Basket: O ACB sabe gañar tamén fóra da casa e o Carballo, a un paso do ascenso

Fin de semana de contrastes para a familia do ACB Costa da Morte. A mellor nova foi a gran vitoria do Sénior, ante un rival directo e ademais fóra da casa, cerrando unha mala racha sen gañar coma visitante desde maio do 2013. Pola contra, a mala cara a protagonizou a dura derrota dos junior, tanto masculinos coma femeninas, estas últimas ante o seu maior rival.
As cadetes tiveron doble partido esta semana colleitando unha de cal e outra de area, mentres que os pequenos seguen en mala racha.
Xa por Carballo, foi, en liñas xerais, unha boa xornada para a familia Artai, se ben a do sábado non foi a mellor coa derrota dos dous equipos cadetes en Coruña; moi dolorosa a dos mozos que perdían dun tras desperdiciar Jota dous tiros libres a poucos segundos do final. Cambiaron as tornas nos partidos do domingo con cinco vitorias e dúas derrotas entre a mañá e a tarde, destacando as dúas vitorias dos equipos de liga galega, os junior de Cotelo que vencían ao Rosalía nun partido con final de infarto e a vitoria dos infantís. Bo balance xa que logo, con cinco vitorias e catro derrotas neste caluroso fin de semana do mes de marzo.
E mellor nova aínda a que protagonizou o equipo Sénior do Carballo Basket. Despois da emotiva cea dos #30anosBasketXiria, o Carballo a un paso está a 3 xornadas de ratificar o ascenso. Agora mesmo está de líder, con 3 puntos sobre o Peleteiro, e xa ten asegurado o 2º posto da clasificación, que dá acceso á fase de promoción para o ascenso.
De todos os xeitos, o equipo quere lograr o ascenso directo ao que lle dá dereito si consegue o primeiro posto na clasificación, e para iso, ha de lograr 2 vitorias dos 3 partidos que quedan, a condición de que Peleteiro gañe todos os compromisos que lle quedan.
Xa que logo, a próxima xornada fronte ao CB Celtas, 4º na clasificación, será unha das citas máis complicadas, xa que logo enfrontarase ao Arteixo en casa, e na última xornada ao Cambre, penúltimo clasificado.
Familia ABC
4ª División Sénior Masculino

- Resultado: VINTAGE 67 – ACB COSTA DA MORTE (46-61).
- ACB: Adrián (10); Manu (9, 3T); Nefri (3, 1T); Tinin (6); Déril (13); Sergio (12); Pais (5); Diego (2); Lucas, Jose e Luciano.
Por fin gañou fóra de casa o equipo sénior do ACB, cerrou o círculo esta temporada e conseguía impoñerse a un rival directo que o perseguía moi de cerca na táboa nun partido moi trabado, sobre todo nuns minutos finais con moita tensión. O partido comezada moi de cara para os locais que saian con ansias de vencer. Os ceenses acusaban o horario madrugador e non despertaron ata o segundo cuarto, xa perdendo 17-8. No segundo cuarto o partido púxose totalmente de cara para o ACB, moito máis esperto, intenso e acertado no tiro, dándolle totalmente a volta ó marcador cun enorme parcial de 7- 18 poñéndose xa por diante ó descanso.
Trala reanudación, os dous equipos saíron a por todas e foi o momento máis fermoso do partido con intercambios constantes de canastas por parte dos dous equipos. A gran defensa e boa circulación de balón por parte dos ceenses con Sergio (que tivo que ser atendido por unha brecha na cabeza) moi acertado desde a bombilla déronlle a vantaxe definitiva no cuarto, e afrontaban o periodo decisivo cunha ventaxa de sete puntos. No último cuarto os coruñeses apostaron por endurecer ata o límite o xogo pero nada puideron facer ante a mellor versión do ACB en defensa e correndo o contraataque, colleitando a ventaxa final de 15 puntos.
Fermoso partido desputado no pabillón dos Rosales, que deixa definitivamente o ACB asentado na zona media da táboa. Mediranse o próximo domingo no pabillón do Ventorrillo ao farolillo vermello da categoría.
2ª División Junior Feminino
- Resultado: CALASANCIAS – ES BAZARRA ACB COSTA DA MORTE (49-39).
Dolorosa derrota do ACB ante o seu maior rival na categoría. Nun partido igualadísimo as ceenses sairon dormidas e aínda que intentarion mellorar e recuperar o terreo perdido na primeira parte non foron capaces de remontar. Mal partido das rapazas que se lle está facendo larga a temporada, levan unha racha de tres partidos seguidos perdendo.
2ª División Junior Masculino
- Resultado: CB BALONCESTO IRMANDIÑOS – CE CUME CEE (65-15).
Nada puderon facer os ceenses para poner fronte a un equipo moito mais físico que eles. Acusaron tamén as baixas de Xabi e Nando.
2ª División Cadete Feminina
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE – OBRADOIRO (29-37).
Mal partido das cadetes adestradas por Pais que na tarde do venres perdían na seu pabillón un partido que tiveron gañando gran parte do tempo.
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE - MARISTAS CRISTO REY (40-23).
Tiñan doble xornada as cadetes esta fin de semana e volvían xogar na tarde do sábado, só 24 horas despois dunha dolorosa derrota. Aínda así as rapazas non acusaron o esforzo e saíron a por todas, dominando todo o partido a un rival inferior pero férreamente defensivo. Destacou cun partidazo de novo Lucía Ferrol.
2ª División Infantil Masculino
- Resultado: SEGUROS RAMOS FRAGA - BASKET SCHOOL - FERROATLANTICA COSTA DA MORTE (62-27).
2ª División Infantil Feminina
- Resultado: CB CULLEREDO - FERROATLANTICA COSTA DA MORTE (106 - 11).
Horrible partido das pequenas do clube ceense ante o segundo clasificado da Liga. Sen ánimo, sen intensidade e sen defensa nada puderon facer ante o bo xogo das coruñesas que apabullaron o seu rival.
Carballo Basket
- Resultado: SANTO DOMINGO BETANZOS - CARBALLO A UN PASO (39-55).
O mal inicio de partido con erros ofensivos, provocaban un mal balance defensivo, concedendo segundas e terceiras oportunidades de ataque ao rival, debido ás carencias no rebote defensivo.
Betanzos dispuña no segundo cuarto dunha máxima diferenza de 10 puntos, e a partir dese momento, Carballo a un paso dá un envorco ao partido e tralo paso por vestuario con máis acerto en ataque, circúlase mellor o balón e realízanse mellores lecturas das vantaxes.
Finalmente os carballeses conseguían unha importantísima vitoria que facilitará a recta final da liga, si todo segue igual.
Familia Artai
1ª Div. Junior Masc. - xornada 16

- Resultado: CB ARTAI - INSTITUTO ROSALÍA (73-67).
- Parciais: 19-14; 40-39; 54-55; 73-67.
- CB ARTAI (19 21 14 19): Jorge (9), Carlos (8), Pablo (13), Aítor (9), Marcos (3), Dani, Enrique (19), Xabi (2) e Jaime (1).
artido disputado na mañá do domingo no pabellón da Zona Escolar de Carballo con máis dun centenar de seguidores nas gradas. Partido dos que “enganchan” aos xogadores e ao público a este deporte. Merecida vitoria do cadro local que xa a semana pasada deu mostras dunha gran mejoría no partido disputado en Porriño. Máxima igualdade ao longo dos corenta minutos e sexta vitoria para os locais nun partido moi completo dos dez xogadores.
A igualdade foi a tónica de todo o partido, tanto no xogo como no marcador, con diferenzas mínimas para ambos equipos. Xogaron moito mellor os locais as últimas posesións, circunstancia que lles permitiu levarse a vitoria.
Fase de Ascenso Junior Masc. - Xornada 3
- Resultado: MARISTAS - CB ARTAI (80-58).
- Parciais: 17-20; 38-30; 55-40; 80-58.
- CB ARTAI (20 10 10 18): Xoel (6), Iván,Juan (2), Alex (3), Alberto (4), Diego (18), Antonio (3), Andrés (6), Sergio (2), Mario (8),Marcos (4) e Javi (2).
Boa entrada de seguidores, pese á hora, no colexio coruñes. Sóbranlles as segundas partes ao equipo junior. Durante os dous primeiros cuartos aguantaron a semana pasada a un rival superior , como o CB Narón e o domingo sucedeu outro tanto. Durante os dous primeiros cuartos os carballeses “tutearon” aos locais para caer con estrépito nos dous cuartos seguintes. Unha pena esa liña discontinua no xogo dos xogadores de Moreira pois o nivel de xogo demostra que están máis preto dos rivais que o que reflicte despois o marcador final.
Liga Galega Inf. Masc. - Xornada 14
- Resultado: C.B. ARTAI - CBC (79-63).
- Parciais: 24-12 13-13 24-15 18-23.
- CB ARTAI: Pablo, Carlos (4), Edu (12), Marco (6), Mario (12), Rubén (2), Manu (15), Javi (2), Iago (5), Yago (2), Iván (2) Pérez (17).
Visitaba Carballo o CB Culleredo no que se prevía un derbi rifar polos antecedentes do último encontro disputado entre ambos. Empezou o partido cos do "cole" moi metidos no encontro sempre buscando as superioridades físicas ante un Culleredo formado na súa maioría por xogadores de primeiro ano. Isto máis unha excelente saída de balón do equipo local daba unha vantaxe de 12 puntos ao final deste primeiro cuarto.
As rotacións e unha mellor defensa dos visitantes cortou a racha anotadora dos carballeses no entanto os problemas para anotar do equipo azul terminou cun mais que igualado parcial de 13-13.
Á volta de vestuarios un gran acerto anotador dos do cole fíxolles coller unha comoda renda de 20 puntos cos que chegaron ao último cuarto. Nos ultimos 10 minutos a vantaxe se amplo e chegou a ser de 27 puntos e xa nos compases finais do choque a relajación e a rotación dos locais fixo que Culleredo maquillase o marcador cun parcial de 15-4.
No entanto non deben relaxarse os infantís xa que aínda que sacaron adiante o partido aproveitando as súas vantaxes, deben ter máis claras as ideas en ataque e darlle un punto mais de velocidade a leste, ademas de poñer máis concentración e intensidade ao seu defensa e ser máis agresivos nas transicións si queren seguir competindo nesta dura Liga Galega.
2ª Div. Cadete Masc. - Xornada 16

- Resultado: Basket Coruña - Artai (55-54).
- Parciais: 8-9, 17-15, 13-17, 17-13.
- Artai (9 15 17 13): Luciano 15, Mato 18, Pozas 8, Belo 4, Lopez 2, Rei 4, Santi e Barreiro 4.
Partido moi disputado o celebrado onte á tarde en Riazor onde o equipo de Artai chegaba moi mermado polas baixas. Javi Varela e Jorge Villar tan só podían contar con 7 xogadores do seu persoal pero aínda así o encontro foi moi disputado por ambos equipos,con constantes alternativas no marcador e só ao final o cansazo paso factura aos artaicos e Basket Coruña levouse a vitoria nos últimos suspiros do encontro.
2ª Fase Cadete Fem. - Xornada 3

- Resultado: A.D. CALASANCIAS - C.B. ARTAI (39-32).
- Parciais: 13-8, 8-11, 14-6, 4-7.
- CB ARTAI: Nuri (2), Emma (2), Caye (11), Celia, Sarita, Lola (15), Sara (2), Emi, Uxi, María.
Empezaron as de cole "enchufadas", aínda que non moi acertadas de face o aro. A falta de puntería e os graves erros en defensa provocaron un 13-8 ao final do primeiro cuarto. Mellor empezaba o segundo cuarto no que as do cole anotaban con facilidade ata que mediado o cuarto as coruñesas puxéronse nunha zona 2-3 e isto colapso totalmente o ataque artaico, Aínda asi as nosas mozas fóronse aos vestuarios con dous puntos de desventaja e moi dentro do partido. Na reanudación do encontro as colegiales brillaron en defensa pero non souberon atacar a zona coruñesa acabando o partido nun 39-32 e deixando a vitoria no feudo de Calasancias.
Infantil Fem - Xornada 11
- Resultado: CD OS ROSALES - CB ARTAI (14-66).
- PARCIAIS: 4-12, 7-18, 0-15, 3-21.
- CB ARTAI: Nuria (9), Emma (19), María (6), Sara (10), Celia (8), Cayetana (10) e Uxía (4).
Clara vitoria de principio a fin do as nenas do Colexio Artai que fixeron un partido practicamente perfecto cunha extraordinaria defensa abrigo na segunda metade. Aínda que todas carballesas fixeron un encontro excepcional é moi destacable a achega da alevín de primeiro ano Uxia Suarez que anotou 4 puntos e aportou grandes momentos defensivos.
Crónicas da temporada
- Basket: Fin de semana con historia no baloncesto carballés.
- Basket: Pensando na cea dos 30anosbasketxiria.
- Basket: Unha vitoria enorme do ACB e unha xornada regular na familia Artai.
- Carballo suma, Cee non tanto.
- As Junior do ACB colócanse líderes.
- Básket: Gripazo para os Séniors do ACB pero boa saúde para as Júnior.
- Basket: Doble derbi con sabor bergantiñán.
- O ACB pecha o ano con vitoria.
- O ACB xa voa.
- Unha xornada baloncestísica marcada polos despachos.
- Os tiros libres dan a primeira vitoria da temporada ao ACB.
- Reparto de vitorias nos derbis costeiros do basket feminino.
- As cadetes do baloncesto costeiro preparan un derbi de alturas.
- Bo sabor de boca para a fin de semana de baloncesto costeiro.
- Fin de semana completa para os equipos do basket comarcais.
- As cadetes do Artai e do Xiria protagonizan un comezo de campaña de derbi.
- Xornada completa para os equipos do Basket Xiria, Artai e ACB.
- Completo repaso á actualidade do baloncesto bergantiñán.
- O baloncesto expándese por Bergantiños.
- A Escola Basket Xiria pon en marcha unha campaña de captación de socios.
- A Escola Basket Xiria comeza a xogar.
- 27-05-14: O Carballo Basket proclámase por primeira vez Campión Galego Infantil.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Información de CarballoBasket, do Artai e do ACB Costa da Morte.