Martes. 17.09.2024
El tiempo

Balonmán: Invicto só queda un

Balonmán: Invicto só queda un
Imaxe do Bm Camarinas-Foto-Patry Rivas Imaxe do Bm Camariñas nun partido anterior-Foto-Patry Rivas

Logo de 16 partidos chegou a primeira derrota do Calvo Xiria. E foi no derbi provincial ante un OAR que soubo manterse por diante.

Así, só o Bm. Camariñas queda invicto a estas alturas de temporada. Os conserveiros celebraron o título honrífico de Campión de inverno tralo remate da primeira volta. 11 vitorias en 11 partidos para os de Canosa. Esta última, unha das máis disputadas, xa que era o equipo menos goleado e o segundo máis goleador da categoría.

 

1ª Estatal Masculina, x. 16

  • Resultado: Calvo Xiria - OAR Coruña (24-27)
  • Calvo Xiria: Iago (Zúpez); Carlos Vilanova, Brais, Chimpo (5), Miguel, Manu (7), Sergio (1) -equipo inicial- Pablo (7, 2p), Juáncar (3), Julián (1), Uxío, Álex Calvete. No jugaron Javier, Gonzalo y Gabriel.

Épica herculina para vencer en Carballo e endosar a primeira derrota da tempada ao Calvo. Os primeiros puntos que marchan do Vila de Noia, ante os 300 afeccionados que disfrutaron dun partido ben intenso.

Saíu frouxo o cadro verde, e durante o primeiro tempo estivo totalmente a mercé dos coruñeses. Os carballeses se mantiveron no partido pero os visitantes nunca se viron por abaixo, souberon manter a curta diferencia ata o final.

 

1ª Autonómica masculina, x.10

  • Resultado: Sedona Coia - Bm. Camariñas (26-29)
  • Bm. Camariñas: Cristian (p) (1), Alan (5), Fary (8), Eusebio (6), Checho, Moncho, Fabio (1), Catalán (5), Héctor, Fran, Diego (3) e Xabi.

Duro partido, como todos os dun Sedona que comezou mellor e controlou a primeira metade, no que si que houbo alternativas no marcador, pero cunha lixeira superioridade local. A boa labor de Cristian baixo paus, e o xogo combinativo de Faru, Xabi, Eusebio, Alan e Catalán conseguiron dar a volta no marcador no segundo pau e facer aos costeiros xustos merecedores da vitoria.

A vindeira semana toca ferrolterra, para enforntarse ao Narón, o equipo revelación desta campaña.

2ª Autonómica Feminina, x. 16

  • Resultado: Pabellón Ourense - Bm. Encaixe (20-21)

Fixeron un bo partido as do Encaixe en Ourense, acadando unha vitoria que as sube á 7ª praza superando ao Bm. Lucus e alonxándose do Taboada, permitindo unha mellor posición cara os play-off de febreiro.

 

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas deste curso

Outras novas

Fonte

Comentarios