Venres. 19.04.2024
El tiempo

Balonmán: A primeira saída depara unha vitoria e unha derrota para os costeiros

Balonmán: A primeira saída depara unha vitoria e unha derrota para os costeiros

Segunda xornada da 1ª Nacional cos dous equipos costeiros en liza. E trala exitosa estrea, a visita fóra de casa deixa unha nova vitoria para o Calvo Xiria e a primeira derrota para o Bm. Camariñas.

At. Novás - Bm. Camariñas (36-28)

  • Bm. Camariñas: Cristian (p), Félix (p), Fabio (1), Alan (2), Cristian Canosa (11), Alberto (8), Cristian Antelo,, Diego (1), Fabián (1), Fran Carril e Xabi (3).
Alberto Mas do Bm Camarinas Alberto Mas non puido evitar a derrota do Bm. Camariñas

Visitaba o equipo de Juan Ramón Canosa unha das canchas máis difíciles de liga, cun equipo mermado polas baixas de Borja, Eusebio e Héctor, que se sumaban a xa pequena plantilla dos conserveiros. A pesar de todo o Camariñas foi por diante no electrónico ata o minuto 20, meténdolle o susto no corpo aos locais, cun xogo rápido que desequilibrou totalmente aos rosaleiros, que pasando o tempo foron impoñendo o seu ritmo a base dun plantel grande e equilibrado, que cun despregamento físico que se podían permitir foise impoñendo no marcador pouco a pouco, aínda que a diferencia no marcador final, parece moi abultada, para os merecimentos de ambos equipos.

O Camariñas Conservas Boya xogou un moi bo partido, destacando os goles de Fary, o bo xogo da primeira liña, unha moi boa defensa, aínda que polos goles encaixado puidera parecer que non. Cómpre destacar tamén o debut do porteiro Félix, que este ano recuperouse para o balonmán.

O vindeiro sábado recibese ao Luceros de Cangas do Morrazo, no pavillón da Ponte do Porto as 18:30h.

 

Octavio C. Castro - Calvo Xiria (23-33).

  • Calvo Xiria: 33 (18+15). Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Andrés Vila (1), Carlos Vilanova (4), Gabriel Castiñeiras (1), Julián López (1), Brais Puñal, Fran Rey, Pablo Iglesias (8), Hugo Rodríguez (6), Juan Carlos Rodríguez (5), Manuel Méndez (3), Jorge Bouzas (3), Alejandro Calvete (1).

Un histórico visitaba o Calvo esta fin de semana, un equipo que ademais conta nas súas filas con algún ex-Asobal, e cunha pista espectacular, As Travesas. Pero crecéronse ante o desafío os carballeses e completaron un partido case perfecto, cunha defensa implacable no 1 para 1, nas axudas, propiciando erros e roubando moitos balóns para machacar á contra cunha gran velocidade.. Ademais, Iago parecía inmenso baixo paus. Así, dende o 0-3 inicial, pasando ao 9-18 ao descanso, o partido estivo sempre controlado polos verdes, que soubo remar e gardala roupa na segunda metade.

A semana que vén (sábado ás 18:00), o conxunto de Carballo recibirá ao BM. Lavadores, un perigoso rival que suma un empate e unha vitoria nos dous primeiros partidos de liga.

 

Máis información

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios