venres. 02.05.2025
El tiempo

Basket: Xornada de derbis de base

Basket: Xornada de derbis de base
Imaxe do derbi comarcal de cadetes en Calvo Xiria e ACB Costa da Morte Imaxe do derbi comarcal de cadetes en Calvo Xiria e ACB Costa da Morte

Xornada completa para a familia do baloncesto costeiro, cos focos de atención postos en Cee e Carballo, coma sempre.

Familia ACB

Sénior Masculino

  • Resultado: C.E. CUME COSTA DA MORTE - BASQUET CORUÑA SENIOR (59-66)
  • CUME: MANU (6); Deril (18); Luci (5); Alfredo (1); Tinín (10) -cinco inicial- Fabián (12) Anxo (3); Sergio (4).

Nova derrota dos ceeses, aínda que con mellores sensacións que nos derradeiros partidos. Non comezaron ben os costeiros, incómodos en ataque sen atopar a solucións idóneas, pero mantendo unha boa defensa que impetía aos herculinos marcharse no marcador.

Na segunda metade viuse a cara que deben ofrecer o C.E. Cume Costa da Morte para acadar unha pronta vitoria. Boa toma de decisións, e sobretodo, 4-5 pases antes de buscar unha opción de tiro ou de penetración. A defensa non foi tan rocosa, xa que o desgaste en ataque tamén foi maior pero se conseguiu ganar o parcial da segunda metade por 41-37. Este é o camiño a seguir.

Junior Masculino

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE - CB CAMBRE (56-40)
  • ACB: Fran (7); Luci (19); Jorge (9); Anxo (7); Dani (10); Lois (2); Jesús (2)

Bo partido dos costeiros que acadaron a segunda vitoria da tempada. Comezaron a un nivel moi alto, chegando dende o saque de fondo ata conseguir canastra sen botar o balón, con rápidas transicións, mais despois dun tempo morto do adestrador cambrés acercáronse no marcador. O segundo cuarto continuou cunha tónica similar, mais agora os locais comezaron a abusar do bote e do 1x1, cousa que non os beneficiaba, ainda que sempre por diante no marcador. A segunda parte, foi un calco da primeira, cun terceiro periodo moi igualado, e o derradeiro, cunha defensa aínda máis intensa, roubando balóns e chagando a fáciles contraataques ampliaron máis aínda a vantaxe.

 

Familia Xiria

Sénior Masculino

  • Resultado: Calvo Xiria - BBCA San Felipe (61-74)
  • Calvo: Javi, Guillamet (5), Peli (26), Manu (10), Roi, Fran (4), Sergio Cebral, Luis (2), Moreira (14), Rubén Cristóbal.
O Sénior masculino do Calvo celebrou o 25N

Partido do 25N marcado pola actuación arbitral. Clave foi o segundo cuarto, cando s ferroláns marcharon con 10 de vantaxe ante uns carballeses que non atopaban a canasta, ante unha defensa moi dura.
Recurtaron na segunda os verdes e conseguían empatar, e cando mellor estaba, unha expulsión, e varias triplas visitantes sentenciardon o choque, sen tempo para reaccionar no último cuarto.

Familia Artai

Comentarios