Baio-Fisterra na 2ª xornada, o primeiro derbi da 1ª Galicia

13:51 02/08/18

Xa temos en www.futboldacosta.com o calendario completo da 1ª Galicia, na que participan 5 equipos costeiros: Dumbría, Soneira, Baio, Fisterra e Esteirana.
A liga comeza o 2 de setembro, e o primeiro derbi da temporada darase na segunda xornada, xa cun fermoso Baio-Fisterra.
Na xornada 3 temos tamén un Soneira-Dumbría, e para a xornada 6 un Esteirana-Fisterra. E ademais a temporada pechará o 19 de maio con outro derbi: Soneira-Esteirana.