Xoves. 24.10.2019
El tiempo

Basti e Makaay, Insua e Bugy, pichichis e Zamoras das Ligas da Costa

Basti e Makaay, Insua e Bugy, pichichis e Zamoras das Ligas da Costa
Basti e Makaay, Anxo e Bugy, pichichis e Zamoras das Ligas da Costa

Xa estamos na recta final da tempada e comezamos os preparativos para a III Gala do Fútbol da Costa-QPC. En breve teredes novas sobre ela, pero polo de pronto imos reservando trofeos para algúns dos mellores do curso. Co capitán do barco fisterrán tamén recollerán, seguro, un premio Noé e Geiko, os premios Zamora e Pichichi da 3ª da Costa. E tamén o farán outras estrellas do noso fútbol.

Marea de goles na Liga da Costa

Moitos anos había que alguén chegaba a esta cifra de goles na Liga da Costa. “Na Liga da Costa meto 40 goles”, bromeaba ao comezo de temporada cos seus compañeiros, tras deixar o Dumbría de Preferente por motivos laborais. Meu dito, meu feito. 41 goles de Adrián Makaay nesta 2ª Autonómica 2015/2016, que o destacan como máximo goleador do Fútbol da Costa e pichichi da Liga da Costa, por diante de David Blanco, que quedou con 37 goles por mor dunha importuna lesión nas últimas xornadas. Adrián Makaay reempraza a Piti como máximo goleador costeiro.

Basti leva toda a tempada sendo o pichichi da 1ª Autonómica, pero finalmente quedou 2º con 24 goles, 4 por debaixo de Aitor, do Agolada. O soneirán levará o Premio Pichichi da Pref. e 1ª do Fútbol da Costa na #GalaQPC. Un premio que o ano pasado levou Alejo, ao que as lesións lle impediron pelexar polo galardón.
Raúl, do Sofán, quedou con 22 goles, polos 17 de Lucas (Corme) e Piki (Outes).

Os Álex Pombo do Fútbol costeiro

E falando de porteiros, a pelexa na Liga da Costa estivo bregada, entre os tres de arriba. Fisterra, Zas, San Lorenzo e Mazaricos recibiron pouquísimos goles (34, 32, 35 40 respectivamente). O líder alternou os seus porteiros e Norberto e novísimo Ángel repartíronse os partidos case por igual, polo que ningún entra na pelexa. Javi Souto, do San Lorenzo, encaixou 33 goles en outros tantos, unha boa media de 1 gol por partido. Miguel do Mazaricos, encaixou 32 goles en 28 partidos. Pero ollo aos datos de Bugy, porteiro do Zas, que xogou 30 e só recibiu 19 goles, 0,6 goles por partido.
Bugy recibirá o premio ao Porteiro menos Batido da Liga da Costa 15/16, collendo o relevo de Gato.

Saben que o Premio ao Mellor Porteiro da 1ª e Preferente adicámoslle cada ano a Álex Pombo. A nosa pequena homenaxe a ese eterno sorriso do fútbol costeiro.

Na Preferente, aínda pendente das últimas xornadas, Julián (porteiro menos batido co Dumbría hai 2 anos), leva 30 partidos co Xallas e recibiu 34 goles, que non é mala marca, pero xa non chega para alcanzar as cifras dos dous porteiros de 1ª menos batidos.

Así, a 1ª Autonómica, os porteiros do Sofán e Soneira son os únicos que entrarían en loita, pois os goles encaixados polos 4 equipos de abaixo son demasiados. 34 goles recibiu (a SD un dos equipos menos batidos da categoría) dos que 20 goles foron encaixados por David Insua nos 27 partidos que disputou. O Soneira recibiu 39 goles na tempada, e Anxo, que xa gañou o premio o ano pasado, recibiu 26 goles en 25 partidos xogados.

Deste xeito, Insua é o porteiro menos batido da Preferente e 1ª Autonómica, e levará o Premio Alex Pombo na Gala do Fútbol da Costa-QPC.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios