Axenda futboleira para unha nova xornada completa

Nova xornada pasada por auga a que afronta o Fútbol da Costa esta segunda fin de semana de febreiro.

Pero antes de repasar os partidos, achegamos o parte meteorolóxico que os compañeiros de 4gotas.com nos traen. Un parte que obriga ademais a suspender todos os partidos que se disputan en Cee:
O venres tralo paso da borrasca Qumaira que deixou moito vento do toda a Costa, veremos un día de chuvascos e con vento forte á espera dunha nova fronte na tardiña que deixaría na noite e na madrugada do sábado chuvia e continuaría o vento.
O sábado outra vez sería un día de chuvascos intermitentes, algún deles puntualmente forte e con sarabia.
O domingo pode ser un día complicado. O mellor é permanecer atento aos prognósticos da web, 4gotas.com, porque poden ir cambiando.

A Previa

E comezamos a previa pola Preferente, cunha xornada clave, sobre todo para o Soneira, que necesita romper a xeira de 15 xornadas sen gañar ante un rival directo, o Riveira, situado, iso si, a 15 puntos. O XSC, tras 6 derrotas nos últimos 7 partidos, tamén necesita un cambio de rumbo, pero terá unha complicada saída ao campo do Estudiantil. Mentres, o Dumbría, na zona alta, visita ao San Tirso con gañas de ademais facer un favor aos seus veciños da zona baixa.

Partidos claves tamén na zona baixa da 1ª Autonómica. O Ponteceso ten un choque directo ante un Lamela tamén en descenso que vén de sufrir unha severa derrota en Pedra Queimada. E o que tamén necesita sumar é o Camariñas, pero o terá máis complicado coa visita do Agolada, 5º na táboa. Mentres, o Baio quere facer un favorciño aos seus vencendo en Amio, mentre a Esteirana ten que sumar ante o Puebla para non meterse en problemas. Ademais, O Malpica, por arriba, terá un choque directo ante o Villestro, 3º con 2 puntos máis que os de Baña.

Non hai enfrontamentos directos na 2ª Autonómica, ciun só partido adiantado ao sábado.
Pero na 3ª Autonómica, ademais de 2 choques sabatinos, hai que destacar un igualadísmo Coristanco-Montelouro, ou un Cerqueda-Muxía con dous equipos que queren meterse na loita. Mentres, o líder trala tangana da semana pasada, visita a un Laxe que segue sen meter a primeira.

Arrinca ademais Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, cos 6 mellores equipos da categoría. O sábado, dous apaixoantes Malpica-Cabana e Corme-Dumbría, deixando para a mañá dominical un XSC-Esteirana tamén tremendamente igualado.

E chega ao seu fin a primeira fase da Liga Galega Infantil, cunha xornada moi importante para o Dumbría de Pablo Conde e o XSC de Víctor da Ponte. Ambos necesitan sumar puntos para afrontar con comodidade a segunda fase, na Liguilla por evitar o descenso, na que partirán coa metade dos puntos que fagan nesta primeira fase.

Novo choque directo entre os de arriba da 1ª Cadete, cun Zas-XSC intenso. Ademais, o Cabana recibe ao Baio, e o Fisterra descansa.
E mentres en 1ª Infantil, Cee, Corme e Fisterra continúan a súa loita polo título e polo posto para a Fase de Ascenso a falta de 6 xornadas para o final.

E atentos estaremos aos Veteranos, unha vez que o Laxe recuperaba o liderato aproveitando a derrota do Soneira ante o Bértoa. Os laxenses terán unha complicada saída ás Redondas, ante un Cabana que se 5º a só 5 puntos, mentres que o cadro soneirán recibe a un frouxo Camariñas Vet. e o Coristanco, 3º, recibe ao Castriz.

Preferente, xornada 24

Soneira 09/02 - 16:00 Atl. Riveira
San Tirso 09/02 - 16:15 Dumbría
Estudiantil 09/02 - 16:30 Xallas StComba

1ª Autonómica, xornada 22

Puebla 08/02 - 16:15 Esteirana
Amio 09/02 - 16:00 Baio
Malpica 09/02 - 16:00 Villestro
Camariñas 09/02 - 16:15 Agolada
Ponteceso 09/02 - 17:00 Lamela

2ª Autonómica, xornada 22

Camelle 08/02 - 16:30 Cabana
Porteño 09/02 - 16:15 Fisterra
Castriz 09/02 - 16:15 Corcubión
Mazaricos 09/02 - 16:15 Corme
Indep. Carballo 09/02 - 16:15 San Lorenzo
Cee Susp.* Buño
Volantes 09/02 - 16:30 Sofán
Outes 09/02 - 17:00 Carnota
Zas 09/02 - 17:00 Muros

3ª Autonómica, xornada 14

Ameixenda Susp.* Nantón
Castrelo 08/02 - 16:15 Lira
Laxe 09/02 - 16:15 Baíñas
Corcoesto 09/02 - 16:15 Seaia
Coristanco 09/02 - 16:15 Montelouro
Cerqueda 09/02 - 17:00 Muxía

Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 1

Malpica 08/02 - 16:15 Cabana
Corme 08/02 - 16:15 Dumbría
Xallas StComba 09/02 - 11:30 Esteirana

División de Honra Cadete, xornada 21

Porriño Ind. 09/02 - 11:00 Dumbría

Liga Galega Infantil, xornada 21

Xallas StComba 08/02 - 11:00 Xuventude Oroso
Dumbría 08/02 - 11:00 Víctoria

1ª Cadete, xornada 13

Outes 08/02 - 10:30 Coristanco
Esteirana 08/02 - 10:30 Corcubión
Cee Susp.* As Baleas
Cabana 08/02 - 10:30 Baio
Zas 08/02 - 11:00 Xallas StComba
Muxía 08/02 - 16:15 Muros

1ª Infantil, xornada 21

Cee Susp.* Cabana
Ponteceso 08/02 - 16:00 Baio
Os Miudos 08/02 - 17:00 Vimianzo
Fisterra 09/02 - 10:30 Sofán
Outes 09/02 - 10:30 Muxía
Coristanco 09/02 - 12:00 Corme

Alevín, F-8 Costa Sur, xornada 11

Dumbría 08/02 - 13:00 Fisterra
Os Miúdos A 08/02 - 13:00 Zas
Os Miúdos B 08/02 - 13:00 Outes
Esteirana 08/02 - 13:15 Cee
XSC B 08/02 - 17:30 XSC A
  • Descansa Lira.

Benxamín F-8 Costa Sur, xornada 11

Dumbría 08/02 - 10:00 Fisterra
Os Miúdos A 08/02 - 12:00 Zas
Os Miúdos B 08/02 - 12:00 Outes
Esteirana A 08/02 - 12:15 Cee
Lira 08/02 - 13:00 Esteirana B
XSC B 08/02 - 16:30 XSC A

Ligas de Veteranos, xornada 20

1ª División

Ponteceso 09/02 - 11:00 Nantón
Xv. Bergantiños 09/02 - 09:30 San Lorenzo
San Román 09/02 - 10:00 Baio
Soneira 09/02 - 12:00 Camariñas Vet
Zas 09/02 - 11:00 Bértoa
Cabana 09/02 - 10:00 Laxe
Coristanco 09/02 - 10:00 Castriz
Dumbría 09/02 - 11:00 Muros

2ª División

Poniente 09/02 - 12:00 Dep. Carballo
Vimianzo 09/02 - 10:00 Buño
Camelle 09/02 - 11:00 Cerqueda
Sofán 09/02 - 10:00 Corcoesto
Malpica 09/02 - 11:00 Agualada
At. Milagrosa 09/02 - 12:00 Porteño
Erbecedo 09/02 - 11:00 Leiloio

Liga Intermunicipios, xornada 17 (horarios sen confirmar)

Valenza 09/02 - 16:00 Peña Galicia
Cances 09/02 - 16:00 A Piña
Xornes 09/02 - 16:00 Sp. Seaia
Rus 09/02 - 16:00 Sp. Brea
Baldaio 09/02 - 16:00 Cereo
  • Descansa Laxe.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).