Basket: Pechando un ano de alegrías e decepcións

Rematou o ano e toca facer balance, con diferentes perspectivas deportivas dende Cee que dende Carballo. Por Cee pechan os Sénior do ACB este comezo de campaña sen coñecer a vitoria tras 9 partidos. As baixas levan condicionando moito aos ceeses dende comezo de tempada, pero a melloría vaise notando e pouco a pouco irán chegando as vitorias.
Tamén na 3ª División, pola contra, o Calvo Artai remata o ano no máis alto da táboa, con 7 vitorias e unha soa derrota, que os manteen de lñideres empatados cos veciños do Laracha.
Un par de chanzos máis arriba, o Calvo Basket Xiria remata o curso na 2ª posición, a 1 só punto do líder, o Castelo de San Felipe, e empatado co Cambre e Noia, nun alto da táboa tremendamente igualado. Precisamente os carballeses vencían en Noia para rematar o ano con bo sabor de boca.
1ª División Autonómica, xornada 10
- Resultado: Pavimentos Noia - Calvo Basket Xiria (56-68)
- Calvo Basket: Fer Mariño (4), Guillamet (3,1t), Esmorís (16, 1t), Manu (9, 3t), Roi, Cebral (5), Fran Cristóbal (8, 2t), Martín Vidal (2); Luis Gómez (6), Rubén Cristóbal, Pablo Moreira (15, 1t).

Partido importante para pechar o ano, e notaron os nervos ao comezo os dous equipos, errando moito no tiro. No segundo período marchou por diante o Calvo, aproveitando os rebotes de ataque. Melloraba o Noia nas transicións ofensivas e se volvía meter no partido mesmo impoñendo o seu ritmo, pero na segunda parte volveuse errático, o que aproveitou o Calvo para marcar o partido dende dentro. Esmorís volveu ser o xogador determinante ao dominar a pintura en ataque e defensa.
2ª Div. Autonómica Feminina
- Resultado: Vázquez y Reino Xiria - CB Culleredo (52-72)
- Vázquez y Reino: Íria (4), Ana Aldao, Absa (1), Ana Grille (2), Silvia (11), Sara (12), María (11), Estela (2), Irene (5) e Andy (8)

A pesar de xogar unha das mellores primeiras metades da temporada, o equipo carballés acabou perdendo a intensidade e concentración e as veteranas do Culleredo, cun 3 triplas no inicio do último cuarto, acabaron sentenciando. Queda o sabor agridulce de deixar o traballo a medio facer.
Os e as Junior caían nos seus partidos pero continúan a súa melloría.3ª División Sénior, Grupo Coruña B, xornada 9
- Resultado: XERION - C.B. CALVO ARTAI: (48-67)
- PARCIAIS POR CUARTO: 8-21, 18-11,, 16-25, 6-10.
- C.B. ARTAI (21+11+25+10) : Jaime Sueiro (8), Marcos Guiance, Abrahan (7), Fer Mariño (19), Sergio Cebral (15), Adrian Rey (2), Bruno Calviño, (14), Samuel (2), Iván Cancela, Dani Otero, Andrés Puente.

O primeiro cuarto foi un vendaval ofensivo por parte do Artai, que culminaba gran parte dous seus ataques con entradas sinxelas propiciadas pola forte defensa de Fer Mariño. O segundo cuarto foi totalmente distinto, conseguindo ou Artai só anotar catro puntos nos ultimos cinco minutos do periodo, e cun Xerión que pouco a pouco se ía metendo non partido grazas ou seu xogo interior e veteranía.
Mellorou no terceiro período o Artai, que acabou sentenciando no último cuarto gracias a unha lesión do base local.
3ª División Sénior, Grupo Coruña B, xornada 9
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE - FUCOBET (42-73)
- ACB: Manu (6); Deril (17); Alfredo; Tinín (4); Fabián (5); Anxo; Sergio (3); Fran (2); José (5).
Bo partido dos ceeses a pesares do que reflexa o marcador, xa que se ben, o líder invicto, Fucobet se presentaba só con seis xogadores, o seu bo xogo, acerto e capacidade, non respondía a cantos xogadores tiñan. Os costeiros xogaron unha boa primeira parte e un sólido tercer cuarto, onde o intercambio de canastras foi continuo e mostrando un xogo case excelente e acerto no primeiro cuarto. Co pasar do tempo, e entrados no derradeiro período co partido aínda aberto, Fucobet consegue anotar dúas triplas case consecutivas e dous canastras debaixo do aro grazas a un bo xogo entre pívots, e os locais comezan a ver unha tarefa imposible, onde os nervios os fan caer nos erros de sempre, deixando de mover o balón e buscando accións máis individuais. Salientar o traballo de todos nos tres primeiros períodos onde se lle plantou cara ao máximo favorito.
Junior Masculino
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE - BASQUET CORUÑA U17/18 (51-50).
- ACB: Fran (21); Luci (8); Jorge (6); Anxo (12); Dani (4); Lois (7); Jesús; Xabi (4); Iván (6)
Regular partido onde o mellor foi a vitoria, que chegou nun agónico final. Durante o partido, intercambio de canastras por parte de ambos conxuntos propiciado polo atascado xogo en ataque ceense, onde primaban as individualidades de cada un e numerosos erros, e na defensa, onse estiveron moi blandos no 1x1 e unhas axudas moi tardias ou incluso inexistentes. Así e todo, cando faltaba menos dun minuto, o partido, case sentenciado con 5 puntos debaixo do marcador e dous tiros para os coruñeses, despertou as ansias dos ceenses, que tras fallar o rival e conseguer rápido o balón conseguian porse un punto por debaixo e dous tiros libres a favor, que Jorge converte. Despois, outra boa defensa, e os ceenses manteñen o balón para asegurar a vitoria.
No resto da base, derrotas das e dos infantís na Coruña ante Calasancias e Dominicos, respectivamente, mentres que os cadetes caían no derbi tante o Artai con contundencia.
Crónicas da tempada
- Pensando no Nadal.
- Derbi costeiro con acento carballés.
- Xornada de derbis de base.
- A canteira toma o protagonismo.
- Da boa saúde do baloncesto carballés.
- Mans de manteiga.
- O debut histórico do Artai Sénior centra a atención da xornada do basket costeiro.
Novas relacionadas
- Setembro 17: Ferroatlántica retira o seu apoio ás entidades deportivas.
- Xuño 2017: Iván Villaverde estrease a vindeira tempada como entrenador do primeiro equipo do Calvo Basket Xiria.
- Maio 17: O Vázquez y Reino métese na Fase de Ascenso no ano da súa estrea.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).