Baile de movementos nas directivas e nos banquiños da Costa
12:40 20/06/17
Iván Cancela, Noé, Roland e Rafa Suárez ou Alex Romero protagonizan algúns dos movementos máis soados neste baile de adestradores do Futbol da Costa
Como están as mareas nestes últimos días do mes de xuño. Os equipos do Fútbol da Costa están movendo fichas para preparar o curso que vén, tanto nos despachos como nos banquiños. Ollo que son varias as directivas que colgan “as chaves”, i é que como sempre dicimos, é moito o mérito desa xente que prepara todo para que 22 tíos poidan preocuparse só de darlle patadas a un balón.
Nos bancos tamén hai moitas, moitas novidades. E máis tendo en conta que esta campaña 2017/2018 hai que ter o título de adestrador en todas as categorías, o que seguro que provoca moitas caídas.
Mesmo por Dumbría e Fisterra parece que haberá moito movemento pero semella que non é a semana máis propicia para apuntar novidades, aínda pendentes da finalísima da Copa da Costa.
Comezando por arriba, os movementos máis chamativos os protagonizan os equipos da Preferente. Iván Cancela, recentemente escollido Mellor Adestrador da Costa, sae do Xallas e vai para o Sofán, substituíndo a Josito. Un Sofán que tamén se reforza co loureán Juan de Dora.
O posto de Iván no Xallas o ocupará o fisterrán Noé, que despois de 19 anos xogando no Cerceda estréae nun banquiño á fronte do cadro verde.
Unha das novidades na 1ª será a chegada de Rafa Suárez e a volta de Roland Caamaño ao Soneira, despois do curto paso de Víctor Pazos. Un Soneira no queda boa parte da antiga directiva á que se suman xentes da ex directiva do Castrelo, que chega con moitísimas gañas.
En Baio entrou Chino de presidente tomando o relevo de Chema Rei, e seguirá sendo Pedro Gómez o que leve ao cadro baiés pola 1ª, acompañado por outro dos adestradores da nova xeración, Óscar Suárez, no San Lorenzo.
Xa na Liga da Costa, por Outes hai renovación da directiva pero queren contar con Alfredo Cambeiro para seguir ao mando.
En Zas está todo parado, mesmo para a renovación da directiva, despois de varios anos sen un verán tranquilo. Pablo Mallón está pendente.
En Ponteceso aínda non se reuniron directiva e adestrador pero todo apunta a que Barca seguirá no banco. Ao abrigo do Roncudo, por Corme andan intentando convencer, un ano máis, a Lente de que siga á fronte deste grupo de xogadores.
En Mazaricos tamén haberá moitos cambios. Néstor marcha do Mazaricos, onde tamén o deixa a directiva, así que tocará esperar para ver novos movementos.
Hai novidades en Esteiro onde traen de volta á Costa a Álex Romero.
Por Malpica parece que Repi renova no equipo da capital, e Raúl Periscal no Cerqueda. Non así por Buño, onde Mauro fichou polo Arteixo da Preferente e toca pensar nun recambio, e probablemente sexa alguén da casa.
Se Alberto Pensado segue no Coristanco, Óscar Leis no Montelouro e Rosky (emais Vicente Carril) no Camariñas, Tasky está pensando se renovar despois dun ano duro no Baíñas, a pesar deste fantástico final de campaña.
Estamos pendentes aínda do que pase no Cee, despois da marcha de Rafa Suárez, e tras varios anos moi complicados no económico. A falta de implicación de Ferroatlántica complica ademais as cousas e a directiva vai presentar a súa dimisión.
Dos ascendidos á Liga da Costa, a marcha de Ordóñez do Muxía deixou descolocada a unha directiva, que aínda está buscando recambio. E no Lira, segue Javi Pinturas despois do ascenso.
Na 3º, por Corcubión están coas eleccións á nova directiva, pero todo parece indicar que continuarán os mesmos con Emilio Corzón á cabeza.
Mata parece que seguirá un ano máis á fronte do Castriz a pesar do duro ano. E Varela fará o propio no Porteño.
Por Laxe aínda están traballando no ano que vén, pero probablemente non poderán contar con Bruno da Mata, que buscará novos aires. Outro que están pendentes de novos movementos é o Volantes, que anda en negociacións.
O Ameixenda está pendente de renovar a Pato.
Por Castrelo será Litos o que volva aos bancos costeiros.
Por Seaia segue Martuxa e a directiva xa se está movemento por Bergantiños para reforzar o equipo.
O barco do Camelle parece que a cousa vai continuar con Pupus ao mando.
Por Nantón e Cabana seguirán Carlos Margarida e Óscar Mingui, xente nova e da casa con moita proxección de futuro.
Pola Serra seguen apostando polo Outes B, e andan perfilando o plantel emais o posto de adestrador.
E… ollo, que Papi ameaza con volver ao fútbol costeiro tras varios anos no dique seco.