3ª Autonómica: Negra xornada con 2 partidos suspendidos



Dous choques suspendidos, por diferentes motivos, nesta xornada 13 da 3ª Autonómica. Se en Cerqueda fallou a iluminación e xa nin empezou o choque, en Arliña unha liorta entre xogadores do Muxía e do Baíñas no primeiro tempo obrigaba ao colexiado a suspendelo partido. Un exemplo que non nos gusta nada ver nos campos da volta.
Polo demais, o Monteouro recurtaba precisamente ao Baíñas, e se coloca a 2 cun partido máis. Pola promoción seguen loitando Lira, Seaia, Coristanco, Nantón, Ameixenda e Muxía.
Muxía - Baíñas (Susp.)
- MUXÍA: Santi Papi, Sergio, Pataca, Currás, Pesqui, Juan, Javi, Pereira, Iván, Jonathan e David.
- BAÍÑAS: Campos, Samuel, Héctor, Sergio, Luís, Iván, Mario, Cristian, Diego, Javi e Tasky.
- Gol: 1-0, min.20: David.
- Expulsión: o muxián Javi no min.30; e o vimiancés Iván trala liorta.
Partido suspendido no min.40 co 1-0 no marcador. O partido estaba sendo bastante normal, cun Muxía dominando lixeiramente o partido pero un Baíñas que quedaba cun home máis e vía que podía remontar na segunda metade.
Pero tras un encontronazo entre dous xogadores no que un un xogador muxián daba un cobadazo sen intención a un vimiancés, remataba nunha liorta entre varios xogadores dos dous equipos.
Segundo a acta, ademais do cobadazo dun xogador muxián, 2 xogadores do Baíñas propinarían varias patadas a un xogador do Muxía, e trala posterior invasión do campo o colexiado decidía suspender o choque.
Sen entrar a analizar os culpables, son cousas que non gustan ver nos campos da Costa.
Seaia - Laxe (3-0)
- SEAIA: Víctor, Vistas (Martínez, min.85), Sergio, Lesi, Ramón (Zala, min.65), Parga, Martuxa, Camilo, Vilariño (Pablo, min.85), Uru e Richar (Juni, min.50).
- LAXE: Diego, Samu, Jacinto, Aarón (Elías, min.50), Gora, Djamel, Juan, Saleta (Baliña, min.80), Anxo, Santi e Adri.
- Goles: 1-0, min.25: Vilariño de cabeza a centro de Camilo; 2-0, min.60: Uru de gol olímpico; 3-0, min.80: Juni en xogada persoal.
Tras unha primeira metade igualada, nba que o Laxe fixo bastante dano sobre todo a balón parado para intentar contrarrestar o gol inicial de Vilariño, o Seaia non matou o partido ata o segundo gol, cun córner director asinado por Uru. Aí o Laxe xa se deixou levar a Juni puxo a puntiña.
Montelouro - Corcoesto (2-1)

- MONTELOURO: Isma, César, Álvaro, Abel (Santi, min.46), Chema, Edu, Pedro, Geico, Benja, Pesco (Dani) e David (Pepe).
- CORCOESTO: Edelmiro, Ángel, Longo, Germán, Patelo, Pablo, Pichu, Héctor, Javi, Couto e Cristian.
- Goles: 0-1, min.25: Longo cun golazo tras saír co balón controlado dende a súa área; 1-1, min.89: Pedro; 1-2, min.90: Pedro.
- Lesión: o visitante Ángel.

Con poucos efectivos se presentaba o Corcoesto en Louro, e de feito non puido facer ningún cambio pois Luís, o único xogador visitante suplente foi expulsado cando estaba no banco. Ademais, a lesión de Ángel deixaba ao equipo con 10 moitos minutos da segunda metade.
Foi un bo partido, controlado polo cadro local, sen demasiadas ocasións ante unha defensa visitante moi ben prantada. Longo facía o golazo da tarde saíndo co balón controlado case que dende a súa área e ao Montelouro costoulle levantalo.
Na segunda, e xa con 10 pola lesión de Ángel, o Corcoesto pagou o esforzo e vía como o Montelouro, a base de empurre, remontaba o partido. Non chegarían os goles ata o último suspiro, cando Pedro, en dous balóns colgados, asinaba sendos tantos que permiten aos loureáns achegarse ao líder.

Lira - Ameixenda (7-0)
- LIRA: Simón (Andrés), Joserra (Fran de Muros), Brea, Josiño, Javier de Milucha (Herminio), Michelón (Iago), Fran Perico, Cristian (Demetrio), Oli, Suso Perico e Manu.
- AMEIXENDA: Óscar Riolo, Iván, Javichu (Grille, min.63), Camacho (Chiru, min.57), Bruno, Bichiño, Momanho (Mateo, min.63), Rioliño, Paulino, Jesús (Brais, min.46) e Miro (José Manuel, min.57).
- Goles: 1-0, min.5: Manu; 2-0, min.9: Manu; 3-0, min.30: Fran Perico; 4-0, min.37: Manu; 5-0, min.55: Manu; 6-0, min.73: Manu; 7-0, min.88: Suso Perico.
Encarrilou pronto o partido o Lira e o Ameixenda non vía por onde remontar e acabou deixándose ir, ante un Manu ao que lle saíu todo. Un resultado demasiado abultado para o visto no terreo de xogo, pero que deixa ao Lira 3º, e ao Ameixendafóra dos postos de promoción, pero aínda moi pegado a ese grupo.
Nantón - Coristanco (1-2)

- NANTÓN: Pollo, Eloy, Diego, Carlos R., Micael, Dani B. Martín, Cachirulo, Carlos Vidal, David e Luís.
- CORISTANCO: Jack, Marcos (Magovi, min.70), Morientes, Sergio, Rubén, Mato, Mallón (Moreno, min.65), Luís, Torreira (Benítez, min.50), Toniño (Gonzalo, min.89).
- Goles: 0-1, min.20: Pazos de cabeza; 0-2, min.30: Toniño a centro de Torreira; 1-2, min.67: Cachirulo de cabeza nunha falta.
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
- Facebook Fútbol da Costa.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
- 2ª Autonómica: 6 equipos no grupo de cabeza.
- 1ª Autonómica: Xornada de derbis.
- Preferente: O Dumbría salva unha xornada de tolos.
- Resultados e análise dunha xornada complicada no #FutboldaCosta.
- Luís Porto leva o seu Mar de Paixón ata Muros.
- A maquinaria colchonera en Dumbría conta cos grandes formadores da zona.
- Máis dun milleiro de persoas comprobaron a importancia social do clube decano do Fútbol da Costa.
- Doro e Antonio Mouro, xalleiros do ano.
- Santa Comba será a sede dun novo curso de Adestradores.
- A Escola dumbriesa do Atlético de Madrid abre as súas portas a toda a bisbarra.
- A Pipa de Corredoira: 30 novos adestradores diplomados na Costa.
- Alberto Pose: Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- O libro Mar de Paixón presentouse cos grandes mitos do Fútbol da Costa.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
- #Regateegol: Vídeoentrevista cos presidentes máis novos do Fútbol da Costa.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
Partido moi duro e difícil nun campo das Fontiñas moi blando e rápido, cun Nantón pragado de baixas e un Coristanco que se coloca de novo no grupo da Promoción. Non había moito xogo pero o Coristanco soubo aproveitar as súas chegadas do primeiro tempo, e Pazos e Torreira metían o 0-2 no marcador.
O Nantón tamén tivo dúas nas botas de David, que non acerta a rematar un bo centro de Cachi, e de Martín que falla unha volea na área pequena.
Na segunda metade non pasou nada ata o minuto 67 no que Cachi recurta distancias de cabeza tras unha boa xogada iniciada por el mesmo. O Nantón tivo ocasións para empatar pero Luís non estivo moi atinado hoxe. Magovi tamén tivo a sentencia nunha contra pero parou Pollo para manter a incertudime dun marcador que non se movería.

Cerqueda - Castrelo (Susp.)
Neste caso, e co horario posto para o domingo ás 20:00h, o que fallou foi a iluminación e o choque non puido nin comezar.
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
O Album de cromos do #FutboldaCosta
