Luns. 29.04.2024
El tiempo

Copa de Veteranos: O Erbecedo culmina a sorpresa e se pranta na final ante o Dumbría

Copa de Veteranos: O Erbecedo culmina a sorpresa e se pranta na final ante o Dumbría
Soneira-Erbecedo da Copa de Veteranos

Todo listo para a finalísima do domingo 29 de xuño, que se xogará ás 11:00h no Campo de Xaviña de Buño, entre os finalistas deste 2014: Erbecedo e Dumbría. A nova máis destacada destas semis foi a relativa sorpresa o pase do Erbecedo ante todo un Soneira, un dos grandes favoritos. O cadro carballés, 3º da 2ª División, venceu ao actual subcampión de Copa, tras un gran encontro de ida e unha sufrida e defensiva volta.

En fronte terá a un Dumbría que tivo que sufrir ante un correoso Zas, que non tivo sorte cara gol e que se atopou cun cadro dumbriés moi ben armado.

Será unha gran final!

Final Copa da Costa Veteranos 2014

Soneira - Erbecedo (2-1)

11 do Soneira de Veteranos
  • SONEIRA: José Ángel, Mauri, Costa, Antelo, Bruno, Manuel, Ángel, Jemisa, Jose, Teo e Miguel. Tamén xogaron: Manolito Dumbría, Coscoñas, Lareiras, Maure, Yordi, Félix, Cho, Mario, Carlos e Padronés.
11 do Erbecedo de Veteranos
  • ERBECEDO: Juan, Belarmino, Florencio, Marcelino, Martín, David, Amarelle, Sande, Taibo, Lema e Antonio. Tamén xogaron: Busto, Bouzas, Paredes, Pose e Rubén.
  • Goles: 0-1, min.40: Pablo de cabeza; 1-1, min.65: Miguel de penalti cometido sobre el; 2-1, min.85: Lareiras de cabeza tras un saque de banda lateral.
  • Árbitro: Rivas cos asistentes Capellan e Juan.
Soneira-Erbecedo da Copa de Veteranos

Non puido o Soneira, un dos grandes favoritos e actual subcampión da Copa, remontar o 4-2 que lle endosaba o Erbecedo na ida. Nun partidazo fantástico, o cadro carballés métese na finalísima despois de moito sufrimento. I é que o Soneira foi polo partido dende o minuto 1, adiantando as liñas e metendo sempre a presión moi enriba. Pero o Erbeceso estivo moi ben prantado, cunha defensa de 4 con 2 por diante que controlou ás figuras vimiancesas. Aínda así, o meta Juan tivo que esforzarse facendo, sobre todo na segunda metade, un grandísimo partido, ao igual que os centrais Marcelino e Bouzas.

Tras 40 minutos igualados cun Soneira algo máis arriba, chegaba o gol do Erbecedo tras unha falta lateral, que puña as cousas moi costa arriba para os soneiráns.

Comezaba a segunda co mesmo ritmo o Soneira, xa con Manolito Dumbría e Lareiras no campo, que foron precisamente os que tiveron as mellores ocasións para empatar. Non chegou o empate ata o minuto 65 por medio de Jemisa. Pero aínda quedaban outros dous goles por meter. Seguiu batindo na defensa visitante o cadro local e o 2-1 chegaba no min.85.

Púñase a un gol da final pero faltaba só 5 minutos e malia que que no tempo engadido tivo un par de ocasións por medio de Miguel e cun tiro dende fóra de Lareiras, non puideron doblegar á boa defensa do Erbecedo, que sorprende e se mete na final.

Miguel non fallan dende os 11 metros

Dumbría - Zas (2-0)

Dumbria-Zas na Copa Veteranos-Foto-Dumbria Vet
  • DUMBRÍA: Dani, Serxio, Tomás, Fandiño, Martín, Marco, Javi, Antonio, Isidro, Miguel e Jose. Tamén xogaron: Riki, Luca e Castreje.
  • ZAS: Xaneiro, Edu, Novo, Quintáns, Evaristo, Felipe Solís, José, Chentony, Brenlla, Dubo e Javi Amarelle. Tamén xogaron: Limideiro, Manolo Solís, Federico, Adolfo, Fernando, César, Regueira e Pepe.
  • Goles: 1-0, min.70: Riki; 2-0, min.86: Miguel.
  • Árbitro: Isidro cos asistentes Rama Rama e Gerardo.
Dumbria-Zas na Copa Veteranos-Foto-Dumbria Vet

Estaba todo aberto tralo 1-1 de San Andrés. O Conco acollía un bo ambiente para ver unha gran semifinal, entre un novo Dumbría, equipo no primeiro ano de competición con este nome, pero que os anos pasados xa fixo boas campañas como o Corcubión Vet. E foi un choque bonito, moi disputado e con moita entrega.

Rematou a primeira metade sen goles a pesar de que o colexiado Isidro non quixo ver dous posibles penaltis, un en cada área. O empate sen goles valíalle ao Dumbría polo que o Zas tivo que estirarse na segunda metade, pero á contra, chegaría o gol dumbriés no ecuador do segundo tempo por medio de Riki.

Seguía o Zas encima pois o panorama non cambiaba tanto, e se marcaba chegaríase á prórroga. O Zas empurraba pero o Dumbría sostíñase no partidazo de Fandiño, infranqueable por arriba e marcando de xeito férreo ao punta Felipe Solís. Quedaban 5 minutos cando Miguel finiquitaba a eliminatoria co segundo tanto, dándolle o pase á final aos dumbrieses.

Novas dos Veteranos

Máis información

Novas da III Gala do Fútbol da Costa

Crónicas da semana

Máis novas

Comentarios