Luns. 29.04.2024
El tiempo

Crónica dun agónico e histórico ascenso do Sofán

Crónica dun agónico e histórico ascenso do Sofán
Ascenso do Sofan-Foto-Luis Gonzalez

Incrible, nin os cineastas máis comerciais prepararían un guión así para o ascenso da SD Sofán á 1ª Autonómica. O cadro carballés tiña que vencer por 3 goles diferencia a un Val do Ulla que vencera 2 dos 3 partidos nos despachos. Ca polémica servida, e con media Costa da Morte volcada nun Carral converido en Bombonera (máis de 800 persoas ateigaron o campo carballés) o equipo de Pablo Mallón tirou de épica para conseguir o ascenso na última, na derradeira, xogada do partido.

Mención especial merece a parroquia emigrante sofanista, que enviou alentos de ánimo e alegría ao Carral, seguindo o partido en directo a través do Facebook SD Sofán, e que acabaron brindando con champan nas terras de Suiza, Alemania, Argentina ou Francia.

Sofán - Val do Ulla (5-2)

Ascenso do Sofan-Foto-Jorge Cotelo
  • SOFÁN: Lerma, Javi Souto, Pablo Martínez, Javi Garcia, Cantudo (Iván Rey, min.46), Martín, Míchel (Brais, min.60), Leilán, Bertín, Raúl e Iván Rojo. Tamén xogaron: Brais.
  • Goles: 0-1, min.15; 0-2, min.30; 1-2, min.40: Leilán de falta directa; 2-2, min.60: Iván Rojo; 3-2, min.70: Leilán; 4-2, min.80: Javi García; 5-2, min.95: Leilán de falta rasa.

Consciente de que que ter que marcar 3 goles como mínimo, Pablo Mallón converteu a saída dos seus nunha tormenta. Saída en tromba da SD con varias chegadas claras, pero tras un saque de banda, na primeira chegada dos visitantes, xerro de auga fría co gol visitante. Raúl avisaba de novo pero o Val do Ulla facía enmudecer ao Carral, e Lerma tiña que salvar os mobles cunha gran doble intervención.
Pero o peisaqués Leilán, o heroe do ascenso, levantaba ás bancadas cun gol de falta directa ao fío do descanso, que deixaba a ilusión aberta, pero conscientes de que o equipo tiña que marcar aínda 4 goles.

E saíu a por todas a SD na segunda, pero as contras do Val do Ulla eran aínda perigosas. Rojo probaba ao meta visitante e Leilán mandaba ao longueiro, antes de que o propio Iván Rojo fixese o 2-2. Coma un furacán estaba a SD. E Leilán facía o 3-2 e Javi García o 4-2. O Carral fervía pero o tempo esgotábase e o ascenso estaba a un mísero gol de distancia. Era xa o desconto cando Brais e Leilán rozaban o gol.

E xa con 5 sobre os 90, e a última xogada era unha falta ao borde da área. Todo o Sofán volcado, e Leilán lanza raso e o balón se cola polo pau do porteiro. Estoupou o Carral, con invasión de campo incluída para festexar este histórico e agónico ascenso da SD Sofán á 1ª Autonómica.

Un Sofán feito para ascender, que consegue o merecido premio tras unha grandísima campaña. O ano que vén compartirá categoría co XSC, Soneira, Malpica, Baio, Esteirana e Corme.

Outros que festexaron o ascenso foi o Volantes de Baño, tamén con xente presente no Carral. I é que o ascenso do Sofán supón a permanencia do cadro muradán na 2ª Autonómica.

Invasion de campo no Carral co ascenso da SD Sofan-Foto-Vanesa Ascenso da SD Sofan-Foto-Vanesa Ascenso do Sofan-Foto-Jorge Cotelo

A festa durou ata altas horas da mañá...

Festa do Ascenso do Sofan

Crónicas da Fase de Ascenso do Sofán

Máis información

Novas da III Gala do Fútbol da Costa

Crónicas da semana

Máis novas

  • Nova lista de torneos de verán en Carballo, Camariñas, Outes e Cabana.
  • Fútbol base

    Fonte

    Comentarios