Venres. 26.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: 6 equipos no grupo de cabeza

2ª Autonómica: 6 equipos no grupo de cabeza
San Lorenzo-Zas- Foto Paula Bazarra patrocina as crónicas do ACB Costa da Morte - Coñece as nosas ofertas en neumáticos

6 equipos forman o grupo de cabeza trala 21ª xornada da 2ª Autonómica. Sofán e Outes suspendían o seu duelo polo mal estado do Carral. O Zas queda a 1 punto tras perder a oportunidade de colocarse líder ao empatar en Verdillo. Empata xa co Zas a un do líder o Corme, tras 9 vitorias nos últimos 10 partidos.
Algo máis abaixo, a 7 do liderato, queda o Cee, que sufría máis do previsto para desfacerse do IDC. O Outes queda a 9, igual que o Fisterra, que vencía ao Volantes e volve colocarse no vagón principal, deixando xa a Buño e Carnota a 7 puntos.

Por abaixo, vitoria do Corcubión ao Camelle que o deixa a 4º da salvación. Unha salvación que marca o Muros, que caía ante un Mazaricos que escapa, deixando ao Volantes en zona perigosa. O Cabana vencía tamén e supera ao Camelle pero ambos, ao igual que o San Lorenzo, non poderán despistarse.

Fisterra - Volantes (2-1)

  • FISTERRA: Joselu, Dani, Robertín (Munitis, min.60), Cartamil, Santi, Julito, Tony, Tati (Hidalgo, min.80), Mané (Bruno, min.65), Aitor (Rdori, min.82) e Naranjo (Huete, min.46).
  • VOLANTES: Iago, Pardelo, Miguel, Maikel, Mingos, Juan, Moja, Martín, Brais (Uru, min.60), Varo e Adrián (Gabriel, min.75).
  • Goles: 1-0, min.30: Mané; 1-1, min.43: Juan tras unha falta botada por Martín; 2-1, min.75: Huete.
  • Lesión: o muradán Brais.

Cambio de actitude do Volantes tras varias derrotas cos da súa liga, importante para agora que lle toca o Tourmalet dos de arriba. Pero en fronte estaba un Fisterra que deu a cara boa e sacou adiante o partido coa aportación da súa nova fichaxe, un Isma Huete que recén chegado do Dumbría xa marcaba o gol da vitoria para os de Juan Jesús.
Por bando laranxa, tamén cómrpre destacar o debut de Uru, procedente da Esteirana.

Primeira metade moi boa do Volantes, mesmo superando ao Fisterra por momentos. Pero faltáballe pólvora aos de Felipe. Mané foi quen de romper a igualada á media hora pero Juan facía o empate ao fío do descanso.

A segunda foi máis igualada, o Volantes tirou algo máis de balón longo e o Fisterra veuse co partido de cara cando Huete finalizaba unha acción para meter por diante aos locais. Intentouno o cadro muradán pero non conseguíu bater a Joselu e o Fisterra segue rondando a zona alta.

Corcubión - Camelle (2-1)

  • CORCUBIÓN: Perlón, Alán, Disi, Senra, Balucho (Xabi, min.15)m, Edu, Jesús, Gabi, Sebas, Mario e Lema.
  • CAMELLE: Dido, Chuchi (Jesús, min.65), Baliña, Miguel Riveiro, Matías, Mario, Ángel Riveiro (Adrián, min.46), Súper (Martín, min.70), Javi Rañal, Sergio e Barreiro.
  • Goles: 0-1, min.25: Matías dende fóra da área tras un rexeite; 1-1, min.40: Mario; 1-2, min.50: Edu.
  • Expulsións: Mario, Gabi e Edu por bando corcubionés e o camellán Barreiro.
  • Lesións: o corcubionés Balucho cunha lesión que pode ser grave, e o camellán Ángel Riveiro no xeonllo.

Vitoria cara ao do Corcubión ante o Camelle, pois queda para a vindeira semana sen Mario, Gabi e Edu por expulsión, sen Jesús por 5 cartóns e sen Balucho por unha lesión importante. I é que foi un partido moi tenso, como o corraboran as expulsións.

Na primeira metade, o Corcubión perdoou varias ocasións para poñerse por diante, e foi Matías, quen dende tres cuartos de campo enganchaba un chut que batía a Perlón. O cadro local, con máis gañas, tomaba o mando no medio campo ante un Camelle que sufría a lesión de Ángel Riveiro e vía como se lle escapaba o dominio.
Era quen de remontar o tanto camellán o Corcubión de Senra, cos goles de Mario e Edu, antes e despois dos vestiarios, cando máis doe.

Pero quedaba con 8 o equipo local, e o Camelle víñase arriba. Metéronse baixo paus os locais e conseguiron aguantar as embestidas. A ver para a semana como afrontan os Senra e Pupus a xornada, pois as baixas serán numerosas para os dous equipos.

Cabana - Porteño (2-0)

  • CABANA: Añón, David Sande, Eloy García, Charlie, Iván de Treos, Fariña, Fernando (Eloy Vilas, min.55), Sandro, Berti, Josiño (Iván Mato, min.80)e Manolo do Cruceiro (Eloy Pereira, min.70).
  • PORTEÑO: Bonano, Pejo (Gabi, min.70), Iago, Maikol (Juan, min.72), Caamaño, Cousillas (Esteban, min.80), Meu Lar, Varela, Cristian (Marcos, min.85), Ismael e Brais (Piti, min.55).
  • Goles: 1-0, min.60: Manolo do Cruceiro; 2-0, min.70: Berti.

Partido moi igualado, moi duro, moi físico, moi trabado, de poder a poder, que se levou un cadro cabanés que puxo un punto máis de tensión. Por ocasións, mereceu un pouco máis o Cabana pero o Porteño competiu moito e non se deixou levar ata o segundo gol.

Antes, na primeira o cadro cabanés tivo un par de boas ocasións, sobre todo unha de Manolo do Cruceiro que sacaba Bonano cos pés. 3 puntos que se antoxan fundamentais para a tranquilidade do cadro de Periscal.

Corme - Castriz (1-0)

  • CORME: Javi, Adolfo, Alejandro, Miguel Torrado, Sergio (Antoniño, min.80), Dani, Juan Chans (Josiño, min.55), Brais, Alejo (Manu, min.70), Lucas e Toniño.
  • CASTRIZ: Juan, Martín (Esteban, min.55), Alberto, Álex, Chinda, Pose (Yordi, min.60), Agra, Cili, Luís, Balsa (Sergio, min.70) e Pichín.
  • Goles: 1-0, min.52: Alejo de penalti por unhas dubidosas mans, e tras repetilo unha vez.

Sufrida vitoria dun Corme con baixas ante un gran Castriz, que prantou cara a un cadro azulón que suma 10 vitorias en 11 partidos. Foi un partido feo, con moito vento no que o equipo xalleiro deu a cara e estivo a gran nivel e mereceu algo máis. Ademais, protestaron os rossoneros a actuación arbitral, sobre todo na xogada do penalti, na que só el veu as mans, e tamén as 5 tarxetas recibidas "sen dar unha patada".

Foi un partido moi aberto, na primeira media hora cun Castriz tremendo que fixo do porteiro local Javi o mellor do partido. Agra mandou ao pau e Javi sacaba unha man vital.
Nos últimos 15 minutos da primeira o Corme retomou o mando e Lucas mandou ao poste un chut e Toniño outro ao longueiro.

Na segunda, e tralo gol de Alejo o Corme meteuse atrás e o Castriz veuse arriba. E puido empatar o equipo visitante, sobre todo nunha xogada de Chinda roubou e se meteu diante de Javi que volvía salvar aos seus, con Luís e Pichín sós para remachar. Pasouno mal o Corme pero sumou os tres puntos, e disfrutou do debut de Josiño, procedente do Corcoesto.

Muros - Mazaricos (3-4)

  • MUROS: Fabio, Ra, Teo, Pelos, Juanche, Gelo, Dani, Saúl, Sexo, Eloy, Carocho e Yanki. Tamén xogaron: Iván e Jesús.
  • MAZARICOS: David Gerpe, Chico (David, min.71), Ramón, Martín, Tuco, Estéfano, Rodri (Molinos, min.71), Ricardo, Oreiro (Coxo, min.46), José Ángel e Kevin (Casais, min.89).
  • Goles: 1-0, min.12: Yanki peitea de cabeza tras unha saída en falso do porteiro amarelo; 1-1, min.18: Kevin ás costas da defensa; 1-2, min.20: Kevin; 2-2, min.39: Pelos de penalti; 3-2, min.60: Pelos de penalti; 3-3, min.81: Molinos; 3-4, min.85: David.

Partido con alternativas no marcador e no xogo, de ida e volta, co balón sempre nas áreas. O dominio inicial foi do cadro muradán, que combinaba e facía bo fútbol. Yanki adiantaría ao equipo local cun tanto de cabeza. Pero empataba pronto Kevin e o Mazaricos se viña arriba dando a volta ao marcador con dous goles consecutivos de Kevin. Ata que ao fío do descanso un penalti daba o empate aos muradáns.

Na segunda empezaba igualada, e un novo penalti metía ao Muros por diante, pois Pelos non fallaba dende os 11 metros. Alex Romero metía a Molinos e David que serviron de revulsivo e acabaron metendo ao Muros na súa área e remontado cos seus goles collendo ás costas á defensa muradá.

San Lorenzo - Zas (2-2)

San Lorenzo-Zas- Foto-Paula
  • SAN LORENZO: Puyol, Rubén, David Álvarez, Germán, Casillero, Cachizo, Chucho (Eloy, min.80), Fuentefría, Velo, Dani e David Rey (Canteiro, min.85).
  • ZAS: Anxo, Martín (Fabián, min.65), Pereiro, Lagoa, Víctor Vecino, Canedo, Peke, Brais (Amado, min.50), David (Samu, min.60), Rubio (Damián, min.80) e Isma.
  • Goles: 1-0, min.1: Germán; 2-0, min.8: Dani dende fóra da área tras tocar nun defensa; 2-1, min.68: Lagoa de penalti; 2-2, min.92: Isma tras varios rexeites.
  • Lesión: Brais cun golpe no nariz.

Moito ambiente nas bancadas do campo de Verdillo, pois estaban tamén os xogadores do suspendido Sofán-Outes. Primeira parte de cor local, cun Zas que non se amoldaba ao céspede de Verdillo. En 10 minutos o San Lorenzo aproveitaba a empanada visitante para meterse con dous goles de vantaxe e mesmo houbo varias ocasións para ampliar a vantaxe, como un penalti que pedía David Rey.

O Zas estirábase pero sen crear perigo, e un penalti dubidoso o metía no partido. Pouco a pouco o Zas convertíase no dominador do xogo pero á contra, Chuco e Dani puideron sentenciar. E xa co tempo cumplido Isma anotaba o empate nunha xogada tras varios rexeites.

Cee - Indep. Carballo (2-1)

  • CEE: Paulo, Jorgito, Carlos Leis, Jacobo, Fiuza, Angeliño, Diego Cespón, Lamela (Andrés, min.85), Cristian (Rafa, min.88), Yayá (Berto, min.66) e Rodri (Javi, min.75).
  • IDC: Dani Rosalía, Seo, Yoni, Manu, Belar, Carlos, Cholo, Juni, Fraga, Mario e Adrián.
  • Goles: 0-1, min.15: Mario; 1-1, min.35: Diego Cespón de falta directa; 2-1, min.60: Rodri a pase de Lamela.
  • Expulsións: por doble amarela a Fiuza (min.65) e a Diego Cespón (min.70) do Cee.

Con 11 (e Dani Rosalía baixo paus) se presentaba o IDC no enorme San Paio de Refoxos e aínda así meteu contra as cordas a todo un Cee. Uns carballeses que ademais protestaron a actuación arbitral, considerando que os dous goles non debían subir ao marcador. En todo caso, no cadro ceense tampoucoquedaron moi satisfeitos co colexiado que deixaba ao equiopo con 9 durante máis de 20 minutos.

Vendeu cara a súa derrota o cadro carballés. O partido estivo marcado pola choiva que fixo que o campo estivese moi rápido e non favorecese ao xogo ceense.
Púidose adiantar o Cee aos 10 minutos nun man a man de Lamela que envía o balón ao corpo de Dani Rosalía. Pero eran os visitantes quen se adiantaban aos 15 minutos cun tiro de Mario desde a frontal ao que Paulo non pode chegar.
O Cee buscou o empate, que non chegaría ata os minutos finais do primeiro tempo. Diego Cespón de libre directo manda o balón ao fondo da rede.

Na reanudación o Cee conseguía darlle a volta ao marcador, Lamela asistía a Rodri e este logo de irse do porteiro marcaría a portería baleira. Puido sentenciar os locais pero Angeliño, Cristian e Rodri non estaban afortunados. Dúas rigorosas expulsións de Fiuza e Diego Cespón fixeron que o Independente viñésese arriba e buscase o empate e meteron medo na parroquia local.

Buño - Carnota (2-0)

  • BUÑO: Brais, Eloy, Diego, Iago, Rubén, Dani, Dourado, Miguel, Elías (Martín, min.70), Charro e Gurita (Juan, min.65).
  • CARNOTA: Luís de la Peña, Ferreiro (Andrés Fandiño, min.77), Tono da Caixa (David, min.70), Manolo Chouza, Pedro Pichín, Pumuky, Pablo Beiro (Boni, min.75), Nakata (Pablo Pichín, min.77), Manuel Luís, Rodrigo e Adrián dos Lombos.
  • Goles: 1-0, min.53: Miguel; 2-0, min.69: Charro.
  • Lesión: Dourado no min.75.

Sacou o Buño os 3 puntos e alcanza ao Carnota no segundo grupo da liga. Primeiro tempo tremendamente igualado no que apenas contabilizouse unha de Elías para o equipo local. O Carnota defendía con seguridade e non sufría.

Pero na segunda, un pequeno estirón do Buño bastou para que en 15 minutos Miguel e Charro metesen por diante aos de Esmorís. Quedaba con 10 o Buño pero non pasaron apuros ante as poucas enbestidas dos carnotáns.
Podía terse metido o Carnota no vagón de cabeza pero queda igualado a puntos co Buño no segundo vagón.

Sofán - Outes (Susp.)

Partido suspendido polo mal estado do céspede do Carral.

Asi estaba o Carral

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios