![Curso Adestradores]()
Carballo e Baio acollen novos cursos de Adestradores
Este o luns, ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do curso de Nivel 2 na Escola da Costa, cuxa sé será en Carballo. Hai un total de 15 matriculados e desenvolverase no mesmo lugar do curso pasado, no pabellón de Carballo (onde xoga o Xiria), de outubro a xuño.
O Curso de nivel 1 comezará, en principio, o 2 de novembro. Na actualidade hai 14 inscritos, pero dende a Escola Galega de Adestradores esperan poder chegar aos 20 de aquí a novembro. Este curso terá como sé Baio, pois hai alumnos da zona de Cee e Fisterra, ademais dos de Carballo.
Para solicitar máis información poden poñerse en contacto coa Escola Galega de Adestradores, no 981 12 06 19, ext.5, ou a través da web da Federación Galega de Fútbol (
futgal.es, na parte do
curso básico de entrenador).
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).