Esta fin de semana o baloncesto toma tintes solidarios en Carballo. Da man da ONG Amigos de Silva, que traballa na rexión de Afar en Etiopía, a vila bergantiñá ponse mans á obra en materia de cooperación e toda a vila participará nunha campaña de axuda a esta parte de África.
A proposta é conxunta. Esta tarde de vernes a partir das 19:00h, Paco Moreno, Presidente Fundador da ONG, visitará o IES Isidro Parga Pondal, para achegar a difícil realidade africana aos alumnos. Charla que nace co obxectivo transmitir aos mozos de Carballo a actividade e proporlles unha opción de compromiso cos máis desfavorecidos. Alí explicarán os proxectos que desenvolve esta ONG na rexión de AFAR no Norte de Etiopía, nesta rexión, as súas extremas condicións climáticas, obrigan a unha dura vida aos seus habitantes, polo que Amigos de Silva centrouse tanto na extracción de auga mediante pozos, como en rehabilitar un centro de saúde e realizar mellorar para que alcance a categoría de Hospital.
É precisamente neste segundo proxecto, en concreto onde aparece a axuda do Carballo Basket. Porque a segunda parte da campaña implica ao baloncesto carballés e todo o que o rodera. Casualidades da vida fixeron que o xerente do Xiria, Victor Melini, é íntimo amigo de Paco, i é que ás veces ás maiores colaboracións nacen das cousas máis pequenas.
Deste xeito, a recaudación do gran derbi da Liga EBA que enfrontará este sábado 11 de decembro ao Xiria e ao Obradoiro irá directamente a mercar camas para o devandito hospital. Obxectivo: acadar 1.100€ para as camas.
Xa saben, se acodes ao encontro Carballo Basket - Obradoiro CAB, este sábado 11 de decembro ás 19.00 horas, no Pavillón Vila de Noia de Carballo, participarás nun proxecto de axuda directa a un pobo africano.
Mais sobre Amigos de Silva
Por si queredes máis información sobre a ONG, este é un resumen do que fan, grabado polo programa "Madrileños por el mundo":