Venres. 19.04.2024
El tiempo

Liga Intermunicipios: O Cances queda só

Liga Intermunicipios: O Cances queda só
Cances-Rus-Foto-David Castro

O Cances xa é líder en solitario tras a súa vitoria sobre a Peña Galicia e a derrota do Baldaio ante o Sporting Brea.

O equipo da parroquia de San Campio venciu ao Peña Galicia por un claro 1 a 9. Tras unha primeira metade na que ambos conxuntos tiveron ocasións, chegaríase ao descanso cun instantáneo de 1 a 3 favorables aos blanquinegros. Mentras na segunda metade, o líder demostrou unha espectacular pegada, facendo gol en cada unha das súas chegadas.

O Baldaio descolgase do liderato logo da súa derrota ante o terceiro clasificado, que o deixa a tres puntos do Cances ademais de ter un partido máis que o equipo que dirixe Manolo Rama. Os baldaieses e o Sporting Brea disputaron un partido moi reñido con poucas ocasións de gol para ambos conxuntos, unha das claes aproveitaron os visitantes para facer o definitivo 0-1 por medio do seu dianteiro Jorge.

O Rus volta á parte alta da competición tras vencer ao Sporting Seaia por un axustado 2 a 3 nun partido con moita polémica. Comezou adiantándose o equipo local mediada a primeira metade tras aproveitar un rexeite na área carballesa e cando estaba a piques de chegar o descanso empatarían os visitantes e co 1 a 1 no instantáneo, chegaríase ao tempo de lecer. Nada máis comezar o segundo tempo, os malpicáns, voltarían a poñerse por diante cun gol tempraneiro. O Rus voltaría a empatar mediada a segunda parte e confirmaría a remontada cun gol na recta final do encontro. O Sporting Seaia sería moi crítico coa actuación arbitral, xa que rematarían o encontro con 9 homes.

O Valenza venciu a domicilio ao Laxe (0-2), nun encontro que dominaron os locais en case toda a súa totalidade pero os laxenses non foron quen de materializar as súas ocasións, mentras que o Valenza aproveitou dúas das catro ocasións coas que contou para levarse os tres puntos. Cómpre destacar que o partido estivo condicionado polo forte vento presente no Cabo de Area durante todo o encontro.

No outro partido da xornada, A Piña e o Xornes empataron a un gol.

Goleadores

  • Iván García, do Cereo CF, con 20 goles.
  • Gonzalo Zas, do ADCR Baldaio, con 17 tantos.
  • Enmanuel Varela, do Valenza Clube, con 15 dianas.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da Liga Intermunicipios

Fonte

Comentarios