Basket: O Xiria volve meterse na loita pola EBA
06:08 27/02/18

Este ano si pode ser. Son boas as sensacións no Basket Xiria neste comezo da fase de ascenso á Liga EBA. Caía na primeira xornada pero nesa segunda recuperaba a senda da vitoria nun choque ante o Tui, nun ateigado Vila de Noia, onde os afeccionados ademais continuaron coa súa colección de cromos.
Na 3ª Galega, derrota clara do ACB que segue sen atopar a senda do triunfo, e derrota apretada do Artai en Laracha. Este domingo, no pabellón Vila de Noia de Carballo, derbi entre Artai e ACB.
Familia Xiria
Fase de Ascenso á Liga EBA, xornada 2
- Resultado: Calvo Basket Xiria - CB Tui Seta (78-73).
- Basket Xiria: Javi (2), Jorge Guillamet (4), Peli Esmorís (30), Manu Rey (8), Luis Gómez (9), Pablo Moreira (16), Rubén Cristóbal (2), Roi (5), Fran (2).
Familia ACB
3ª División Sénior Masculino, xornada 15
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE - FUNDACIÓN CULLEREDO (36-60)
Familia Artai
3ª División Sénior Masculino, xornada 15
- Resultado: C.B. LARACHA M3 - CB CALVO ARTAI (72-70)
- Parciais: 19-11, 9-22, 20-21, 24-16
- CALVO ARTAI.: Jaime Sueiro (14), Abrahan Parcero(17), Alesandro Pérez (11), Fernando Mariño (10), Sergio Cebral (14), Dani Otero, Andrés Puente (4). Pedro Trigo, Adrian.
Choque do Artai en Laracha
Emocionante partido disputado entre o CB Laracha e o CB Artai nun derbi local de dous equipos de altísimo nivel. Gran afluencia de afeccionados de ambos equipos nas gradas, coñecedores de que se ía a ver un gran partido xa que estaba en xogo de xeito anticipado o posible acceso á fase de ascenso cando aínda quedaban catro xornadas para finalizar a segunda volta da competición./p>
Empezou o partido o equipo local moi centrado e metido no xogo, que unido ás numerosas imprecisiones do equipo carballés nos pases, propiciou que os primeiros dez minutos terminasen cun resultado de 19-11.
Púxose as pilas no segundo cuarto o CB Artai, e cunha gran defensa unida a rápidos ataques liderados pola súa base Fernando Mariño e Alesandro endosaron un contundente parcial de 9 a 22 que permitiu irse ao descanso ao equipo visitante cunha vantaxe de cinco puntos: 28-33.
O terceiro cuarto caracterizouse pola súa gran dureza física, na que cada canastra custaba sangue, suor e bágoas ata nalgúns momentos, debido á incrible intensidade que se chegou a percibir en moitas accións do xogo. Foi un cuarto longo, caracterizado por un gran número de lanzamentos de tiros libres e por un esquema de xogo non moi definido por ambos equipos pero que permitiu anotar 20 puntos aos locais e 21 aos visitantes, chegando ao último cuarto cun resultado de 48 a 54. Resultado engañoso, xa que nos inicios, o equipo carballés chegou a liderar o encontro por 15 puntos de vantaxe, pero que aos poucos foron diluíndose ata o resultado antes sinalado.
Comezou o último cuarto cos dous quintetos fortes de ambos equipos en pista, dispostos a batallar ata o útlimo segundo para conseguir a vitoria. As canastras fóronse intercambiando por ambos equipos de forma máis ou menos fluída aínda que o Artai sempre lideraba o marcador, ata que faltando dous minutos para finalizar o encontro, a presión exercida polo equipo de Javier Cotelo tras canastra anotada, deu os seus froitos e provocou varias perdidas de balón que colocaban ao Laracha cinco puntos por encima.
Parecía xa todo perdido para o CB Artai, pero con 55 segundos para o final, un gran triplo de Alesandro colocaba o marcador con só dous puntos de vantaxe para os locais.
Tralo tempo morto solicitado polo Laracha, volveuse ao terreo de xogo, non conseguindo anotar os laracheses e tendo oportunidade o equipo carballés de empatar o partido, pero erró no seu ataque, e xa pouco máis se puido facer.
Cadete Masculino
Boas novas na base escolar. O equipo cadete masculino xogará a fase de ascenso a liga galega tras finalizar a primeira fase da competición como líder do seu grupo con pleno de vitorias, catorce de catorce. Do grupo das carballeses tamén pasou o Ferrol CB (doce vitorias e dúas derrotas), do primeiro grupo pasa Escravas da Coruña, invicto, como os carballeses e do terceiro dos grupos pasa o KFC Culle de Culleredo, cunha derrota na liga. Os catro equipos xogarán unha liguilla a dobre volta, é dicir, un total de seis partidos no que os dous primeiros xogarán a fase definitiva co resto dos grupos de Galicia. A fase empezará o fin de semana do 10 de marzo e o calendario da mesma coñecerase esta semana.Crónicas da tempada
- O Basket Xiria métese na Fase de Ascenso á Liga EBA.
- Pechando o ano con alegrías e decepcións.
- Pensando no Nadal.
- Derbi costeiro con acento carballés.
- Xornada de derbis de base.
- A canteira toma o protagonismo.
- Da boa saúde do baloncesto carballés.
- Mans de manteiga.
- O debut histórico do Artai Sénior centra a atención da xornada do basket costeiro.
Novas relacionadas
- Setembro 17: Ferroatlántica retira o seu apoio ás entidades deportivas.
- Xuño 2017: Iván Villaverde estrease a vindeira tempada como entrenador do primeiro equipo do Calvo Basket Xiria.
- Maio 17: O Vázquez y Reino métese na Fase de Ascenso no ano da súa estrea.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).