Copa da Costa: Os favoritos non perdoan e se prantan na final
11:54 23/06/14
Teremos unha grandísima final da Copa da Costa 2014. Dumbría e XSC, os dous mellores equipos, por clasificación, do Fútbol da Costa, serán os protagonistas da gran Festa do noso fútbol.
E tiveron que sufrir para chegar aquí, e onte Cee e Castriz, dous equipos en dúas categorías máis abaixo, demostraron que na Copa da Costa pode pasar de todo. A piques estiveron de dar a sorpresa pero o oficio dos equipos teóricos grandes foi suficiente para meterse na final. Unha final na que o XSC querrá repetir o título do ano pasado, e do anterior aínda só coas cores laranxas, e o Dumbría quere volver levar un trofeo que non gaña dende o 2010.
Dumbría - Cee (3-1)
- DUMBRÍA: Iván, Jose, Jota, Aarón Fdez., Doro, Oscarín, Aarón López, Rivi, Dani Casal, Jesús e Adrián Nieto. Tamén: Couto, Rudi Cotelo, Adrián Makaay, Pablo Muíño e Luisito.
- CEE: Parroto, Fiuza, Jorgito (Javi, min.80), Jacobo, Dani Freire, Angeliño, Piquero (Josiño, min.55), Diego Cespón (Cristian, min.55), Penedo (Paulo, min.43), Nico e Llanero.
- Goles: 1-0, min.40: Doro; 2-0, min.47: Adrián Nieto; 2-1, min.73: Llanero; 3-1, min.90: Luisito á contra.
- Expulsión: Parroto no min.42.
Foi, como non, Llanero o que se puxo o equipo ás costas e recurtaba, poñendo a falta de 20 minutos un 2-1 que deixaba a final a só un tanto. A pesar de seguir con 10, o Cee tivo opcións de empatar e darlle a volta á eliminatoria pero a firmeza do cadro de Canosa, por certo, que vai ser premiado como Mellor Adestrador da Preferente na Gala da 3ª División, foi clave. Aguantou e no treito final, Luisito nunha contra finiquitou o partido e meteu ao Dumbría na finalísima.
XSC - Castriz (2-1)
- XSC: David, Rubén Forján, Cristian, Rubio, Héctor, Jesús, Mata, Richi, Marcos, Darío Capelo e Arnejo. Tamén xogaron: Alberto, César, Steven, Diego e Toño.
- CASTRIZ: Pablo, Martín, Chinda, Bruno, Álex, Cili, David Agra, Castro, Pablo Muni e Víctor. Tamén xogaron: Yortdi, Balsa, Pose, Juan e Sergio.
- Goles: 1-0, min.40: Héctor de cabeza nun córner; 2-0, min.50: Richi; 2-1, min.55: Agra de penalti.
Partidazo o que se vivíu en Fontenla para un gran derbi xalleiro na mesma semifinal da Copa da Costa. Un fantástico ambiente para ver aos dous equipos do Concello de Santa Comba fronte a fronte. E a pesar do 1-2 da ida en San Pedro, que puña a eliminatoria de cara para os favoritos, o equipo de Preferente, o cadro de Esteban Blanco pelexou ata o final.
E puxo e apuros nunha igualada primeira metade ao cadro verde e laranxa. Luís Castro e Chinda foron do mellor da primeira metade ccoas súas internadas pero o único tanto chegaría ao fío do descanso cando un córner, protestado polos rossoneros, era rematado a gol por Héctor.
Máis doloroso foi se cabe o segundo tanto, á volta dos vestiarios por medio de Richi, que xa deixaba a eliminatoria case que sentenciada. Pero o Castriz, lonxe de virse abaixo, ergueuse e recurtou de contado por medio de Agra dende os 11 metros.
Intentouno o Castriz durante todo o segundo tempo pero a defensa dos de Coméndez estivo moi seria e non permitiu grandes ocasións. Pablo Muni e Luís Castro tiveron un par de ocasións pero o meta local estivo seguro. Tamén Arnejo, cun tiro ao longueiro, e Darío Capelo tiveron un par de ocasións para ampliar a renda pero o marcador non se movería, pechando así unha campaña irregular do Castriz, e deixando a porta aberta a salvar unha convulsa temporada no XSC.Un Xallas de Santa Comba que en principio está descendido por mor dos arrastres, pero que ten a esperanza posta en que algún equipo da 3ª División ou da Preferente. se dea de baixa.
Crónicas da Copa da Costa 2014
- Ida das Semis: A tensión e a calor marcan os dous derbis.
- Volta dos Cuartos: Doble derbi para as Semifinais.
- Ida dos Cuartos: Menudos Cuartos.
- Volta dos Oitavos: Quedan uns Cuartos fantásticos.
Máis información
- Os cadros das Copas e as Fases de Ascenso en: www.copadacosta.com.
- www.futboldacosta.com.
- Facebook “Fútbol da Costa”.
Novas da III Gala do Fútbol da Costa
- As completamente abertas votacións dos Premios da III Gala do Fútbol da Costa-QPC.
- Fran Hermida volverá ser A Voz do Fútbol da Costa.
- O cartel definitivo da Gala do Fútbol da Costa: De patrocinadores e premios.
- En marcha a III Gala do Fútbol da Costa.
- 2013: A noite das estrellas do Fútbol da Costa.
Crónicas da semana
Máis novas
Fútbol base
- Os pequenos colchoneros de Dumbría cumpliron o soño de xogar no Calderón.
- Xa temos os cadros da I Copa Alevín, Bexamín e Prebenxamín.
- Fútbol Base: O Dumbría poderá ter 3 equipos en Liga Galega.
- Fases de Ascenso: O XSC xa é de Liga Galega e Dumbría Xuv. e Cee Inf. dan un paso adiante.
- 4 campións con Biberón.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).