Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Laura e Lorena engrandecen o tenis de mesa costeiro

Laura e Lorena engrandecen o tenis de mesa costeiro
As zaenses Laura e Lorena competirán entre as mellores de España

Estas dúas nenas zaenses, Laura e Lorena, xogadoras alevín e benxamín de tenis de mesa do Clube Anorthosis Vimianzo, que xogan en Zas (nos equipos Concello de Zas O Pinar, categoría absoluta na 3ª División Galega; e no Aluminios Xeal, 2ª División Nacional), convertíronse estes días no orgullo do tenis de mesa da Costa da Morte.
Ambas desprazaranse o vindeiro venres 8 de febreiro a Valladolid para participar no torneo estatal de tenis de mesa onde competiran contra as mellores xogadoras de toda España da súa categoría.
Este torneo estatal serán os días 8, 9 e 10 de febreiro e alí estarán os mellores de toda España en cada categoría. Sorte para elas!!

Laura e Lorena en plena partida

E foi o máis comentado esta fin de semana nas mesas da zona. Pois os equipos soneiráns volveron disputar unha nova xornada na que o Anorthosis sacou dúas grandes vitorias en Lalín. Non puideron os equipos de 3ª co Hípica coruñés, mentres que o en 2ª feminina só unha vitoria para o Aluminios Xeal en 4 encontros.

2ª División Galega, Grupo Centro

  • Resultado: CTM LALIN “B” - ANORTHOSIS VIMIANZO (3-4) // (14-14)
  • Resultado: ESCOLA LALIN - ANORTHOSIS VIMIANZO (2-5) // (12-15)

Encontro moi igualado entre CTM Lalín “B” e Anorthosis Vimianzo, igualdade nos sets, 14-14, donde desta vez a sorte foi do lado dos costeiros. Moi importante a vitoria de Marcelino, que salvou unha bola de partido, e que logo rematou Roi conseguindo o 4º punto da vitoria.
No outro encontro xa foi mas doado acadar a vitoria a pesares de que os de Lalín fixeron 12 sets.

3ª División Galega, Grupo Centro

  • Resultado: Concello de Zas O Gaiteiro - Hípica Coruña “B” (0-7) // (6-21).
  • Resultado: Concello de Zas O Pinar - Hípica Coruña “B” (0-7) // (0-21)

En 3ª, pouca historia pois a superioridade dos da Hípica foi manifesta, tal e como reflexan os marcadores.

2ª Nacional Feminina, Grupo Centro

Comentarios