Venres. 19.04.2024
El tiempo

Balonmán: O Bm. Camariñas conseguiu en Valladolid un histórico ascenso á 1ª

Balonmán: O Bm. Camariñas conseguiu en Valladolid un histórico ascenso á 1ª
Bm Camarinas novo equipo da 1 Autonomica-Foto-Christian Antelo O Bm. Camariñas é novo equipo da 1ª Autonómica-Foto-Christian Antelo

Menudo ano para o balonmán costeiro. O Calvo Xiria acadaba o título a semana pasada da 1ª Autonómica, e xa pensa na fase de ascenso á División de Honra. E sen tempo a baixar a resaca, o Bm. Camariñas tamén nos fai gozar co seu ascenso á 1ª Autonómica. Xa disputaran a categoría hai 2 anos, igual que na temporada 2011/2012.

Fin de semana completa para os conserveiros, que se desprazaban a Valladolid a disputar unha Fase de Ascenso fraticida. E seguindo co nivel deste ano, os camariñáns, arroupados por unha afección incansable e eternamente fiel, sufriron pero non cederon unha soa derrota nos 3 partidos que disputaron para volver á 1ª Autonómica.

O venres vencían ao Quart de Poblet por 28-27. Na segunda xornada, cederon empate ante o Triana por 25-25 noutro final de infarto, a pesar de ir sempre por diante.

E chegaba o último partido, esta mesma mañá de domingo 14 de maio, ante o Delicias. Aquí si que non houbo rival e o Conservas fíxose forte, e tras un primeiro cuarto de hora titubeante, marcou un 0-4 no marcador para irse e non deixar colgarse nunca máis ao cadro rival. Rematou cun 18-22 para os camariñáns que disfrutaron ao máximo deste espectacular ascenso á 1ª Autonómica, na que esperan non ter que enfrontarse ao Calvo Xiria o ano que vén, porque significará que os verdes xogarán nunha categoría superior acadando o ascenso.

https://www.facebook.com/mariajose.gerpemartinez/videos/1885408444818438/ https://www.facebook.com/1244348165/videos/10213958620059982/  

Campións e Fase de Ascenso do Calvo Xiria

Bm Xiria recibidos polo Concello de Carballo Recepción oficial do Calvo Xiria polo Concello de Carballo

O Calvo Xiria foi recibido este pasado venres polo Concello de Carballo como campións da 1ª Autonómica.

Un Bm. Xiria que buscará o ascenso á División de Honra, a segunda categoría en importancia do balonmán estatal despois da Asobal, por 4ª vez nos últimos 6 anos.

Esta vindeira fin de semana de 20 e 21 de maio, toca ir a Lanzarote para loitar por unha única praza de ascenso con Bm. Elche, Ca’Mario Lanzarote e KH7 Bm. Granollers.

En www.balonmanxiria.com/fase2017 manterannos informados os verdes.

Crónicas deste curso

Outras novas

Fonte

Comentarios