Basket: O Vázquez y Reino métese na Fase de Ascenso no ano da súa estrea
Nunha mala malísima fin de semana para o ACB Costa da Morte, as boas novas chegan dende Carballo.
Disputaron un dos encontros aprazados tralo parón de Nadal as bravas carballesas do Basket Xiria Vázquez y Reino, e sumaron unha vitoria contundente que as confirma entre os 3 equipos que pelexarán polo ascenso á 1ª Autonómica, no seu primeiro ano de historia no baloncesto feminino galego. Unha vitoria que ademais adicaron a Carmen Castro, mancada nun xeonllo.
Pola súa parte, os mozos do Xiria caeron con rotunidade ante o líder. Agora, toca remar moito para meterse entre os 4 primeiros. Quedaban 3 pasos para meterse na fase á EBA, agora quedan dúas ocasións para non perder ese histórico tren.
2ª División Autonómica Feminina
- Resultado: Vázquez y Reino - ADB Fontiñas (60-24).
- Vázquez y Reino EBX: Laura (14), Iria, Silvia (14), Sara (4), Limeres (9), Cris, Estela, Irene (9), Alba (4), Andrea Pombo (2) e Lucía (2)
Dende o primeiro minuto a calidade das bergantiñás foi determinante. Ademais, estiveron agresivas en defensa e rápidas nas contras meténdose xa ao descanso con 18 puntos de vantaxe. A segunda metade foi un paseo.
1ª División Autonómica Masculina
- Resultado: B. Culleredo - Calvo Basket Xiria (76-43).
- Basket Xiria: Anxo, Arguelles, Peli (8), Manu (9), Roi (2), Fran, Tato (13), Luís (6) e Moreira (5).
- Parciais: 22-18; 13-8; 24-9; 17-8.
Nada puidero facer os carballeses ante o poderío físico do líder da táboa. Derrota contundente do Calvo Basket Xiria ante Culleredo,líder da clasificación e que na tarde do sabado pasou por encima dos carballeses. Un gran traballo defensivo dos locais deixaba aos conserveiros cunha triste bagaxe anotadora, onde só Tato mantiña o tipo, mentres Peli era ben defendido.
Na segunda, o cadro local escapou aínda máis, nun choque no que a arbitraxe nada gustou aos costeiros.
Familia Artai
Liga Galega Cadete Masculino
- Resultado: CB ARTAI - COB OURENSE (54-55)
- PARCIAIS: 13-24 10-7 12-11 19-13.
- C.B. ARTAI: Marco (2), Javi Santiago (2), José (7), Samu, Julio (2), Pablo, Nión (10), Manu (9), Carlos (18), Diego e Mario (2).
Último partido da primeira volta para os mozos do cole que se enfrontaban a un dos seus rivais directos para pechar unha primeira volta para esquecer, primeiro pola pasividade dos mozos do cole e máis tarde pola mala sorte unha vez subiron a intensidade nos entrenos e empezouse a competir.
Tardaron en entrar no partido, pero a partir do segundo cuarto comezou a carburar o cadro escolar. Un último cuarto brillante pon aos do cole un arriba a falta de segundos, pero na seguinte xogada, o mal virus do rebote defensivo, tras un tiro dos de COB, os do cole non son capaces de facerse co balón e Orense anota de rebote de ataque. Os do cole dispoñen dunha última xogada, pero o balón non quixo entrar tras un bo ataque dos cadetes e a vitoria foise para terras ourensás.
Deben mellorar os do cole no rebote defensivo, o tiro libre e as perdas de balón, fallos demasiado graves que hoxe nos custaron un partido que merecía quedarse en casa. A destacar a defensa local, o gran número de detalles vistos hoxe fíxonos pelexar ata o final.
Liga Galega Infantil Masculino, 2ª Fase, xornada 1
- Resultado: CENOR OBRADOIRO - CB ARTAI (79-53).
- Parciais: 20-8; 42-27; 60-38; 79-53.
- CB ARTAI: Dani Castro (4), Borja Ríos (23), Antón González (13), Damián (7) e Jano (8)
Primeira xornada correspondente á segunda fase e na que os oito equipo encadrados neste grupo pelexarán polas dúas primeiras prazas, que son as únicas que evitan o descenso de categoría. Meritorio partido dos carballeses pese a caer derrotados por 26 puntos ante o Obradoiro e é que o técnico carballés, por diversos motivos, só puido contar con seis xogadores no desprazamento.
Automóviles Dimolk patrocina as crónicas do baloncestoMáis información
Novas relacionadas
- A 3 pasos da Fase de Ascenso á Liga EBA.
- Líder Xiria.
- Sol polo Norte e frío polo Sur.
- Un debut de Peli.
- O Basket ponse de negro contra a violencia de xénero.
- Basket: Carballo vence á Coruña.
- As Junior do Peugeot Dimolk Basket Xiria únense ao Mannequin Challenge.
- O Vázquez y Reino tamén sabe gañar fóra da casa.
- Xornada de derrotas para o basket costeiro.
- Arrincou a tempada para Xiria, coa gran estrea do Sénior Feminino, Artai e ACB.
- Carballo vístese de verde Xiria.
- O Basket Xiria quere afianzar a súa canteira pontecesá.
- O equipos do Basket Xiria póñense en marcha.
- A creación do primeiro equipo sénior feminino é unha chulada para o Carballo Basket”.
- 10 anos para un Basket Xiria que segue medrando.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).