Venres. 19.04.2024
El tiempo

Balonmán: O Bm. Camariñas presentouse en casa en clave de festa

Balonmán: O Bm. Camariñas presentouse en casa en clave de festa
Foto de familia do Bm CamarinasFoto-Emilio Roca Foto de familia do Bm Camariñas 17/18-Foto-Emilio Roca

Fermosa xornada de presentación a que vivíu o Balonmán Camariñas esta fin de semana. Todos os equipos xuntáronse no Areal para facer a foto de familia e disfrutar dunha completa xornada de deporte a nivel nacional. Despois dos eventos sociais, non se puido poñer o peche de ouro cunha vitoria, pois o cadro da 1ª Estatal caía ante un potente Octavio. Aínda así, o ambiente no pavillón da Ponte do Porto, con máis de 200 persoas, demostra a potencia do balonmán en Camariñas.

Por Carballo, o Xiria non fallou e venceu con autoridade en Vigo.

Ademais, houbo un interesante derbi na Liga Provincial Sénior feminino, que se decantou para as carballesas.

Imaxes da Presetacion-Foto-Emilio Roca Imaxes da Presentación da familia do Bm. Camariñas-Foto-Emilio Roca

Bm. Camariñas - Construcciones Castro Octavio (24-34)

  • Bm. Camariñas: Cristian (p), Bruno (p); Alan (1), Fari (3), Catalán (5), Antelo (3), Fabián (9), Xabi (3), Fabio, Fran, Diego.
Ateigado o pavillon da Ponte do Porto para ver ao Bm Camarinas-Foto-Emilio Roca Ateigado o pavillón da Ponte do Porto para ver ao Bm Camariñas-Foto-Emilio Roca

5ª xornada da 1ª Estatal, nun dos choques máis complicados da tempada para os de Moncho Canosa, polas baixas (Eusebio e Borja) e por ter que disputarse no pavillón da Ponte do Porto debido ás obras de adecuación do pavimento no Areal.

Un histórico como o Octavio chegaba con sino de favorito, e a pesar de que os locais comezaron ben, co paso dos minutos os visitantes foron impoñendo o seu maior potencial e veteranía para irse ao descanso 11/17.

Intentou Canosa sorprender cunha defensa aberta que por momentos conseguía premio pero o saber facer dos vigueses fixo que non houbera sobresaltos.
Con esta segunda derrota consecutiva, os conserveiros caen ata a 9ª posición, con 4 puntos. O próximo sábado, en Vigo ante UD Lavadores (17h).

Choque do Bm Camarinas contra o Octavio-Foto-Emilio Roca Choque do Bm Camariñas contra o Octavio-Foto-Emilio Roca  

Magope Seis Do Nadal - Calvo Xiria (21-32)

  • Calvo Xiria: 32 (13+19). Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Andrés Vila (1), Carlos Vilanova (2), Gabriel Castiñeiras (1), Pablo Iglesias (7), Hugo Rodríguez (7), Juan Carlos Rodríguez (1), Manuel Méndez (2), Jorge Bouzas (7), Sergio Facal, Alejandro Calvete (3), Miguel Suárez-Pumariega (1).

Con autoridade venceu o Xiria en Vigo, recuperando a confianza tras deixar escapar 3 puntos nas dúas pasadas xornadas. Un choque que serviu para recuperar sensacións xa que dominaron ao seu rival ao longo dos sesenta minutos, dende os primeiros minutos.

O Xiria queda 5º con 7 puntos, a 3 do líder, o Bm. Lalín, e xogará a vindeira semana fronte ao BM. Chapela, nun choque moi importante, pois de Rendondela ocupan o segundo posto, con tres puntos de diferenza sobre os verdinegros. O encontro disputarase o vindeiro sábado día 21 ás 18:00h no pavillón Vila De Noia.

 

2ª División Autonómica Feminina, xornada 4

Goldie Xiria 17-18 Goldie Xiria 17-18
  • Resultado: Goldie Xiria - Encaixe Camariñas (23-21)
  • GOLDIE XIRIA (12 + 11): Sara Pose [p], Nadia Vázquez [p], Juana Garrochena (5), Alba Rodríguez (1), Támara Pombo (3), Natalia Solís, Jessica Posse, Saray Couto, Soraya Martínez, Sandra Santos, Elena Segade (4), Sheila Ferreiro (1), Raquel Gómez (4), Zeltia Landeira (5).
  • ENCAIXE CAMARIÑAS (12 + 9): Maria, Minia, Águeda, Paula, Isa, Angela, Leti, Ana, Ana, Marta, Nerea, Laura, Muna Thiam, Cristina.
Bm Encaixe en Carballo Bm. Encaixe en Carballo

Derbi costeiro o vivido en Carballo esta fin de semana. Foi un choque tremendamente igualado, con alternativas no marcador cun Goldie que buscaba contras rápidas e un Encaixe que buscaba ataques longos.

Colocábase 4 arriba o cadro local, pero o Encaixe era quen de empatar de novo. O ambiente íase quentando e se as locais protestaban que as encaixeiras tardaban demasiado en saír á pista tralo descanso, as visitantes protestaban a dureza da defensa local na segunda metade.

O choque chegaba ao minuto 55 en empate, e neses intres importantes as locais foron máis efectivas. A MVP do partido foi Paula Gerpe, do Encaixe, e a máxima goleadora a súa compañeira Maimouna Thiam. Os dous equipos seguen na zona baixa, co Goldie que sumaba a súa primera vitoria e o Encaixe que aínda suma só 1 empate.

Goldie Xiria-Encaixe Imaxe do choque Goldie Xiria-Encaixe  

Máis información

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios