Luns. 09.09.2024
El tiempo

Basket: Da boa saúde do baloncesto carballés

Basket: Da boa saúde do baloncesto carballés
Dous equipos carballeses enfrontáronse en junior feminino, dando conta do bo estado de saúde do baloncesto carballés Dous equipos carballeses enfrontáronse en junior feminino, dando conta do bo estado de saúde do baloncesto carballés

Nova xornada completa de baloncesto costeiro, que deixa como nota destacada o enforntamento entre dous equipos de Carballo en categoría junior feminino, feito que dá conta do bo momento que vive o deporte da canasta no concello carballés.

As vitorias do Calvo e do Artai reiteran na idea.

3ª División Sénior Masculina, Coruña B, xornada 3

  • Resultado: C.E. CUME COSTA DA MORTE - ADFRO O PERCEBEIRO (38-44)
  • CUME Costa da Morte: Manu (2); Deril (11 2T); Fran; José (5); Tinin (8) - cinco inicial - Luci; Jorge (2); Sergio; Fabián (5) e Iván (5)

Mal partido dos ceenses onde o único salientable foi a defensa, xa que se consegui deixar novamente ao equipo rival por debaixo dos 50 puntos, e o peche do rebote. Polo resto, abuso do bote, penetracións acabadas sobre 2 ou 3 defensores e tirosmal tomados. O conxunto visitante propuxo un alto ritmo de velocidade que os costeiros quixeron igualar, sen tratar de impor o seu ritmo propio. Queda moito que traballar para seguir mellorando no xogo.

Polo resto, os Junior do ACB tiveron doble sesión. Vencían aos Trebóns por 50-44) nun choque con altibaixos, e caían ante Os Rosales nun partido que se lle fixo moi longo.

 

3ª División Sénior Masculina, Coruña B, xornada 3

  • Resultado: RESTAURANTE MONTERO TERRA CHA - CALVO ARTAI (52-68).
  • Parciais: 9-31; 21-47; 34-56; 52-68
  • CALVO ARTAI (31+16+9+12):Sergio Cebral (11), Fer Mariño (11), Bruno Calviño (13), Alessandro Pérez (5), Diego Mallo (9), Abraham Parcero (6), Jaime Sueiro (6), Pedro Trigo (3), Samuel Iglesias , Adrián Rey, Iván Cancela (2) e Andrés Puente (2).

Bo ambiente nas gradas do pavillón villalbés. Gran traballo do conxunto de Alberto e de Jordi na complicada pista lucense, fraguada nun primeiro cuarto excepcional, anotando 31 puntos neses dez primeiros minutos e deixando aos locais con só nove puntos. O nivel, tanto en ataque como en defensa dos colexiais, pese a ser novatos na categoría está sendo moi alto e o traballo nas sesións de adestramento estase vendo sobre a pista. Trataron de endurecer o partido os locais, moi cargados de faltas, pero os carballeses foron capaces de manter as distancias, cunha ampla rotación.

 

1ª División Masculina, Gr. Norte, xornada 4

  • Resultado: Rosalía de Castro - Carballo Basket Xiria (67-85)
  • Carballo Basket Xiria: Javi (10), Mariño (2), Guillamet (2), Peli (23), Manu (18), Roi (1), Fran (13), Luis (5), Moreira (8), Rubén (3).

Tardou en entrar o partido o cadro carballés na súa visita santiaguesa. Entraban como querían polo medio da pintura os locais, e gracias ás rápidas contras os carballeses se mantiñan no partido. O acerto dende a liña de 6,75 permitía aos visitantes marchar por diante aos vestiarios.

Na segunda houbo varias fases de dominio alterno, ata que os verdes abriron unha fenda de 10 puntos que chegaría a ser de 22 no último cuarto.

Queda líder o Calvo nesta igualada 1ª División, cun partido xogado máis que o Cambre.

 

2ª División Junior Feminina

  • Resultado: DIMOLK XIRIA - CARNICERÍA DANIEL ARTAI (41-74).
  • CARNICERÍA DANIEL ARTAI (28+10+18+18): Nuria (10), Emma (8), Sabela (5), Sara (9), Paula (8), Iria (2), Sarita (7), Lucía (14), Cayetana (10) e Carla (2).

Moi boa entrada no Zona Escolar de Carballo e gran ambiente nas gradas.Vitoria das colexiais nun choque no que se tiveron que esforzar en moitas fases do partido. As artaicas estiveron moi acertadas tanto nas transicións como nos tiros lonxanos.

 

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios