Basket: Sol polo Norte e frío polo Sur

08:34 13/12/16
Se por Carballo a xornada foi máis que positiva, por Cee contaron partidos por derrotas.
O banco do ACB nun partido anterior
Novamente dúas caras moi distintas as ofrecidas polo equipo no mañá do domingo. A pesares de saír dubitativos en ataque sen ter moi claras as ideas, atopan boas opcións, a meirande parte de Deril, moi activo neste primeiro cuarto, cargándose o equipo as espaldas en ataque, se ben, o poderío do seu xogador nº 46 “Gorri” facía que os balóns interiores fosen moi difíciles de atopar, e cando se pasaban, este sempre estaba para cortar o balón, provocando perdas de balón. Moi boa defensa, que se ben encaixou 17 puntos, consegue cerrar ben a zona, facendo un gran traballo e vendo os resultados do adestrado na semana, conseguían parar o potente xogo interior. 08-17 neste período.
O segundo cuarto, mantense a forte defensa, onde se segue sen conceder nin un centímetro na zona para que os seus interiores non recibisen cómodos. Sumamos que agora as opcións en ataque se ven con máis claridade, atopando tiros liberados de tres puntos, e un par de contraataques fan que nos vaiamos mandando no luminoso por 31-30 ao descanso, grazas, en gran medida ao acerto e velocidade de Adrián. Despois do descanso a imaxe cambio de maneira radical. Despois de que Bristol Tigers anote una canastra e dúas triplas, e vernos novamente por debaixo, os xogadores comezan a tomar accións precipitadas, tirando ou penetrando ao primeiro ou segundo pase, ademais, a defensa, se ben segue a ser agresiva, comeza a notar o esforzo, concedendo moitos tiros abertos sen oposición. Neste cuarto o parcial é de 02-19, dous puntos que son dous tiros libres a falta de 18.6 segundos para o final, polo que o equipo costeiro pasou nove minutos sen anotar. Cos ánimos baixos, vendo como se estaba a estragar o traballo feito, Bristol Tigers segue a anotar no derradeiro período con facilidade, se ben, o C.E.Cume consegue anotar algo máis, pero as sensacións eran que 16 puntos era moito para remontar contra un equipo tan enchufado en defensa como o visitante.
O club ceense quere dar as grazas á numerosa afección que se desprazou a alentar ao equipo e que anima sexa cal sexa o resultado.
A Base ACB
Pleno de derrotas para os equipos de base. Os cadetes caíaron con rotundidade ante o Basquet Coruña por (34-82), no que a terceira falta do seu único home alto, Fran, fixo moi dano.
As Cadetes prantaron máis oposición ás do Culleredo O Burgo, pero acabaron sucumbindo por (25-36). Estiveron mellor no segundo tempo, e gracias ao acerto de Lara, con 17 puntos, estiveron no partido ata o final, deixando sensacións contraditorias nas xogadoras.
Xa en Infantís, os rapaces do Ferroatlántica ACB Verde sufrían a súa primeira derrota do curso ante o Cambre, nun partido decidido dende o primeiro cuarto e no que os 21 puntos de Ramiro non impediron a derrota.
Pola súa banda os mozos do Ferroatlántica infantil caían por unha canasta en Arteixo (44-42). Alex tivo o empate pero non acertou, deixando igualmente grandes sensacións no equipo. Ademais, as pequenas infantís tamén caían en Culleredo, ante un rival dos de arrriba.
Carlos, cadete do Artai
Liga Galega Cadete, masculino, x.6
Partidazo dos de Arturo Ferraces na casa ante máis de 200 espectadores para derrotar a todo un Obradoiro. Se o primeiro cuarto foi para os locais, os santiagueses daban a volta ao marcador antes do descanso. As aportacións de Peli, xa peza fundamental no equipo dende a súa chegada, Manu Rey e Anxo Estanis, foron calves para acabar acadando a vitoria.
Os carbaleses mantéñense na 5ª praza tras 7 xornadas, pero a só unha vitoria dos líderes. Aquí quedan dúas boas mostras do baloncesto carballés:
[fbvideo link="https://www.facebook.com/carballobasket.xiria/videos/1495520993798900/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]
[fbvideo link="https://www.facebook.com/carballobasket.xiria/videos/1495521090465557/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]
2ª División Autonómica Feminina, x.8
Familia ACB
3ª Autonómica Masculina- Resultado: C.E. Cume Costa da Morte – Bristol Tigers (45-66).
- Anotadores: Manu (7, 1T); Deril (12); Cristian M.; Iván (3, 1T); José – cinco inicial – Luci (5); Christian V.; Tinín; Sergio (2) e Adrián (16, 2T)

Familia Artai

- Resultado: C.B. ARTAI - PORIÑO BB (57-60)
- Parciais: 9-11; 23-25; 38-37; 57-60.
- C.B. ARTAI (9 14 15 19): Marco, Javi Santiago (17), Samu, Xullo (15), Pablo, Nión (11), Manu , Carlos (7), Iago (2) e Diego.
Familia Xiria
1ª División Autonómica Masculino, x.7- Resultado: Basket Xiria - Obradoiro (70-66)
- Calvo Xiria (70, 22 + 14 + 13 + 21): Javi Argüelles (4), Guillamet (2), Manu Rey (26, 7t), Luis Gómez, Peli (16) -inicial- Héctor (9, 1t), Roi, Anxo Estanis (9), Fran Cristóbal (3, 1t), Pablo Moreira (2).

- Resultado: ADFRO - Vázquez y Reino (24-88).
- Vázquez y Reino : Laura 12, Iria 12, Ana 9, Silvia 14, Sara 7, Limeres 7, Cris 2, Estela 8, Irene 6, Mato 4, Pombo 5 e Lucía 2.

Máis información
Novas relacionadas
- Un debut de Peli.
- O Basket ponse de negro contra a violencia de xénero.
- Basket: Carballo vence á Coruña.
- As Junior do Peugeot Dimolk Basket Xiria únense ao Mannequin Challenge.
- O Vázquez y Reino tamén sabe gañar fóra da casa.
- Xornada de derrotas para o basket costeiro.
- Arrincou a tempada para Xiria, coa gran estrea do Sénior Feminino, Artai e ACB.
- Carballo vístese de verde Xiria.
- O Basket Xiria quere afianzar a súa canteira pontecesá.
- O equipos do Basket Xiria póñense en marcha.
- A creación do primeiro equipo sénior feminino é unha chulada para o Carballo Basket”.
- 10 anos para un Basket Xiria que segue medrando.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).