xoves. 13.02.2025
El tiempo

Básket: Arrincou unha temporada máis para o baloncesto en Carballo e Cee

Básket: Arrincou unha temporada máis para o baloncesto en Carballo e Cee

Arrincou xa ao completo a temporada do baloncesto costeiro que seguen os focos postos nas vilas de Carballo e Cee.

Comezando pola 1ª División, o Calvo Basket Xiria foi o último en empezar, pero fíxoo con moi boas sensacións vencendo con rotundidade ao Rosalía de Castro.

Pola súa parte, en 3ª División compiten 3 equipos costeiros. Por segundo ano faino o Calvo Artai, mentres que a familia ACB conta con dous equipos, o Wander e o noviño Carnicería Muíño.
Os carballeses seguen sumando vitorias (fíxoo ante o Básquet Coruña), pero os dous equipos ceenses caeron con rotundidade na casa nun choque que se lles presentaba doado. Moito queda por traballar non só para gañar partidos, senón tamén para competir nunha categoría que segue medrando en nivel e calidade.
Un ACB que ten a sorte de contar este curso coa colaboración, ademais de Wander co primeiro equipo, do Restaurante Casa Sabina para axudar ao cadete masculino que compite na 2ª Autonómica.

 

1ª División Masculina, xornada 1

  • Resultado: FEDESA ROSALIA - CALVO BASKET XIRIA (64-80).
  • Parciais: 13-28 / 15-18 / 23-14 / 13-20.
  • Calvo Basket Xiria: Lodeiro (2), Rusell (7), Hermida (6), Guillamet (13, 1 triple), Rey (21, 5 triples), Vukasinovic (16), Casitñeira (2), Pérez (2), Roselló (6), Vidal, Moreira (5) e Souto.

Encarrilou o partido o cadro carballés nun gran primeiro cuarto, con moi boa defensa, boa circulación do balón, dominando o rebote e sacando boas contras. Foi no terceiro cuarto cando o Rosalía se achegaba no marcador, ante un Calvo que abusaba do xogo interior e permitía correr ao cadro local. Pero no último cuarto, unha seria defensa que pechou ben o rebote, e un bo acerto permitiu aos verdes sumar a primeira vitoria do curso.

Pola súa banda as xogadoras do Vázquez y Reino da 2ª División Autonómica xogarán o vindeiro domingo 21 en Betanzos tras comezar a semana pasada con derrota..

 

3ª División Sénior Masculino, xornada 2

  • Resultado: WANDER ACB COSTA DA MORTE - CAMBRE C (43- 87).
  • Parciais: 12-24; 12-28; 13-17; 6-22.
  • WANDER ACB COSTA DA MORTE: Alfredo, 4 ptos; Deril, 10 ptos (2 triplas); Sergio, 8 ptos (2 triplas); Manuel, 5 ptos (1 tripla); Pais, 9 ptos – quinteto inicial – Lucas, 0 ptos; José, 0 ptos; Aitor, 7 ptos (1 tripla).
Mal partido dos ceenses na tarde do domingo. O CB Cambre, presentábase no pavillón de Cee só con 6 efectivos, e un deles mancábase aos 3 minutos de partido. O que podía parecer un partido que os ceenses podían facer seu, converteuse nun pesadelo. Despois de 3 minutos iniciais de bo xogo, estando incluso 11-9 mandando no luminoso, o equipo perdeuse a sí mesmo. É xusto dicir que enfronte, se ben só eran 5 xogadores, facían un xogo moi bonito de ver, tendo moi claro o que querían explotar e cales eran as súas vantaxes por exemplo o xogo interior, onde contaban con dous xogadores que superaban os dous metros e outro que andaba preto deles. En defensa, moi cerrados pola falta de efectivos, e case que esperando os erros do equipo local.

Dito isto, é xusto dicir tamén que despois deses 3 minutos iniciais, o Wander Costa da Morte, non foi quen de xogar ao adestrado, nin de xogar 1x1 para sacar faltas aos escasos xogadores visitantes (proba disto son as 16 faltas locais por 4 dos visitantes). Por se fose pouco, se nos 3 primeiros minutos anotaban 3 triplas, só anotarían outras 3 no resto do partido, e non foi por non intentalo. Poderíase salvar o terceiro período no que se consegue que o equipo visitante baixe dos 20 puntos, e que anotando 13, fan que sexa o período mais igualado.

Os dous equipos do ACB Costa da Morte enfrontaronse a semana pasad Os dous equipos do ACB Costa da Morte enfrontáronse a semana pasada para abrir a temporada, con vitoria para o Wander  

3ª División Sénior Masculino, xornada 2

  • Resultado: Bristol Tigers - Carnicería Muíño Costa da Morte (100-29)
Primeiro partido fóra de casa para o equipo senior máis novo do clube (e da categoría), onde se enfrontaron ao que a priori pode ser o rival a batir no grupo (vendo a clasificación da tempada anterior), e que deixou clara a sua superioridade dende o salto inicial. A partir de aí todas as facetas do partido foron superadas polo equipo local, destacando no rebote, cos seus altos interiores e no triple, onde acertaron 14 veces, e no xogo rápido e de contraataques dada a superioridade antes dita no rebote.

 

3ª División Masculina, xornada 2

  • Resultado: CALVO ARTAI - BÁSQUET CORUÑA (68-60).
  • Parciais: 19-18; 34-31; 53-56; 68-60.
  • CALVO ARTAI (19 15 19 15): Andrés (11), Yago, Dani, Diego (8), Adrián, Bruno (16), Carlos, Marcos (2), Alessandro (14), Fer (13), Abraham (4) e Javi.
Senior masculino do Calvo Artai Senior masculino do Calvo Artai

Primeira vitoria dos carballeses esta tempada nun partido sufrido, duro e dunha enorme intensidade, como o demostra o número de faltas (44) e as continuas alternancias no marcado, sobre todo no primeiro cuarto e o final do terceiro. Gran partido de ambos equipos nunha liga na que parece que non vai ser nada sinxelo conseguir as vitorias dado a forma na que se reforzaron a maioría dos equipos, con xogadores con experiencia en ligas superiores (hai xogadores de EBA e de 1ª Nacional en varios equipos). Pero os carballeses coa base do equipo da tempada pasada (trece xogadores de Carballo e só dous incorporaciones, Javi, tamén de Carballo e Carlos, o único foráneo do persoal) pretenden seguir coas mesmas sensacións de xogo e de estilo da tempada pasada.

Ademais, na familia Artai, venceron os Junior do Carballo a un Paso Artai na Liga Provincial, por 30-88 ao Basquet Coruña, nun choque sen historia.
Tamén venceron as Junior do Carnicería Daniel Artai, por 76-29 ao CB Laracha.

Junior femenino do Artai Junior femenino do Artai  

Máis información

 

Comentarios