xoves. 13.02.2025
El tiempo

Bm: Boas sensacións, malos resultados

Bm: Boas sensacións, malos resultados
Calvo Xiria contra o Lavadores-Foto-Raul Lopez Diario bergantinos Calvo Xiria contra o Lavadores-Foto-Raul Lopez Diario Bergantiños

Despois do ilusionante comezo de tempada fóra da casa, Bm. Camariñas e Calvo Xiria voltaban ás súas pistas para amosarse diante dos seus afeccionados. E o fixeron con boas sensacións pero sen bos resultados, pois se o Bm. Camariñas caía na súa estrea no Areal, ao Calvo Xiria se lle escapaba un puntiño no Vila de Noia.

1ª Estatal, xornada 2

  • Resultado: Bm. Camariñas - Unión Financiera Oviedo (31-36)
    • Bm. Camariñas (31: 14 +17): Alejandro (1), Felix, Alan (3), Fary (5), Eusebio (9), Fran (3), Antelo (4), Xabi (6). Taménn xogaron: Parga, Héctor.
    • Parciais: 14-16 ao descanso.

    150 persoas no Areal para demostrar que os Boya Blues son a mellor afección da categoría e arroupar aos seus nunha nova temporada. O rival ovetense amosou moi boas táboas e soubo manexar o partido ante un cadro de Moncho Canosa que chegaba con ddúas baixas non centro defensivo polo que houbo que improvisar un novo especialista nesa faceta. Así e todo comezaba funcionando o sistema defensivo mentres que o gran xogo ofestivo permitíalles chegar aos locais ao ecuador da 1ª metade con 10-8 a favor. A lesión de Alan (ocupaba o centro da defensa) fixo ter que recompoñer todo o entramado e o Oviedo aproveitou para irse 14-16 ao descanso.

    Na 2ª metade o equipo tirou de orgullo e bo xogo en ataque para estar sempre non partido empatando o encontro en numerosas ocasións, pero a mala defensa, a pesar da boa actuación dos porteiros, permitía demasiados goles.

    A falta de homes de refresco fixo chegar moi fundidos aos conserveiros aos últimos 5 minutos onde Oviedo abriu definitivamente o marcador para levarse vos 2 puntos. En todo caso, nada que reprocharlles aos camariñáns que o deron todo, cun gran xogo e mellor actitude, polo que nas vindeiras xornadas o equipo irá a máis a medida que recuperen xogadores.

    Próximo partido en Lalín (sábado 18.30h) ante un rival que está en "outra liga”, dos de arriba.

    1ª Estatal, xorada 2

    • Resultado: Calvo Xiria - Construcciones Castro Lavadores (27-27)
    • Calvo Xiria: 27 (13+14). Iago Gómez ( p), Antonio Mato ( p), Carlos Vilanova (4), Gabriel Castiñeiras, Cuco (1), Julián López, Brais Puñal, Pablo Igrexas (3), Chimpo (7), Carlos García (2), Enrique Pena (1), Juan Carlos Rodríguez (1), Manuel Méndez (6), Jorge Bouzas (1), Afastando Calvete, Iván Amarelle (1).
    • Parciais cada 5´: 1-1 / 3-2/ 7-5/ 10-8/ 12-10/ 13-13/Descanso/17-15/ 20-18/ 23-18/ 23-20/ 24-24/ 27-27. Final.

    Un punto escapóuselle ao Xiria no último suspiro ante un dos favoritos a alzarse co título ligueiro. Outro choque directo que chega demasiado pronto, pero que os carballeses saldan cun empate e unha vitoria. Os dous equipos demostraron que efectivamente van estar aí arriba, e brindaron aos afeccionados cun partido vibrante, moi tenso, pero sen demasiada calidade.

    Os carballeses sempre foron un paso por diante, se ben ao descanso se chegaría con empate. A segunda comezaba cos bergantiñáns como un vendaval, collendo vantaxes de ata 5 goles, gracias ás recuperacións en defensa. Parecía o choque sentenciado ata faltando 12 minutos os verdinegros sufrían 3 exclusións, tendo que rematar o partido cun home menos.

    Veuse arriba o Lavadores, que se colocaba un abaixo faltando medio minuto. Colleu balón Pablo, só había que aguantar a posesión, pero os colexiados pitáronlle pasos permitindo unha última posesión, de 10 segundos aos olívicos. Non a desaproveitaron e marcaron o empate final.

    O Calvo Xiria volve xogar na casa o sábado que vén ás 20:0h ante o Luceros de Cangas.

    Novas relacionadas

    https://quepasanacosta.gal/bm-camarinas-e-xiria-estreanse-na-casa-despois-dun-comezo-de-curso-ilusionante/

Comentarios