Venres. 29.03.2024
El tiempo

Balonmán: Sen baixar o pistón

Balonmán: Sen baixar o pistón
Choque do Bm. Xallas Choque do Bm. XallasChoque do Bm. Xallas Choque do Bm. Xallas

Non baixa o pistón o Calvo Xiria pero tampouco o fai o líder, o At. Novás. En todo caso, os carballeses seguen vencendo e aproveitou a derrota do conxunto de Lalín no Rosal para abrir unha brecha de catro puntos co terceiro clasificado, que agora mesmo é o Construcciones Castro Octavio.

Máis abaixo, pero recuperando posicións, atopamos ao Bm. Camariñas na 9º praza, despois do empate colleitado ante, precisamente, o Octavio. As baixas fixeron sacar o máximo dos xogadores conserveiros que fixeron un partido de 10 sumando ante un dos galos da categoría, para manterse na zona morna, sen apuros, con 6 puntos de vantaxe sobre a zona de perigo.

Na 2ª, o Xallas viu como o Chapela lle remontaba na casa, pero demostraron que compiten contra todos nesta categoría.

 

1ª Estatal, xornada 20

  • Resultado: Calvo Xiria - Magope Seis Do Nadal (36-20)
  • Calvo Xiria: 36 (15+21). Iago Gómez, Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (5), Gabriel Castiñeiras, Julián López (1), Brais Puñal (2), Fran Rey, Pablo Iglesias (8),Miguel Suárez-Pumariega (2), Juan Carlos Rodríguez (1), Manuel Méndez (7), Jorge Bouzas (2), Alejandro Calvete (2), Sergio Facal Fariña, Chimpo (6).

Partido sen historia, no que o Calvo Xiria mostrouse moi superior ao seu rival. E iso que saíron demasiado confiados os locais, tendo moitas perdas de balón que non permitían alonxarse no marcador. Unhas poucas boas xogadas defensivas permitiulles sacar ápidas contras e escapar antes do descanso. O comezo da segunda volveu ser de zozobra, e só nos últimos 10 minutos os verdes estiraron e conseguiron unh ampla vitoria.

 

1ª Estatal, xornada 16

  • Resultado: Academia Octavio - Bm. Camariñas Conservas Boya (26-26)
  • Bm. Camariñas: Cristian (p), Félix (p), Alan (2), Cristian Canosa Figueroa (12), Borja Tajes, Cristian Canosa Pasantes (5), Fabio (1), Fran Carril (2), Cristian Antelo (2), Fabián, (2).

Foi o equipo costeiro sempre por detrás no marcador pero sen deixar escapar ao rival a máis de 2-3 goles. Así transcorreu todo o encontro ata o minuto 52 que cun 26-22 para os locais parecía sentenciar. As mellores defensas apareceron entonces chegando ao último minuto con empate e posesión. Unha discutida falta en ataque daba a última posesión aos locais que foron incapaces de marcar ante outra boa defensa e gran portería.
En todo caso, un punto bo que lle permite aos de Moncho Canosa e Manuel Romar seguir sumando e estar na zona tranquila da clasificación.

 

2ª Autonómica, xornada 12

  • Resultado: Bm. Xallas - Bm Chapela (24-26)
  • Bm. Xallas: Martín e Fran (p), Raúl (7), Dani (1), David (5), Samuel (1), Marcos, Damian (4), Alex (6), Viqueira, Rodrigo, Juan e Gonzalo.

Chegaba a Fontenla un Bm Chapela necesitado de puntos para non descolgarse da loita polo ascenso, e notábase pois empezaba máis efectivo cara a portería, collendo dende os primeiros minutos unha vantaxe de 3 goles que manterían durante toda a primeria metade. A pouca efectividade cara a portería propiciou que chegaran a ir 5 goles por debaixo no marcador, momento no cal interven o adestrador para cambiar os sistema defensivo. Os xalleiros subirían a defensa para impedir o movemento fluído de balón, conseguindo varias recuperacións e facendo sufrir ao ataque rival.

Na segunda metade os de Miguel Barbeira saían con moita máis intensidade en defensa e con mais efectividade cara a portería. A afección local empurraba aos seus, que conseguían remontar e poñerse dous arriba a mediados da segunda metade. Estaba ben o Xallas, pero aínda se nota a falta de experiencia, pois cando comezaron a creer que podían levar os dous puntos chegaron os nervios, e con eles, os erros nos pases e lanzamentos. Este pequeno baixon no ataque, seguido de dudosas interpretacións arbitrais nuns momentos clave, provocaron a remontada do Chapela, que ía conseguir unha vitoria moi traballada e sufrida por un 24-26 final.
Moi bo papel dos xalleiros que demostran que son rival para calquera equipo da categoría.

Máis información

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios