![Partido suspendido en Arlina entre Muxia e Bainas-Foto-Dimas Partido suspendido en Arlina entre Muxia e Bainas-Foto-Dimas]() 
Ata 4 partidos foron suspendidos (un reanudado a tempo) nesta primeira fin de semana de febreiro de fútbol costeiro. Ademais a fin de semana estivo marcada polo remate das Ligas Xuvenís, que deixan todo listo para a segunda fase de Liga e Copa.
Comezamos o repaso nunha accidentada xornada na Preferente. Menuda tarde vivíu o Conco. O Lemos metíase 0-3, o equipo local era capaz de poñerse 3-3 e faltando 10 minutos o liña sufría unha suposta agresión e o colexiado suspendía o partido. Reunudábase o choque media hora despois e o Dumbría aínda era quen de marcar o gol da sufrida vitoria, que o deixa moi arriba. Mentres, Soneira e XSC colleitaban novas derrotas que os deixan moi tocados. O Soneira xa leva 15 xornadas sen gañar, e o XSC leva 6 derrotas en 7 partidos.
 
Na 1ª Autonómica tiñamos dous importantes derbis. En Baio o Camariñas sacou un empate que non lle vale de moito, pero serve para sumar. O que non puido sumar e segue no pozo é o Ponteceso, que tras dúas vitorias consecutivas non puido continuar coa xeira en Esteiro, ante un cadro blaugrana que tamén necesitaba sumar para non verse envolto en problemas. Ademais, o Malpica vencía con rotunidade en Lamela, facendo un favor aos seus veciños e meténdose ben arriba.
O partidazo da xornada na 2ª Autonómica foi suspendido polo mal estado do céspede do Carral. O líder, Sofán, mantense aínda así tralo empate do Zas en Verdillo, cun só punto de vantaxe ante o cadro zaense e o Corme, que vén como unha moto con 9 vitorias en 10 partidos tras gañar ao Castriz. O Cee gañou de novo, ao IDC e queda a 7 do líder, mentres o Fisterra alcanza ao Outes para pechar o grupo de favoritos.
Por abaixo, vitorias do Cababa ante o Porteño e do Corcubión co Camelle, que o achega ao IDC, pero non tanto á salvación. Unha salvación que marca o Muros, que caía ante un Mazaricos que respira tranquilo.
A xornada na 3ª Autonómica viña marcada pola visita do líder, o Baíñas a Arliña. E a cousa non rematou ben. O partido tivo que ser suspendido no ecuador por unha liorta entre xogadores, algo que nunca nos gusta ver nos campos da Costa. 
Así, o Montelouro, aproveitou para recurtar distancias vencendo ao Corcoesto. O Lira dou conta cunha goleada esaxerada do Ameixenda, e o Nantón non puido cun Coristanco que se volve meter na zona de Promoción, ao igual que o Seaia, tras vencer a un Laxe que non arrinca.
O que tamén se suspendía era o Cerqueda-Castrelo por falta de iluminación.
Ligas de Xuv.
Listas quedaron as Ligas de Xuvenís. Polo Sur xa estaba todo o peixe vendido con Dumbría, Esteirana e XSC clasificados para a Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega. Iso si, a Esteirana endosoulle a primeira derrota do ano ao equipo dumbriés.
Polo Norte, non fallaron Malpica e Corme, e se meten co Cabana na Liguilla, deixando ás portas a un gran Coristanco.
Dende aquí, felicitamos aos 6 equipos clasificados, especiamente aos campións Dumbría e Cabana, e lles dexamos srote de cara á segunda fase. Unha segunda fase que se decidirá xa, pois este vindeiro luns 3 de febreiro, hai convocada pola Federación unha reunión en Baio ás 20:15 para artellar a Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega e á Copa da Costa.
Polo demais, en 1ª Cadete, Fisterra e Zas empataban deixando paso ao XSC no liderato, cun Cabana que se mete tamén aí arriba. Os 4 parece que loitarán polo título.
| O Val | 2-0 | Soneira | 
| Dumbría | 4-3 | Lemos | 
| Xallas StComba | 2-3 | Narón | 
| Baio | 1-1 | Camariñas | 
| Lamela | 0-3 | Malpica | 
| Esteirana | 2-1 | Ponteceso | 
| Fisterra | 2-1 | Volantes | 
| Corcubión | 2-1 | Camelle | 
| Cabana | 2-0 | Porteño | 
| Sofán | Susp-* | Outes | 
| Corme | 1-0 | Castriz | 
| Muros | 3-4 | Mazaricos | 
| San Lorenzo | 2-2 | Zas | 
| Cee | 2-1 | Indep. Carballo | 
| Buño | 2-0 | Carnota | 
- Sofán-Outes suspendido polo mal estado do céspede do Carral.
| Muxía | Susp* | Baíñas | 
| Seaia | 3-0 | Laxe | 
| Montelouro | 2-1 | Corcoesto | 
| Nantón | 1-2 | Coristanco | 
| Lira | 7-0 | Ameixenda | 
| Cerqueda | Susp.** | Castrelo | 
- * Muxía-Baíñas susp. no primeiro tempo por unha liorta entre xogadores con 1-0 no marcador.
- ** Cerqueda-Castrelo suspendido por falta de iluminación.
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 22
| Esteirana | 3-1 | Dumbría | 
| Fisterra | 0-0 | Muros | 
| Cee | 2-1 | Xallas StComba | 
| Lira | 3-1 | Mazaricos | 
- Descansan Soneira e Outes.
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 22
| Cabana | 2-2 | Camariñas | 
| Muxía | 1-2 | Corme | 
| Malpica | 6-1 | Laxe | 
| Castriz | 2-2 | Baio | 
| Porteño | 0-1 | Coristanco | 
| Lugo | 7-1 | Dumbría | 
| Viveiro | 4-2 | Xallas StComba | 
| Coristanco | 3-3 | Muxía | 
| Fisterra | 3-3 | Zas | 
| Muros | 3-2 | Esteirana | 
| As Baleas | 1-7 | Cabana | 
| Corcubión | 2-8 | Cee | 
| Xallas de Santa Comba | 6-1 | Outes | 
| E.M.F. Vimianzo | 2-6 | Fisterra | 
| Baio | 1-4 | Coristanco | 
| Cabana | 3-1 | Outes | 
| Muxía | 2-1 | Ponteceso | 
| Corme | 6-2 | Esteirana | 
| Sofán | 0-11 | Cee | 
| Outes | 5-1 | Esteirana | 
| Zas | 5-1 | Os Miúdos B | 
| XSC A | 0-9 | Dumbría | 
| Cee | 3-3 | Lira | 
| Fisterra | 2-1 | Os Miúdos A | 
| Outes | 10-0 | Esteirana A | 
| Esteirana B | 8-0 | XSC B | 
| XSC A | 4-2 | Dumbría | 
| Zas | 2-17 | Os Miúdos B | 
| Cee | 8-1 | Lira | 
| Fisterra | 7-2 | Os Miúdos A | 
Ligas de Veteranos, xornada 19 (horarios sen confirmar)
| Muros | 1-2 | Nantón | 
| San Lorenzo | 0-0 | Ponteceso | 
| Baio | 3-2 | Xv. Bergantiños | 
| Camariñas Vet | 2-4 | San Román | 
| Bértoa | 2-1 | Soneira | 
| Laxe | 3-1 | Zas | 
| Castriz | 0-0 | Cabana | 
| Dumbría | 2-4 | Coristanco | 
| Leiloio | 2-2 | Dep. Carballo | 
| Buño | 1-1 | Poniente | 
| Cerqueda | 2-1 | Vimianzo | 
| Corcoesto | 2-0 | Camelle | 
| Agualada | 0-0 | Sofán | 
| Erbecedo | 1-4 | At. Milagrosa | 
- Descansa o Malpica e Porteño.
| Laxe | 02/02 - 16:00 | Valenza | 
| Peña Galicia | 1-9 | Cances | 
| A Piña | 1-1 | Xornes | 
| Sp. Seaia | 02/02 - 16:00 | Rus | 
| Sp. Brea | 1-0 | Baldaio | 
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
O Album de cromos do #FutboldaCosta
![banner-Album-Cromos-QPC]() 
Fonte
	- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).