Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os Xuvenís xa teñen grupos para a segunda fase da Liga e a Previa da Copa

Os Xuvenís xa teñen grupos para a segunda fase da Liga e a Previa da Copa
Membros da Federacion facendo o sorteo dos xuvenis-Foto-CD Baio

Unha vez que rematou a fase regular cunha intensa última xornada, o Pavillón de Baio acollía este luns 3 de febreiro unha nova reunión coa Federación para dilucidar como quedan a Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega e mais a Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil 2014.

Hoxe traemos as primeiras xornadas de ambas liguillas, e ao longo da semana a Federación publicará o calendario completo. Xa o temos incluído de feito en www.futboldacosta.com.

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega

A Liguilla Previa á Fase de Ascenso comeza o 8 de febreiro, esta mesma semana, e remata o 12 de abril.

1ª xornada da Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega

  • XSC - Esteirana.
  • Malpica - Cabana.
  • Corme - Dumbría.

Copa da Costa Xuvenil 2014

Determínanse 2 grupos de 7 equipos, segundo os grupos ligueiros, co traslado do Muxia para o Grupo Sur. Só renunciou a participar o Soneira. Clasifícanse os 5 primeiros de cada grupo.

A copa, que se disputará en sistema de liguilla a unha volta, dará comezo o 22 de febreiro, con descanso o 1 marzo poo Entroido, e logo reanudase ata 12 abril. O 19 de abril comezarian os Oitavos xa contando cos 6 equipos da Fase.

Grupo NorteGrupo Sur
CoristancoOutes
PontecesoCee
BaioFisterra
CamariñasMuros
LaxeMazaricos
CastrizLira
PorteñoMuxía

1ª xornada da Liga Previa da Copa

Comeza a Liga da Previa da Copa o 22 de febreiro, cos seguintes choques:

  • Grupo NORTE:
    - Baio - Ponteceso.
    - Camariñas - Coristanco.
    - Castriz - Porteño.
    - Descansa Laxe.
  • Grupo SUR:
    - Muros - Muxía.
    - Mazaricos - Lira.
    - Fisterra - Outes.
    - Descansa Cee.

Crónicas das Ligas Xuvenís

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios