Venres. 26.04.2024
El tiempo

Bm: Pensando nas probas de final de ano

Bm: Pensando nas probas de final de ano
Choque do Balonman Xallas O Balonmán Xallas confirma o seu bo arranque de temporada

Tiña esperanzas a expedición camariñá de sacar algo positivo do desprazamento a Xixón. pero desde o inicio se viron superados por un cadro local máis enchufado e con máis chispa, se cadra pola longa viaxe e polas importantes baixas que levaba Moncho Canosa (Alan e Fanián). Unha nova derrota que deixa aos camariñáns na zona baixa da clasificación da 1ª Estatal, pero en todo caso , o cadro camariñán pensa xa nos vindeiros 4 encontros ante rivais directos nos que se xogarán as súas opcións de salvar a categoría (Chapela na casa, visita ao Octavio, e despois do nadal recibirán no Areal a Rasoeiro e Bueu).

Por arriba o Calvo mantense no máis alto da táboa despois de vencer ao Academia Octavio nun duelo completamente desigual. Os carballeses sumaron ademais goles para manter a súa loita polo liderato.

Ademais, en 2ª Autonómica, o Bm. Xallas recuperaba a senda da vitoria e a falta da próxima xornada contra o Ribeiro, os xalleiros poderían irse ás vacacións de nadal no primeiro posto da clasificación, o que viría confirmar o bo inicio e as aspiracións existentes.

 

1ª Estatal, xornada 12

  • Resultado: Procoaf Gijón - Bm Camariñas (32-18)

O equipo intentouno pero víase que lle faltaba unha velocidade para este partido, e cando tivo opcións de meterse nel non estivo afortunado de cara a gol. Moitas rotacións cara o final do encontro para dar minutos aos xuvenís que fixo inflar o resultado.

 

1ª Estatal, xornada 12

  • Resultado: Academia Octavio - Calvo Xiria (23-38)

Partido sen historia en Vigo, que comezaba cun claro 2-10 para os verdes. Ao descanso, a pesar de varios minutos de relaxación carballesa, marchaban con 5 de vantaxe. Na segunda, con media intensidade, o equipo solventou o choque e sumou bos goles.

 

2ª División Autonómica

  • Resultado: Xallas - Ferrolterra (36-18)
Partido sen historia o visto no Pabellón de Traba, lugar ao que houbo que trasladarse tralos problemas de condensación que albergaba a pista de Fontenla. Pronto rompeu o partido o Balonmano Xallas, que se refixo da súa derrota fai unha semana na cancha do CB. Tui, pagando neste caso o Ferrolterra os pratos rotos. Contraataques directos así como as transicións rápidas dos locais non deron opción aos ferrolanos, que así mesmo viaxaban con numerosas baixas e non lograron manter o ritmo de partido.

Campamento Xiria de Nadal

O vindeiro 24 de decembro bota a andar o primeiro Campamento de Nadal organizado polas Escolas de Balonmán Xiria coa colaboración de Playmakers. A conciliación familiar faise á miúdo complicada nestas datas, por iso é que apostamos por ofertar esta alternativa de ocio, deporte e cultura para os máis pequenos. Deste xeito, os nenos poderan desfrutar dobremente das súas vacacións de Nadal.

Máis información

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/bm-xiria-e-camarinas-vencen-arroupados-polas-suas-afeccions/ “Bm: O verde púxose en negro” — Que pasa na costa

Comentarios