As LCFs celebrarán as semifinais o 14 de febreiro


Seguen os cativos tendo un protagonismo especial este curso. Se os Alevíns e Benxamíns de Fútbol 8 Costa Sur conintúan xa na 11ª xornada, se o vindeiro 15 de febreiro arrincan os Grupos Norte de benxamíns e alevíns, e o 22 os PreBenxamíns Este e Oeste, os que xa remataron a primeira fase foron os peques das LCFs, que coordina o Clube Deportivo Costa da Morte.
Chegaron ao seu fin as 6 primeiras xornadas, cos seus 2 grupos en Alevíns e en Benxamíns, e afrontan unha fin de semana de infarto cas Seminais, tras clasificarse os dous primeiros de cada grupo.
Pero debido a que o día 7 de febreiro se vai celebrar o Campionato Intercomarcal de Campo a Través, a directiva do Club Costa da Morte decidiu aprazar as semifinais para o venres 14 de febreiro. Deste xeito, quedan as finais para o venres 21 de febreiro.
A sede para a fase final determinarase despois de coñecer os equipos que a disputarán tratando de ter unha sede neutral.
Os enfrontamentos de semifinais xogaranse nos pavillóns de Ponte do Porto e Camariñas o venres 14 de febreiro. Soin os seguintes:
Hora | Categoría | Encontro | Pavillón |
17:30 | Alevín | EFM Vimianzo - C. Muxía | Ponte do Porto |
18:20 | Benxamín | Manuela Rial - C. Fisterra | Ponte do Porto |
19:10 | Infantil | EF Corcubión - C. Fisterra | Ponte do Porto |
18:00 | Alevín | C. Muxía - As Baleas | Camariñas |
18:50 | Benxamín | Manuela Rial - C. Dumbría | Camariñas |
19:40 | Alevín | As Baleas - Manuela Rial | Camariñas |
Novas relacionadas
- O peques toman o relevo no Fútbol costeiro.
- Os Xuvenís xa teñen grupos para a segunda fase da Liga e a Previa da Copa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).