Domingo. 12.05.2024
El tiempo

Beba e Coiro pegan primeiro no Torneo Interparroquial de Nadal de Mazaricos

Beba e Coiro pegan primeiro no Torneo Interparroquial de Nadal de Mazaricos
Coiro foi o Gañador Gr B do Torneo Interparroquial de Nadal de Mazaricos Coiro foi o Gañador Gr B do Torneo Interparroquial de Nadal de Mazaricos

Estupenda expectación no pavillón de Mazaricos para a celebración do I Torneo Interparroquial Futsal Mazaricos deste Nadal 2015. Un torneo armado pola asociación Eu Son Mazaricos, que compaxina a súa actividade ca liga municipal, e que serve para mellorar a convivencia entre parroquianos.

O Torneo conta con 12 equipos separados en 4 grupos. Este pasado sábado tivo lugar a primeira fase de grupos, como se da Champions se tratase. Os grupos A e B se xogaban o pase ás semifinais, quedando finalmente os equipos de Beba e Coiro como primeiros de grupo e clasificados para a Fase Final que se disputará o sábado 9 de xaneiro.

Beba Ganador Grupo A do Torneo de Mz Beba, Gañador do Gr.A

Antes, iso si, o vindeiro sábado 2 de xaneiro, dende as 17:00h, o pavillón da Picota acollerá a Fase dos grupos C e D coa participación dos equipos de Albores, Maroñas, Corzón, Colúns, Mazaricos B e Chacín A.

Torneo Interparroquial de Nadal de Mazaricos 2015

Novas relacionadas

As táboas en www.futboldacosta.com

 

Fonte

Comentarios