Balomnán: Sumando para seguir medrando
08:50 17/04/18
O Bm. Camariñas puntuou no Grove
Non falla o Xiria. Asegurada a praza na Fase de Ascenso á División de Honra B, o cadro verde segue gañando partidos (fíxoo en Bueu) esperando un tropezo do At. Novás que nunca chega.
Gran punto do Bm. Camariñas no Grove ante un rival da zona baixa, ao que deixan 3 puntos por abaixo. Os de Moncho Canosa, dirixidos por un estelar Alan (que ademais anotou o empate sobre a bocina), romperon unha serie de 7 derrotas e seguen en zona morna.
A mala nova chegou dende Santa Comba, onde os do Bm. Xallas sufriron a derrota máis dura da temporada ante un equipazo.
1ª División Estatal Masculina, x.27
- Resultado: Bm. Rasoeiro - Bm. Camariñas (22-22)
- Bm. Camariñas: Cristian (p), Alan (10), Sergio (2), Damián, Fabio (1), Fran Carril (2), Cristian Antelo (3), Fabián (3), Xabi (1).
Complicado desprazamento ao Grove, do cadro conserveiro co ánimo de romper a serie de 6 derrotas consecutivas e de puntuar nunha pista na que poucas veces o fixeron. Ademais con 1 porteiro e só 8 xogadores de campo a cousa se formulaba complicada.
Pero os de Moncho Canosa deron un plus, intentando impoñer un ritmo baixo que permitiría chegar con forzas ao final do partido. Foron manténdose as diferencias no marcador gracias a un Alan espectacular, que mantiña vivo ao cadro conserveiro, deixando un igualado 12-9 ao descanso.
No ecuador do segundo parecía que o Rasoeiro marchaba co partido (6 arriba), pero unha reacción baseada nunha defensa colectiva e a portería fixo dar a volta ao marcador 20-21 a falta de 2 minutos.
Unha exclusión e un penalti volveron poñer ao Rasu por encima 22-21. Pero no último segundo, falta e un lanzamento directo a favor co reloxo a cero. Foi Alan, a estrela da noite, a que despois de tirar do equipo durante os 60 minutos, marca o empate.
Próximo fin de semana recibimos ao colista Bm Porriño sin cabida para a sorpresa (Camariñas 18,30)
1ª División Estatal Masculina, x.27
- Resultado: Bueu At. Bm - Calvo Xiria (25-29).
- Calvo Xiria: Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (6), Gabriel Castiñeiras (1), Julián López (2), Brais Puñal, Pablo Iglesias (2),Juan Carlos Rodríguez (4), Manuel Méndez (5), Jorge Bouzas (4), Alejandro Calvete (2),Chimpo (3), Miguel Suárez – Pumariega.
2ª Autonómica, xornada 22
- Resultado: Bm. Xallas - Campus Ourense (16-42)
Máis información
- Clasificación da 1ª Estatal.
- Calendario e resultados da 1ª Estatal.
- Calendario e clasificación da 2ª Autonómica Masculina.
Crónicas da tempada
- X.26: O Xiria dá o do de peito e métese na Fase de Ascenso á División de Honra B.
- X.25: Cun pé na fase de ascenso
- X.24: Marchas opostas.
- X.23: Un derbi para despedir a un histórico.
- X.22: O Xiria non falla e mantén a loita olo título:
- X.20: O Xiria mantén o pulso polo título:
- X.18: Escapando da zona perigosa.
- X.14: Derrotas que non empañan un comezo de temporada espectacular.
- Rematando o ano tranquilos e… líderes?
- O Xallas xa sabe sumar.
- X.11: Puntos contra a Violencia de Xénero.
- X.9: Sumando ante a mellor afección da lig.
- X.8: A festa do balonmán 100% costeiro, 10 anos despois.
- X.7: Sábado de afeccións.
- X.6: O Calvo responde.
- X.5: O Bm. Camariñas presentouse en casa en clave de festa.
- X.4: Doble derrota conserveir.
- X.3: En zona nobre.
- X.2: A primeira saída depara unha vitoria e unha derrota para os costeiros.
- X.1 :Calvo e Conservas empezan a campaña na 1ª Nacional con sendas vitorias.
Novas relacionadas
- Novembro 17: Os partidos do Xiria, na tele.
- Maio 2017: Un equipo que venderá a súa praza acabou co soño do ascenso do Calvo Xiria.
- Maio 2017: Balonmán: O Bm. Camariñas conseguiu en Valladolid un histórico ascenso á 1ª.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).