Mércores. 20.11.2019
El tiempo

Balonmán: 27-26

Doble derrota con idéntico resultado para os dous equipos do balonmán da zona. Calvo Xiria e Balonmán Camariñas caían por 27-26 (26-27 no caso do Xiria ao xogar na casa) en dous encontros tremendamente apretados.

O Bm. Camariñas perdeu o liderato nun choque no que tivo un mal día, pero que foi peor para os árbitros, moi caseiros.

Pola súa banda o Balonmán Encaixe de Camariñas colleitaba unha inesperada derrota que pagou caro unha moi mala 1ª metade ante o Bm. Lalín.

Ademais, foi unha nova xornada e novos contratempos para o Calvo Xiria en forma de lesións, nunha tempada na que a recuperación dun xogador trae consigo a baixa doutro. Reaparecía Cuco, máis ben estreábase na liga, e caía Ángel lesionado nos derradeiros minutos do adestramento do venres. Pablo que segue sen poder xogar, Jorge que sufría un golpe no adestramento ca selección e Gonzalo e Iago que por motivos persoais non podían ser da partida. Un panorama que complicaba máis, se cabe, o difícil choque ante o Novás e no que no Calvo só puido contar con tres xogadores para a primeira liña. A pesares de todo, o Calvo loitou todo o encontro por facerse ca vitoria.

1ª Autonómica, xornada 4

  • Resultado: Viña Costeira Ribeiro - Balonmán Camariñas (27-26)
  • BM. CAMARIÑAS: Alex (p), Víctor (p), Fari (1), Iván Pan (4), Quin (5), Borja (4), Moncho (2), Catalán (4), José Ramón (3), Xabi (2), Fran, Jacob, Antelo, Damián.

A pesar de realizar un mal partido, o Camariñas non mereceu perder en terras do Ribeiro. Un Camariñas espeso e fallón topouse cun equipo moi correúdo e cuns árbitros excesivamente caseiros, en caso de calquera dúbida pitaron sempre a favor dos locais, lamentable.

O Conservas Boya sempre foi a remolque do Viña Costeira onde o dorsal nº 18 Celso, foi o máis destacado, aínda que polo Camariñas habería que destacar a multifunción do 22 Xabi.
Perdeuse o liderado e o Viña Costeira meteuse na loita polos catro primeiros que dan opción a loitar polo ascenso, pero o Camariñas segue aí con suficiente potencial para loitar polo título, aínda que deberá cambiar de actitude ante os partidos que xoga como visitante.

1ª Autonómica feminina

  • Resultado: Bm Lalín - C.B. Camariñas Encaixe (24-23).
  • C.B. Camariñas Encaixe: Sandra, María, Aída (7), Fátima, Nerea (1), Cris Sande, Cris Blanco (1), Cris Caamaño (2), Laura (11), Verónica (1), Silvia, Alicia.
  • Entrou moi relaxado o CB Camariñas no encontro propiciando que as locais se foran marchando no marcador paulatinamente dende o principio ata chegar ó descanso cunha diferencia de 5 goles e unha xogadora menos. Á saída do vestiario o Lalín aproveitou a superioridade para facer un parcial de 2-0, poñendo a máxima diferencia (14-7). A partir dese intre reaccionaron as visitantes mellorando en ataque e axustando máis en defensa, chegando a empatar a falta de 30 segundos (23-23). Unha exclusión non últimos intres propiciou un último lanzamento local para darlles a vitoria.

    Novamente o equipo camariñán amosa dúas caras ben diferenciadas: a de desgana da 1ª metade, e a de loita e mellor xogo, na 2ª, ca que debe quedarse e encarar tódolos partidos.

    1ª División Estatal, xornada 5

    • Resultado: CALVO XIRIA - MECALIA ATL. NOVÁS (26-27).
    • Calvo Xiria (13+13): Kike [p], Ramón, Alex García, Manuel (4), Chimpo (8), Jesús (1), Sergio (6) -equipo inicial- Naya [p], Mario, Brais (3), Martín, Cuco (3), Dubra (1).

    A primeira metade foi de clara cor granate manexando vantaxes que chegaron aos cinco goles, mais o Calvo non lle perdeu nunca a cara ao partido e cometendo poucos erros conseguía ao final dos primeiros trinta minutos achegarse aos rosaleiros e cun marcador de 13 – 15 deixaba aberto o partido.

    O inicio dos segundos trinta minutos levaron ao Xiria a comandar o marcador aumentando a intensidade en defensa e sen cometer erros no ataque. Cando ían tres cuartas partes do partido a igualdade era total e nin uns nin outros foron xa quen de acadar rendas que lles desen certa tranquilidade. Nos derradeiros cinco minutos decidiuse o partido, a interpretación dos colexiados da invasión de área foi determinante. Os xogadores carballeses con pouco acerto no lanzamento exterior tentaban chegar aos seis metros, e as defensas interiores eran interpretadas coma legais por parte da parella arbitral, un mal moi estendido por culpa dun regulamento que permite a interpretación do que é ou non é estar dentro da área, coma si xa fose pouco complicado ver a situación inda por enriba interpretala.

    Ao final o Calvo non puido completar o gran partido feito cos dous puntos, pero demostrou que con traballo colectivo, concentración e entrega pode gañar a calquera rival desta categoría.

    Cómpre destacar o papel dos xogadores destacados como Sergio Facal e Manuel.

    Vindeira cita

    • 1ª Autonómica Masculina: O vindeiro sábado ás 17:30 no Pavillón de Camariñas recibirán ao Atlético Novás, rival directo, polo que promete ser un partido interesante.
    • 1ª Autonómica Feminina: Na vindeira xornada visitará ó Bm Tui..
    • 1ª Estatal: Agora tocar viaxar a León, para xogar ante outro dos filiais de Asobal que hai na categoría. Haberá que agardar como evolucionan os lesionados para outro complicadísimo partido, ao que haberá que engadirlle xogar un domingo pola mañá co seu conseguinte viaxe.

    Máis información

    Novas relacionadas

    Fonte

    • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Calvo Xiria.

Comentarios