponteceso |
Bértoa | 10/02 - 12:00 | Nantón |
2ª División
Dep. Carballo | 10/02 - 10:00 | Sofán |
Leiloio | 10/02 - 11:00 | Corcoesto |
Buño | 10/02 - 11:00 | Malpica |
Corme | 10/02 - 11:00 | Poniente |
Muros | 10/02 - 11:00 | Laxe |
Camelle | 10/02 - 12:00 | Agualada |
Porteño | 10/02 - 16:00 | Cerqueda |
Fútbol Sala
Liga Provincial:
- BeArt 5 Coruña F.S. - Esteirana: sábado 09/02/2013 ás 19:15 no Municipal Barrio de las Flores;
- Fisober F.S.F. "B" - Manureva Suevos: sábado 09/02/2013 ás 18:00 no Municipal de Vimianzo.
Volei
Este sabado 5 partidos en Dumbria:
- 10:30 Infantil masculino: Manuela Rial – Boiro;
- 10:30 Cadete feminino Voleibol Dumbria-Boiro;
- 12:00 Xuvenil masculino: Voleibol Dumbria – Boiro;
- 12:00 Infantil feminino: Manuela Rial – Boiro;
- 13:30 Infantil feminino: Manuela Rial – CV Pontevedra.
Balonmán
- 1ª Autonómica. Liguilla polo título: Hierros Miguel SEIS DO NADAL - BM CAMARIÑAS: sábado 09/02/2013 ás 20:00 no PAV.MCPAL.DE COIA.
- 1ª Estatal: BUEU AT - CALVO XIRIA: sábado 09/02/2013 ás 19:00 no P. MPAL. DE BUEU.
Tenis de mesa
As xogadoras zaenses do Clube Anorthosis Vimianzo desprázanse este venres 8 de febreiro a Valladolid para participar no torneo estatal de tenis de mesa onde competiran contra as mellores xogadoras de toda España da súa categoría.
Este torneo estatal serán os días 8, 9 e 10 de febreiro e alí estarán os mellores de toda España en cada categoría. Sorte para elas!!
Baile Deportivo
Este domingo 10 de febreiro dúas parellas do clube Arte e Movemento viaxarán a Valencia acompañados da súa entrenadora Graciela Toba para participar en L'Eliana na Copa Promoción, tras seren seleccionados pola Federación Española de Baile Deportivo, por estar na metade superior do ranking nacional. Nesta proba enfrontaranse ós mellores do ranking de toda España, e xóganse o ascenso de Categoría.
As parellas son: Roberto Ezara e Patricia Tuñez (Cee) e Cristian Dominguez e Laura Rivadulla (Cee).
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
Fonte