Axenda futboleira dunha fin de semana de finalísimas con suspense
Pois ata o final téñennos en ascuas. Menos mal que temos a III Gala do Fútbol da Costa para ter a mente futboleira ocupada.
Tralas explicacións do parecer da Directiva do Dumbría, a final terá lugar este domingo 29 de xuño, ás 18:00h en Fontenla, a pesar de que na Federación respondan coma se nada pasase.
Movementos nos bancos
Todo, no marco dunha tras unha semana na que coñecíamos que Manolín volve aos banquiños, e na que José Carlos tomou o relevo na presidencia do UC Cee. Grandes novas para o noso fútbol, dende logo. Ademais, houbo outros movementos, como o que pon a Juan Rey Cambeiro como novo adestrador da Esteirana, ou ao ceense Mario de José como adestrador do Baíñas.
A previa
Xa no deportivo, a Final da Copa da Costa 2014 prevese espectacular. Os dous mellores equipos do fútbol costeiro se presentan para unha finalísima espectacular. O Dumbría cos deberes feitos tras unha moi boa temporada en Preferente, e o XSC coa posibilidade de repetir o éxito do ano pasado e de salvar unha campaña na que o descenso á 1ª Autonómica xa está certificado, a non ser que haia baixas na Pref.
Teremos tamén a Final da Copa da Costa de Veteranos, que nos deixou algunha sorpresa nas semifinais. O Erbecedo sorprendeu ao Soneira, un dos grandes favoritos, e loitará cun Dumbría en clara melloría. A cita, o domingo ás 11:00h no Campo de Xaviña-Buño, nun evento organizado polo Cerqueda de Veteranos.
E, ademais dos torneos estivais do Memorial Andújar, do Trofeo Base de Cabana e do I Maratón de FS de Santa Comba, teremos o ollo posto na ida da gran final da Fase de Ascenso Xuvenil. O Dumbría está a 180 minutos da Liga Galega, un soño que pode ser realidade neste grupo de xogadores que pasarán á historia, por levar dous equipos á máxima categoría da man de Diego Lobelos e Óscar Leis.
Copa da Costa, Final
XSC | 29/06 | Dumbría |
- Podedes ver como queda o cadro actualizado en www.copadacosta.com.
Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil
28/06 - 12:00 | Val do Ulla - Dumbría | 05/07 |
- O que pase esta eliminatoria, ascende a Liga Galega Xuvenil.
Copa da Costa de Veteranos, Final
Erbecedo | 29/06 - 11:00 en Xaviña-Buño | Dumbría |
- Podedes ver como queda o cadro completo en www.copadacosta.com.
IV MEMORIAL MANUEL ANDÚJAR
O C.F. Dumbría celebrará este sábado 28 de xuño, a partir das 10 da mañá, a que será a cuarta edición do Memorial Manuel Andújar, un torneo de Fútbol 8 no que participarán equipos de categoría prebenxamin, Benxamín e Alevín. A esta edición acudirán os seguintes equipos: - Categoría Alevin: Dumbría “A”, Dumbría “B”, Esteirana, Rácing San Pedro (Ferrol), Cee, Xallas SC, Olímpico de Rutis - Categoría Benxamin: Dumbría, Cee, Xallas SC, Esteirana - Categoría Prebenxamin: Dumbría e Cee A competición dará comenzo ás 10:00 h en categoría Alevin, e ás 10:30 na categoría Benxamin, xogándose simultáneamente nos dous campos habilitados no municipal do Conco. As finais desputaranse ás 16:30 h. en Prebenxamín, 17:30 h en Benxamin e ás 18:30 en Alevin. Os equipos terán tamén a posibilidade de gozar da piscina municipal. A organización do torneo elaborará un menú gratuito para os rapaces e dispoñerá tamén dunha zona para comer as nais, pais e acompañantes, nas propias instalacións do Conco.I Maratón de FS de Santa Comba
Tamén na capital xalleira pero a finais de mes, 27, 28 e 29 de xuño, terá lugar o I Maratón de FS de Santa Comba no pavillón de Fontenla, con 3.100 puntos en premios.Torneo Base en Cabana
Os días 28 e 29 de xuño o Campo das Redondas, un dos que máis atención presta ao fútbol base, acolle o VI Torneo de Fútbol Base Cabana SD. 14 equipos benxamíns e outros tantos alevíns, cunha primeira fase de grupos a golpe de sábado e un domingo de Fase Final.Novas relacionadas
Máis información
- Os cadros das Copas e as Fases de Ascenso en: www.copadacosta.com.
- www.futboldacosta.com.
- Facebook “Fútbol da Costa”.
Máis información
- Os cadros das Copas e as Fases de Ascenso en: www.copadacosta.com.
- www.futboldacosta.com.
- Facebook “Fútbol da Costa”.
Crónicas da semana
- O Dumbría acodirá á final da Copa da Costa pero explica a súa contrariedade.
- Fútbol Base: O Dumbría, a 180 minutos da Liga Galega.
- Copa de Veteranos: O Erbecedo culmina a sorpresa e se pranta na final ante o Dumbría.
- Crónica dun agónico e histórico ascenso do Sofán.
- Copa da Costa: Os favoritos non perdoan e se plantan na final.
- Crónica dunha fin de semana espectacular co ascenso do Sofán e os xa finalistas de Copa.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).