Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Preferente: O Dumbría salva unha xornada de tolos

Preferente: O Dumbría salva unha xornada de tolos

Estrana a xornada 23 na Preferente. Soneira e XSC seguen en caída libre, pois se o cadro soneirán xa leva 15 xornadas sen gañar, o XSC colleitou 6 derrotas nos últimos 7 partidos.

Na outra liga compite o Dumbría, que onte sacaba adiante unha tarde de tolos. O Lemos se metía 0-3 en 5 minutos ao comezo da segunda metade. O Dumbría era quen de empatar, pero o colexiado paralizaba o partido por unha suposta agresión. Xa coa Benemérita no campo se retomaban os últimos 10 minutos, e aínda tivo arrestos o cadro dumbriés para marcar e deixar os 3 puntos en casa.

Dumbría - Lemos (4-3)

  • DUMBRÍA: Julián, Jose, Rudi (Pablo Muíño, min.60), Aarón Fdez. (Pablo Conde, min.65), Iago, Rivi, Jesús (Adrián Nieto, min.50), Jota, Doro, Luisito (Dani Casal, min.60), Adrián Makaay.
  • Goles: 0-1, min.52; 0-2, min.55; 0-3, min.56; 1-3, min.62: Dani Casal; 2-3, min.63: Jota; 3-3, min.80: Pablo Muíño; 4-3, min.88: Adrián Nieto.

Menudo partido o vivido no Conco na tarde do domingo. Arrincaba o choque con moito respecto, algunha chegada de Doro e Makaay nun primeiro tempo que remataba sen goles. Parecía que ía ser unha tarde aburrida, e nada máis lonxe da realidade.

A segunda metade arrincaba cunha "páxara" monumental do cadro dumbriés, que en 4 minutos recibía 3 goles consecutivos. Pero a reacción foi espectacular. Canosa dou entrada a Adrián Nieto, Pablo Muíño e Dani Casal, fundamentais na remontada. En apenas 2 minutos o equipo se puña 2-3 cos tantos de Jota e Dani Casal. E cando quedaban 10 minutos chegaba o gol do empate para un Dumbría que era un furacán neses minutos.

Pero nese momento, na celebración dese tanto, ao parecer caeulle algo na cabeza do árbitro asistente (parece ser que non era máis que un chicle) e decidiu parar o partido e meterse de contado nos vestiarios. Esperaron que chegase a Garda Civil para reanudar o partido. E así foi, quedaban 10 minutos, suficientes para que Adrián Nieto escribise as súas liñas no guión deste partido, para marcar no minl.88 o gol da vitoria para uns dumbrieses que quedan moi ilusionados, na 5ª praza.

O Val - Soneira (2-0)

  • SONEIRA: Víctor, Chans (Basti, min.62), Fran de Urroa (Quilmes, min.83), Brais, Maikel, Riki (Pichi, min.62), De la Sierra (Mayor, min.62), Richi, Cristian Figueroa (Leo, min.83), Javi e Baba.
  • Goles: 1-0, min.1: tras un despexe do porteiro que peta no dianteiro local e se cola; 2-0, min.68.

Partido moi aburrido que comezaba cunha xogada que define o estado mental do Soneira. Balón atrás da defensa e o porteiro Víctor intenta despexar, o balón rebota do punta local e se cola. 1-0 ao primeiro minuto e toca remar de novo. Intentouno o cadro de Manolito. Foise un pouco arriba e tivo algunha ocasión para recurtar como un bo tiro que De la Sierra mandou ao longueiro. Víctor tiña traballo tamén e paraba un man a man, e facía outro paradón coa man cambiada importante.

Cristian Figueroa tamén tivo o empate na primeira metade. E na segunda, Mayor case marca de córner directo. Pero chegaba o segundo gol local e acababa o partido e a fe do cadro vimiancés.

Xallas StComba - Narón (2-3)

  • XSC: Diego, Rubén Forján, Rubio, Alberto, Jonathan (César, min.70), Alfonso, Marcos, Jesús, Richi (Héctor, min.70), Arnejo (Cristian, min.78), Toño (Darío, min.54).
  • Goles: 0-1, min.11: de penalti; 0-2, min.20; 1-2, min.25: Richi; 2-2, min.60: Rubio; 2-3, min.68: de penalti.
  • Expulsións: Alfonso no min.68 e Darío (min.90) ademais do adestrador Julio Martínez.

Non levanta cabeza o equipo xalleiro, que volvía caer nun choque marcado pola arbitraxe, con dous penaltis en contra e ata 3 expulsións.
O equipo verde e laranxa saía fóra do partido e en 20 minutos un frouxo Narón se metía 0-2, o primeiro e o que servía para abrir o marcador, dende os 11 metros.

Quedaba moito e os de Julio Martínez se puxeron o mono de traballo. Durante moitos minutos o cadro local foi mellor e froito desa superioridade Richi recurtaba na primeira, e Rubio conseguía empatar na segunda. Pero apareceu de novo o colexiado para sinalar outro penalti que metía de novo aos visitantes por diante.

Con Alfonso expulsado nese mesmo minuto, o XSC quedaba con 10 e por debaixo no marcador e non puido levantar o partido.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios