Basket: Carballo suma, Cee non tanto


Cruz para a maioría dos equipos do ACB Costa da Morte nesta xornada. Así e todo, houbo espazo para unha alegría, pola gran vitoria do infantil masculino, un equipo que mellora a pasos axigantados. Iso si, doeu a derrota das Junior na Coruña, perdendo así o liderato.
Mentres, polo norte da bisbarra, por unha banda seguen cos preparativos do gran aniversario #30anosbasketxiria, que celebraban cunha boa vitoria dos sénior.
Ademais, pola outra, tremenda a xornada por positiva para os artaicos. Dos once partidos o saldo final foi de sete vitorias, tres derrotas e un partido aprazado, o do cadete masculino que non podía xogar o seu encontro pola condensación da pista de Cocheras na cidade herculina Das sete vitorias, quedámonos coa emoción de case todos os partidos pois en case todos eles os triunfos foron moi sufridos. O junior de Javier Cotelo gañaba por cinco puntos (74 a 69), o junior de EB Xiria por dous (55 a 53), o cadete feminino nun dos partidos por catro (46 a 42), o benjamín B por seis (34 a 40) e o alevín B por cinco (40 a 35). Polo tanto, emoción houbo a que se quixo e algo máis.
4ª División Sénior Masculina
- Resultado: CB CAMBRE – ACB COSTA DA MORTE (64-45)
- ACB: Manu (11,3T), Tinín (5), Sergio (3), Deril (12, 1T), Lucas - 5 inicial - Jose (5), Luciano (7, 1T), Cristian (2).
No desprazamento máis incómodo do que levan de temporada o ACB xogaba na pista do CB Cambre na tarde do sábado. Bo comezo dos costeiros que gracias a un bo acerto no tiro de Manu e ataques con criterio comenzaba o partido cun parcial de 0-8, e irían gañando ata o comezo do segundo cuarto. A partir de aí a claridade ofensiva e defensiva se perderon nun pésimo segundo cuarto e perdían a ventaxa adquirida, chegando o descanso perdendo de dez puntos. Unha tímida reacción asomou despois do descanso, alternando boas defensas con acerto no ataque, pero so foi un espellismo, o CB Cambre con moito mais fondo de banquillo non foi rival ante o esforzo costeiro e maila un bo final ceense, acabarían cedendo ante o equipo local.
En xeral bo partido do ACB, continuando cas boas sensacións do ultimo encontro. A fin de semana que vén se medirán os lideres da categoría no pavillón municipal de Cee.
2ª División Junior Masculina
- Resultado: CE CUME CEE – MARISTAS CORUÑA (47-98)
No último partido da xornada, desputado o domingo o ACB perdía ante o líder destacado da categoría. O equipo herculino, no segundo ano na categoría non tivo rival e presionando a toda a pista durante case todo o partido levouse una abultada e merecida vitoria. O equipo ceense agarrouse a heroica en fases do partido xa que so se presentaba con 5 xogadores polas baixas por lesión de Xabi, Nando e Diego e nada puderon facer ante un rival físicamente moi superior, destacou notablemente Cristian con 5 triples.
2ª División Junior Feminina
- Resultado: BASKET CORUÑA LEYMA 97 – ES BAZARRA ACB COSTA DA MORTE (53-27)
Dolorosa derrota das que eran as líderes da súa categoría xa que non se contaba ca perda deste partido. Mal partido das ceenses que acusaron moitísimo a baixa por lesión das duas bases e unido a esto o desacerto baixo o aro, fallando ocasións clarísimas deron por resultado esta derrota ante un rival moi asequible.
Sorpresa a vivida no pabellón coruñes e alegría no bando local pola vitoria, aínda que inesperada, tamén merecida.
2ª División Cadete Feminina, xornada 14
- Resultado: CALASANCIAS – ACB COSTA DA MORTE (38-36)
Na Coruña viviuse un duelo de altura na categoría cadete. As ceenses saíron a por todas e non se acobardaron pese a xogar nun pavillón difícil. Desputouse un partido igualdisimo de principio a fin. As coruñesas gañaron gracias a un contraataque que pillou ás de cee sen defensa e acabarían perdendo, no último minuto, un partido que tiveron case nas mans.
2ª División Infantil Masculino

- Resultado: FERROATLANTICA COSTA DA MORTE – BASKET CORUÑA (50-44)
Enorme vitoria dos pequenos do ACB que ante un rival directo. Os ceense souberon aproveitar o factor cancha e se levaron un partido que tuveron case sempre controlado.
Bo comezo dos ceenses que con grandes defensas e correndo o contraataque se poñian por diante ó descanso cunha ventaxe de 9 puntos. Os herculinos non ían a claudicar tan fácilmente e conseguiron poñerse a un sí punto a finais do tercer cuarto pero os locais non desaproveitaron a oportunidade e volveron a atender a defensa deixando a victoria no seu casilleiro.
2ª División Infantil Feminino
- Resultado: FERROATLANTICA COSTA DA MORTE – SD BETANZOS (39-62)
Bo partido das pequeñas costerias ante outro dos mellores equipos da liga. Comezou o partido con moito ritmo e poucas defensas, a cal se manteria en todo o partido. As ceenses estuveron cerca das visitantes ata a metade do terceiro cuarto donde so perdían de 5 puntos pero a partir de ahí o cansancio e as graves perdas de balón deronlle a ventaxa que necesitaban as visitantes para levarse o encontro.
Familia Carballesa
Sénior masculino
- Resultado: Carferlo Viveiro - Carballo a un paso (46-54).
- Parciais: 8-10 / 9-7 / 10-15 / 19-22.
- CARBALLO A UN PASO: Sergio Tomé 19, Hector Añon 7, Fran Cristóbal 2, Rubén Pereira, Roi Vega 13, José Tato, Juan Fernández 2, Javi Argüelles 2, Luis Gómez 9.

Nova vitoria do equipo Senior Masculino do Basket Xiria, que segue coliderando a liga co Peleteiro a falta de 7 xornadas para a finalización da mesma. O partido iniciouse con escaso acerto por parte dos dous equipos, con moitas perdas de balón. No segundo cuarto, Carballo a un paso ten moitos problemas para parar o xogo interior do Viveiro.
Como xa é habitual ao longo da tempada, o equipo ten unha boa saída tralo descanso, con ataques máis longos, con mellor selección de tiro e boas lecturas para buscar un equipo cargado de faltas, ademais de maior seguridade no rebote defensivo.
O último cuarto tivo dúas metades, unha primeira moi ben xogada nos dous aros estirando a diferenza co rival, e unha segunda con demasiada confianza e pouca actividade defensiva, propiciada por un estilo de ataque pouco usual do equipo contrario que en defensa nos presionou e colocouse nunha zona, arriscando para gañar o partido.
Gran noticia a volta tras lesión de Héctor Añón, que anotou 7 puntos.
1ª División Junior Masculino, xornada 12

- Resultado: CB ARTAI - ESTUDANTES PONTEVEDRA (74-69)
- Parciais: 6-15; 29-28; 58-46; 74-69
- CB ARTAI: Jorge (11), Xabi (14), Manu, Carlos (7), Pablo (20), Melini (12), Aítor,, Anxo (6), Marcos (4), Dani e Jaime.
Nova vitoria, a quinta da tempada para os xogadores de Javier Cotelo , neste caso ante ou nrival directo. Vitoria sufrida, como vén sendo norma esta tempada para os junior que arrincaban mal o partido e nos dez primeiros minutos xa ían a remolque no marcador (6 a 15). Pero un gran segundo cuarto, cunha defensa máis agresiva e cun gran acerto en ataque nivelaba o choque (29 a 28). O mellor dos locais viría no terceiro cuarto ,onde os xogadores de Cotelo permitíanse dominar no marcador ata por máis de dez puntos. Pena que esa diferenza se malgastase no último parcial pero a vitoria quedábase en Carballo.
2ª División Junior Masculino, xornada 13
- Resultado: EB XIRIA - BÁSQUET CORUÑA (55-53).
- Parciais: 15-10; 25-31; 36-46; 55-53
- EB XIRIA: Xoel (15), Diego (17), Antonio (2), Marcos , Mario (7)-cinco inicial-Juan, Andrés( 4), Alberto (4), Fran (2), Iván, Javi e Sergio (4)

Suaron tinta os locais para levarse unha vitoria que parecía que sería fácil no primeiro cuarto e que se foi complicando ata a parte final do partido. Pese ao bo inicio local, tralos dez primeiros minutos os dominadores do partido foron os coruñeses que a partir dese momento fixéronse co mando do partido e do marcador. Os xogadores de Luís Villada chegaron a dominar por dez puntos ata no cuarto final pero unha reacción in extremis dos locais, espoleados polo público, permitiron unha remontada que a menos de tres minutos parecía imposible.
2ª División Cadete Feminino, xornada 13
- Resultado: BÁSQUET CORUÑA - CB ARTAI (59-50).
- Parciais: 9-14 9-14 21-8 20-14
- CB ARTAI: Emi, Lola (4), Nuri (8), Emma (6), Caye (10), Uxi, Paula (16), Sabe, Sarita (6).
Non puido ser. Malia a boa primeira parte das cadetes do cole, que pasaron a pista todo o que o seu adestrador deseñou en papel, de forma impecable. Os dous primeiros cuartos pecháronse ambos con 9-14, levando ás do colexio ao descanso con 10 puntos de vantaxe. Básquet Coruña non conseguía anotar con fluidez, nin parar en ataque ás do cole, atacando moitísimo criterio e defendendo moi intensas.
Todo cambiou no terceiro cuarto. De súpeto o baremo para as faltas cambiou. A intensidade azul era sancionada con falta e a agresividade local non. Con Lola machucada polas faltas e as do cole intentando sacarse mans de encima nas penetraciones o resultado final neste cuarto foi 21-8.
2ª División Cadete Feminino, xornada 13
- Resultado: CB ARTAI - OBRADOIRO (46-42).
- Parciais: 9-8; 20-20; 28-32; 46-42
- CB Artai: Emma (12), Cayetana (7), Sara (4), Lola (11), Nuria (12), Emilia e Uxía.

Último partido de liga para as carballesas que xogaban na fría mañá do domingo no pabellón Bergantiños de Carballo. Coa desilusión da derrota do partido do día anterior ante Básquet Coruña e que deixaba ás xogadoras de Iván e de Fran sen opcións de ir á fase de ascenso, as carballesas afrontaban o último partido de liga coa enfermería a rebordar. Fran non podía contar nin con Sara (gripe), Celia (gripe), Paula (lesionada nas costas) nin Sabela (de viaxe). Só sete xogadoras que ademais viñan de xogar un partido moi intenso a tarde anterior en Coruña. Enorme o mérito das cadetes que anta tanta adversidad fixeron un esforzo extra para levarse a vitoria que a falta de seis minutos parecía afastada.
1ª División Infantil Masculino, xornada 10
- Resultado: PORRIÑO BB - CB ARTAI (60-48).
- Parciais: 15-9 20-10 14-8 11-21.
- CB ARTAI: Pablo (2), Carlos (6), Edu (11), Marco (2), Mario (12), Rubén (2), Javi (10) e Xullo, Iván (3)
Partido correspondente á décima xornada da máxima categoría infantil masculina. Dura viaxe para infantís coa importantes baixas de Manu (gripe) e Pérez (gripe). Por outra banda non se puido contar con xogadores do vinculado porque xogaban á mesma hora.
Foron superiores os de Porriño durante os 3 primeiros cuartos. Os do cole, pensando máis no que non estaba que no que estaba, saíron ao campo sen ánimo de competir. Aínda por riba de males Xullo ponse mal de barriga e non pode xogar e Pablo lesiónase no segundo cuarto. Si xa iamos poucos? acabamos de ser menos.
Os 7 xogadores restantes maquillaron o resultado no último cuarto, que se levaron 21-11, demostrándose que podían competer malia todo si a cabeza estivese no partido, e non no que se quedou en Carballo.
Póñenselle complicadas as cousas aos carballeses, que ten a Mario e Manu entre algodones e parece que tampouco esta semana poderá contar con Pérez.
Novas relacionadas
Crónicas da temporada
- As Junior do ACB colócanse líderes.
- Básket: Gripazo para os Séniors do ACB pero boa saúde para as Júnior.
- Basket: Doble derbi con sabor bergantiñán.
- O ACB pecha o ano con vitoria.
- O ACB xa voa.
- Unha xornada baloncestísica marcada polos despachos.
- Os tiros libres dan a primeira vitoria da temporada ao ACB.
- Reparto de vitorias nos derbis costeiros do basket feminino.
- As cadetes do baloncesto costeiro preparan un derbi de alturas.
- Bo sabor de boca para a fin de semana de baloncesto costeiro.
- Fin de semana completa para os equipos do basket comarcais.
- As cadetes do Artai e do Xiria protagonizan un comezo de campaña de derbi.
- Xornada completa para os equipos do Basket Xiria, Artai e ACB.
- Completo repaso á actualidade do baloncesto bergantiñán.
- O baloncesto expándese por Bergantiños.
- A Escola Basket Xiria pon en marcha unha campaña de captación de socios.
- A Escola Basket Xiria comeza a xogar.
- 27-05-14: O Carballo Basket proclámase por primeira vez Campión Galego Infantil.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Información de CarballoBasket, do Artai e do ACB Costa da Morte.