Basket: O Basket Xiria métese na Fase de Ascenso á Liga EBA


Grandes novas para o baloncesto carballés. O Carballo Basket Xiria vencía ao Opticalia nunha auténtica final fóra da casa e se metía na Fase de Ascenso á Liga EBA. Xa o ano pasado estivo a piques de conseguir o soñado ascenso, e este ano volverá loitar.
Repuxéronse os carballeses da inesperada derrota da semana pasada e venceron no cara a cara ante o equipo de Eume, por 69 a 80. Non deron opcións os carballes que marchaban xa 9-22 tralo primeiro cuarto. Pero tralo descanso os ferroláns colócanse con ata 10 puntos de vantaxe, quedando igualado o choque para o último cuarto. A expulsión dun xogador clave dos locais por 5 faltas permitía que os pesos pesados carballeses decantasen o partido dende a pintura.

Ademais, o equipo feminino do Vázquez y Reino vencía a domicilio ante o Zabba Zapatería Otero Caritón de Santiago, e se consolida na segunda praza da 2ª División feminina.
Familia Artai
O cadro sénior Masculino vcelebrana unha doble vitoria esta fin de semana. Primeiro facíao ante o Basket Coruña (49-58), e despois vencía en Arteixo por 59-69 na 14ª xornada da 3ª división, moito máis complicada do que podería ter parecido a priori.
Pola súa parte, as Junior do Carniería Daniel facían o propio en Culleredo (41-78), demostrando estar un punto por riba doutro dos equipos que participarán na segunda fase.
Familia ACB
O Sénior masculin de 3ª División caía na casa ente o Xeríon por (27-56). Foi un mal partido dos ceeses que en todo momento estiveron a merced do que os visitantes xogaban. Sen poder impoñer un ritmo de xogo que fose problemático para o rival, e cunha primeira parte onde só se vian tiroa de tres puntos e algunhas penetracións á desesperada, a renda de Xerión era xa moi ampla ao descanso. Tras o parón, un cambio na defensa e sobretodo na actitude ceense, fai que con Manu e Deril moi activos na primeira liña de defensa se poidan roubar balóns e buscar contras que impidan ao rival xogar a placer. Mais unha vez acomodados os visitantes, e tras outro cambio defensivo, as forzas ceenses comezan a diluírse, polo que o partido remata coa máxima diferenza dos visitantes. Toca facer autocrítica e atopar a solución para colleitar novas victorias.
Os Junior da Carnicería Muíño caía ante Montrove por 45-63.
Crónicas da tempada
- Pechando o ano con alegrías e decepcións.
- Pensando no Nadal.
- Derbi costeiro con acento carballés.
- Xornada de derbis de base.
- A canteira toma o protagonismo.
- Da boa saúde do baloncesto carballés.
- Mans de manteiga.
- O debut histórico do Artai Sénior centra a atención da xornada do basket costeiro.
Novas relacionadas
- Setembro 17: Ferroatlántica retira o seu apoio ás entidades deportivas.
- Xuño 2017: Iván Villaverde estrease a vindeira tempada como entrenador do primeiro equipo do Calvo Basket Xiria.
- Maio 17: O Vázquez y Reino métese na Fase de Ascenso no ano da súa estrea.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).