Venres. 29.03.2024
El tiempo

Xuvenís: Sen sorpresas cara a segunda fase

Xuvenís: Sen sorpresas cara a segunda fase

Con todo decidido no Sur, onde só cómpre salientar que o Dumbría non é imvencible, polo Norte non houbo sorpresas e Corme e Malpica non fallaron e aseguraron o seu pase á Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega.

Precisamente este luns 3 de febreiro ten lugar a reunión para decidir a segunda fase, tanto na Liga, como na Liguilla de Copa.

Cabana, Corme, Malpica, Dumbría, Esteirana e XSC loitarán por meterse na Fase de Ascenso á Liga Galega. O resto, á Liguilla de Copa.

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 22

Non fallaron Corme e Malpica e aseguraron o pase á Liguilla. Non fallou tampouco o Coristanco, que necesitaba que tropezase algún dos rivais para ver premiado o seu temporadón.
Así, co Cabana campión a pesar do empate ante o Camariñas, Corme e Malpica loitarán cos do sur.

Cabana - Camariñas (2-2)

Cabana-Camarinas de Xuvenis-Foto-Cabana SD
  • CABANA: Diego, Cristian, Grille, Raúl, Laik, Aurelio, Diego Mato, Pablo Darío (Martín, min.65), Alex e Cristian Varela.
  • CAMARIÑAS: José Luís, Ariel (Cantalejo), Martín, Pose, Mateo, Santi, Juan, Carlos, Chicote, Jose (Aitor) e Javi.
  • Goles: 1-0, min.10: Aurelio; 2-0, min.15: Laik; 2-1, min.44: Jose; 2-2, min.52: Juan.

Xa sabido campión, o Cabana saíu relaxado no seu último partido da liga regular ante o Camariñas. Pero así e todo pronto se colocaban 2-0 no marcador. Ao fío do descanso, o Camariñas recurtaba deixando o partido aberto para a segunda metade. De feito, nada máis volver dos vestiarios Tedín asinaba o empate para o Camariñas. Volveu coller o mando o cadro cabanés, e tivo a vitoria pero Cristian Varela, que tirou por votación popular dos seus compañeiros, marrou un penalti.

Muxía - Corme (1-2)

  • MUXÍA: Hugo, Costa, Ancho, Andrés, Santi, Edi, Víctor Alcaina, Josiño, Paulo, Samuel e Castreje.
  • CORME: Rubén, Cristian, Eloy, Sergio, Iván, Joshua, Isma (Dani Chans, min.60), Brais (Alberto, min.80), Juanma, Manu (Bruno, min.85) e Isaac (Eloy Torrado, min.75).
  • Goles: 0-1, min.10: Isaac tras un balón de Juanma en profundidade cun churriño que intentaba ser unha vaselina; 0-2, min.15: Isaac de cabeza; 1-2, min.25: Víctor Alcaina de falta.

O Corme aseguraba o seu pase á Liguilla sen demasiado sufrimento, e se mete cos 5 mellores equipos da categoría. I é que a pesar do apretado do resultado, foi un choque con moito balón no medio campo e moi poucas chegadas ás áreas. Adiantábase na primeira o Corme cun 0-2 en 15 minutos. Víctor Alcaina recurtaba de falta pero o cadro de Suso Rey non chegaba a facer dano á meta cormelá e o partido morría co 1-2 no marcador.

Malpica - Laxe (6-1)

Malpica juvenil-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Manuel, Jorge, Víctor Novo, Canario, Steven, Diego, (Gabi, min.min.81), Pitís, Mouri (David, min.68), Almeida (Plejo, min.81), Guille (Alberto, 68), Eloy (Brais, min.76).
Laxe Xuvenil en Malpica-Foto-Luis Porto
  • LAXE: Martín Sergio, Lolo, Simal, Pibe, Santi, Ferri, Saleta, Elías e Adrián Lema.
  • Goles: 1-0, min.15: Almeida recolle un rexeite do longueiro nun remate de Pitís; 1-1, min.40: Ferri remacha un rexeite de Manuel a un tiro de Saleta; 2-1, min.43: Eloy centra e toca en Saleta e se cola; 3-1, min.55: Eloy aproveira un pase entre liñas de Pitís; 4-1, min.65: Pitís aproveita un rexeite; 5-1, min.75: Pibe tras unha gran xogada de Pitís; 6-1, min.85: Pitís culmina o seu partidazo.
Victor Novo e Pibe capis do Malpica e Laxe xuvenil-Foto-Luis Porto

45 minutos duraron as posibilidades do Coristanco de que o Malpica non vencese na casa ao Laxe. O tempo que o cadro laxense aguantou as embestidas da dinamita malpicá, sendo clave o segundo gol, ao fío do descanso e xusto un minuto despois de que o Laxe conseguira empatar o gol inicial de Almeida.

Así, tras unha primeira metade moi igualada, o Malpica saía co partido de cara na segunda, e o terceiro tanto, de Eloy aos 10 da segunda, sentenciaba o partido, que só permitía ver a demostración de Pitís participando en 5 dos 6 goles do seu equipo.

Castriz - Baio (2-2)

  • Goles: 1-0, min.10: Joni; 1-1, min.20: Pedro; 2-1, min.55: Manu; 2-2, min.89: Fabián.

Primeira vez que o Castriz tiña o 11 ideal e prantou cara ao Baio, que se confirmou como o rei do empate. E tivo que roer ese puntiño o Baio. Tras unha primeira metade cun Castriz máis metido no partido, o Baio reaccionaba e ía polo empate. Un empate que non chegou ata o minuto 89, por medio de Fabián.

Porteño - Coristanco (0-1)

  • PORTEÑO: Brais, Marcos, Gonzalo, Damián, Manuel, Dani, David Vergari, Josiño, Martín, Matías e Maikel. Tamén xogaron: Antonio e Álex.
  • CORISTANCO: Nacho, Iván (Falcao, min.75), Varela, Navarro, Suárez (Bértoa, min.80), Abelenda (Rubén, min.70), Fondo (Joaquín, min.50), Joni, Pombo (Cristian, min.60), Brandon e Jorge.
  • Gol: 0-1, min.30: Abelenda.

Necesitaba gañar o Coristanco para manter opcións esperando que Corme ou Malpica pinchasen. E fixo o seu traballo o equipo de Da Silva, pero custoulle levar os tres puntos da Grixa nun choque moi bronco, que decidía o solitario gol de Abelenda á media hora.

Jorge, Brandon e Joni tiveron algunha para aumentar a renda na segunda metade, na que tamén o Porteño puido acadar o empate, pero o marcador non se movería.

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 22

Con todo listo, cómpre destacar dúas cousas: A primeira derrota da tempada do Dumbría a mans da Esteirana que abre as posibilidades de cara á Copa; e a primeira vitoria, e primeiros puntos do Lira no seu ano de debut na categoría.

Esteirana - Dumbría (3-1)

  • ESTEIRANA: Marcos, Bolo, Tiko, Sergio, Rafa, Adri, Tobío, Manu, Jose, Raúl e Adrián. Tamén xogaron: Davichi, Fabio, Cristian e Farra.
  • DUMBRÍA: Couto, Duarte, Portu, Oli, Jano, Roberto, Pablo, Adri, Charly, Marcote e Maikel. Tamén xogaron Yeray, Martín, Jasvi, Cabana e Kevin.
  • Goles: 1-0, min.40: Adrián; 2-0, min.65: Adrián; 2-1, min.70: Yeray; 3-1, min.85: en propia meta.

Partidazo da Esteirana ante todo un Dumbría que chegaba invito tras 21 partidos. E conseguíu endosarlle a primeira derrota o cadro de Martín aos de Diego Lobelos e Óscar Rey, que así e todo seguen partido como favoritos na segunda fase.

A primeira metade foi moi igualada, sen dominador claro. Pero o cadro local foi máis efectivo e Adrián anotaba antes do descanso. Na segunda marcaba de novo e malia que Yeray conseguía recurtar, el mesmo anotaba o gol, en propia meta, que finiquitaba o choque.

Fisterra - Muros (0-0)

Partido no que ningún dos dous equipos se xogaba nada, e foi moi aburrido, con poucas ocasións e moito medio campo, paróns e balóns longos. O Muros tivo dúas ocasións que sacou ben o porteiro Fisterra. O cadro fisterrán tamén chegou con perigo en algunha ocasión pero sen poñer en apuros ao equipo muradán. Un Muros que tivo que lamentar a lesión de Álvaro, que mancou o xeonllo.

Cee - Xallas StComba (2-1)

Comentarios