Mércores. 18.09.2024
El tiempo

Balonmán: O Xiria ten que recuperar o fío que non perde o Camariñas

Balonmán: O Xiria ten que recuperar o fío que non perde o Camariñas
Banco do Bm. Camarinas nun partido-Foto-Patry Rivas Banco do Bm. Camariñas nun partido-Foto-Patry Rivas

Segunda derrota, e consecutiva, da tempada para o Calvo Xiria, desta volta, en Pontevedra. Aínda así mantén o liderado o cadro carballés, con dous puntos de vantaxe sobre o Bm. Lalín e 3 sobre o Porriño.

O que non frea é o Bm. Camariñas, sumando xa 12 de 12 e sacando xa 7 puntos aos rivais máis cercanos.

1ª Estatal Masculina, x. 17

  • Resultado: SD Teucro Asegrup - Calvo Xiria (30 - 24).
  • CALVO XIRIA 24 (10+14): Santiago Gómez [p], Martín Gómez [p], Gabriel Castiñeiras (1), Brais Puñal (3), Pablo Iglesias (7), Miguel Suárez-Pumariega, Uxío Batán (2), Sergio Facal (1), Gonzalo Pombo, Alejandro Calvete (1), Javier Rodríguez (2), Julián López (1), Andrés Vila, Hugo Rodríguez (5), Juan Carlos Rodríguez (1).

Demasiados erros nos lanzamentos durante a primeira metade deixaron aos carballeses por debaixo no descanso, pero aínda metidos no partido. No segundo tempo, os locais foron mellores, e aproveitaron a feble defensa verde para ser moi eficaces cara gol, tendo ademais ao porteiro local como gran protagonista do choque.

Partido importante a vindeira semana no paviollón da zona escolar o sábado 4 ás 18.00 para romper a mala serie de dúas derrotas ante o Bm. Chapela, 4º clasificado a só 4 puntos dos verdes.

 

1ª Autonómica masculina, x.10

  • Resultado: Bm. Narón - Bm. Camariñas (17-33)
  • Bm. Camariñas: Víctor (p), Alan (6), Fary (7), Eusebio, Checho (4), Moncho, Fabio, Catalán (4), Héctor (3), Fabián (6), Antelo, e Xabi (3).
A sempre complicada saída a Narón saldouse cunha rotunda nova vitoria, e van 12 de 12. Desde o inicio o equipo conserveiro impuxo o seu estilo de xogo ante un bo Narón que nunca baixou os brazos malia a adversidade do resultado desde o primeiro minuto. Victor e Fabián volveron vestir a elástica branca do Camariñas, facendo ambos un bo partido. Destacar o bo labor do equipo que en todo momento mantivo funcionou como un autentico grupo sen fisuras, o que lles permitiu distanciarse aos poucos no marcador.

O equipo senior masculino recibe o vindeiro sábado ás 18:30 horas no Pavillón de Camariñas a o Atlético Novás.

2ª Autonómica Feminina, x. 16

  • Resultado: Bm. Encaixe - Mecalia At. Guardés (15-24)
  • Encaixe Camariñas Conservas Boya 15: Anita, Lola, Ana (3), Tina (1), Tati (1), Isa (3), Nerea, María, Tamara (P) Laura (4), Agueda (2), Marta (1), Minia.

Pola súa banda as mozas xogaron o último partido da primeira fase plantandole cara a todo un Mecalia At. Guardés que as vió e desexou para poder marcharse no marcador, que ao final foi de 15-24 a favor das mozas da Garda, resultado que non di nada do desenvolvemento deste último encontro da primeira fase. Agora a partir de a próxima semana comeza a segunda parte da liga para disputar dúas prazas de ascenso a 1ª Autonómica.

 

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas deste curso

Outras novas

Fonte

Comentarios