Balonmán: O Xiria fai historia co título da 1ª Estatal e xogará a fase na casa


Queda o soño do ascenso por conseguir, pero polo de pronto a tempada do Calvo Xiria xa está a ser histórica. 27 vitorias en 30 partidos así o demostran para que o equipo carballés alcance o seu primeiro título de Campión de 1ª Estatal Masculina.
200 siareiros carballeses acompañaron ao equipo conserveiro en Vigo, para celebrar este triunfo da canteira.
Fase na casa
O Calvo Xiria disputará os días 27, 28 e 29 de Maio a Fase de Ascenso a División de Honra Prata no Pavillón Vila de Noia. É a terceira ocasión na que o conxunto carballés xoga esta fase, e a primeira que o fai coma local. BMC, Bm. Caserío Ciudad Real e Hispanitas Bm. Petrer serán os rivais do Calvo Xiria.
1ª Estatal
- Resultado: Las Cinco Jota Lavadores - Calvo Xiria (20-38)
- CALVO XIRIA 38 (18+20): Martín Gómez [p], Santiago Gómez [p], Alejandro Naya [p], Alejandro Calvete (1), Brais Puñal (2), Manuel Méndez (1), Sergio Facal (5), Uxío Batán (1), Martín Alfeirán, Julián López (1), Ramón Suárez–Pumariega (2), Jorge Bouzas (6), Carlos Vilanova (4), Pablo Iglesias (3), Javier Rodríguez, Gonzalo Pombo (6), Mario García de Seárez (6), Gabriel Castiñeiras.
O partido durou quince minutos, que foi o que tardou o Calvo Xiria en impor a súa defensa e velocidade para evitar ter susto algún. A diferenza non deixou de crecer e cando os equipos foron para os vestiarios no descanso o electrónico sinalaba un +12 que non deixaba lugar a dúbidas. O segundo tempo foi un mero trámite na espera do asubío final para celebrar merecidamente o título ligueiro.


Fase de Ascenso á División de Prata
Esta tarde, a partir das 17.00 h, coñeceremos as sedes e a composición dos grupos da fase de ascenso á División de Prata. Poderase seguir o proceso en directo a través de Periscope dende o perfil de Twitter da Federación Española de Balonmano: https://twitter.com/RFEBalonmano O Calvo Xiria opta a ser un dos equipos organizadores e traer unha das 3 sedes para CarballoNovas relacionadas
- A liga é verde e a Copa azul.
- Un paso máis cara a segunda categoría do balonmán estatal.
- A marea verde impulsará ao Xiria nas 4 finais que restan para o ascenso.
- Na carreira pola Liga.
- Liderado entre masas.
- Balonmán: Doble e dolorosa derrota.
- Mandando en solitario.
- O Calvo vence no xeo.
- O Xiria vence a ritmo da Batucada mentres o Camariñas perde opcións de loitar polo título.
- Quecendo para as primeiras finais.
- Cas opcións intactas.
- O Calvo Xiria mantense implacable.
- Balonmán: A primeira volta remata con podios.
- Balonmán: Xiria e Camariñas rematan o ano moi, moi arriba.
- Pleno de vitorias para o balonmán costeiro.
- Balonmán: 8 de 8 e unha polo cerco.
- Balonmán: O Calvo Xiria segue invicto.
- Líderes.
- Balonmán: Camariñas e Xiria seguen sumando vitorias.
- O Balonmán arrinca con vitorias en Camariñas e Carballo.
- Camariñas queda sen equipo feminino de balonmán esta tempada.
- O Bm. Camariñas renuncia ao ascenso para centrarse na base.
Fonte
- Bm. Camariñas e Calvo Xiria.