Balomán: O Bm. Camariñas sofre a primeira derrota tras case 10 meses


Caeu o Bm. Camariñas na súa visita á Ribadavia, e perdeu a condición de invicto tras 14 xornadas. Fixo historia así e todo este cadro conserveiro, pois desde o mes de abril do pasado ano levaba sen perder. 2 partidos de liga e 4 de copa da temporada pasada, máis os 13 desta, fan un balance de 19 partidos consecutivos sen coñecer a derrota. Nunca antes sucedera tal cousa, xa que na tempada 2010-11 e 2014-15 foron dúas rachas de 8 partidos seguidos nas que se mantivo imbatido o cadro camariñán. Agora, a marca queda en 10 meses.
Polo Norte, non sufriu o Xiria para traer os 3 puntos de Bueu e mantén a vitoria de vantaxe sobre o Lalín.
Ademais, o derbi feminino da segunda fase caeu do lado carballés.
1ª Estatal Masculina, x. 19
- Resultado: Bueu At. - Calvo Xiria (20-37)
- Santiago Gómez [p], Martín Gómez [p], Brais Puñal (1), Pablo Iglesias (2), Miguel Suárez-Pumariega, Uxío Batán (5), Sergio Facal (2), Gonzalo Pombo (2), Alejandro Calvete (4), Javier Rodríguez (1), Julián López (3), Carlos Vilanova (1), Hugo Rodríguez (6), , Martín Alfeirán (5), Jorge Bouzas (1), Manuel Méndez (4).

Partidazo do Calvo Xiria en Bueu, que lle permitiu non ter sufrido como adoita nesta pista. Aguantaron 15 minutos os locais, pero a intensidade do líder foi demasiado.
O sábado ás 18:00h, o Vila de Noia acollerá o choque ante o SAR de Redondela.
1ª Autonómica masculina, x.14
- Resultado: Bm. Camariñas – Atlético Novás (32-20)
- Bm. Camariñas: Víctor (p); Alan (1), Fari (8), Fabián (3), Eusebio (4), Chechu (1), Moncho, Fabio (1), Catalán (5), Héctor (7), Fran, Antelo r Xabi (2).
Esta tempada foi a romperse a imbatibilidade ante o sempre dificil rival do Carnes do Ribeiro de Rivadavia, que co tempo concluído marcaron de penalty, xa sen opción de xogo para o Camariñas Gran partido do local Celso que foi quin marcou a diferenza.
O vindeiro sábado recibe o Camariñas ao Culleredo segundo clasificado ao que xa gañou na 1ª volta na súa casa.
1ª Autonómica feminina, 2ª fase, xornada 2
- Resultado: Bm. Encaixe - Goldie Xiria (19-24).
- Encaixe Camariñas Conservas Boya: 19 (9+10). Ana Barreiro, Dolores, Ana Canosa (5), Cristina Blanco (1), Tatiana Iglésias, Isabel (3), Nerea López (2), María, Tamara Cabrejo, Calvo Canosa, Laura Castro (3), Águeda Antelo (4), Marta Canosa (1).
- Goldie Xiria: 24 (11+13). Brenda Noya (p), Andrea Pose (p), Juana Garrochena (5), Sara Pombo, Alba Rodríguez, Tamara Pombo (2), Adriana Groba (8), Saray Couto, Uxía Pazos, Sheila Ferreiro, Raquel Gómez (2), Diana Rodríguez, Zeltia Landeira (3), Elena Segade (4).
Venceron as carballesas o derbi costeiro na mañá do sabado nun partido moi disputado. Un tempo para cada equipo, pero o resultado debería ser máis apretado.
Arrincaban mellor as camariñás, que dominaban o partido. Pouco a pouco a presión das verdes facía efecto e pouco a pouco, coa velocidade das contras foron poñéndose por diante.
Foi clave a saída dos vestiarios, na que as visitantes colleron unha renda de 4 goles que non desaproveitarían e que foron remando ata o final do choque.
Máis información
- Resultados e clasificacións da 1ª Estatal masculina (Bm. Xiria).
- Resultados e clasificacións da 1ª Autonómica masculina (Bm. Camariñas).
- Resultados e clasificacións da 2ª Autonómica Feminina (Encaixe Camariñas).
- Resultados e clasificacións da 2ª Autonómica masculina. Gr. 2 (Bm. Xallas).
Novas relacionadas
- Entradas de balonmán que limpan cuíños.
- As Selección Española Junior xogarase en marzo a clasificación para o Europeo de Balonmán en Carballo.
Crónicas deste curso
- Doble vitoria, de novo.
- O Xiria ten que recuperar o fío que non perde o Camariñas.
- Invicto só queda un.
- Gañar por inercia.
- Xiria e Camariñas acaban invictos o 2016.
- Ampliando a vantaxe para pasar un Nadal tranquilo.
- Invictus.
- O Norte ó poder.
- O Calvo, máis líder e de novo representante galego na Federación Española.
- O Balonmán Camariñas, a defensa menos goleada do campionato.
- Balonmán: Posta de longo para o Bm. Camariñas.
- O Xallas ponse de longo mentres Xiria e Conservas seguen en marcha.
- A canteira do Xiria pode coa carteira do Chapela mentres o Bm. Camariñas quece motores.
- Carballo vístese de verde Xiria>Carballo vístese de verde Xiria.
Outras novas
- O Basket Xiria quere afianzar a súa canteira pontecesá.
- O equipos do Basket Xiria póñense en marcha.
- A creación do primeiro equipo sénior feminino é unha chulada para o Carballo Basket”.
- 10 anos para un Basket Xiria que segue medrando.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).