Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Bm: Xiria e Boya preparan o derbi cun Xallas xa en competición

Bm: Xiria e Boya preparan o derbi cun Xallas xa en competición
Completa xornada do balonmán costeiro coa incoporación á competición do Bm. Xallas e tamén os partidos dos equipos de base. Despois da súa presentación en sociedade, o Bm. Camariñas daba a cara na súa viaxe a Lalín ante un dos favoritos ao título, pero foi suficiente para volver con algún punto na saca. Este venres hai o primeiro derbi da tempada entre Bm. Camariñas e Bm. Xiria, este venres 12 ás 18:30 no Areal camariñán. Ademais, o Bm. Xallas abría a competición cun importante encontro ante o Narón, tralo que a valiosa vitória sérvelle para estar na Final Four de maio. Bo partido do Bm xallas Bo triunfo do Bm Xallas

1ª Estatal, xornada 3

  • Resultado: Embutidos Lalinense - Bm. Camariñas (31-23)
  • Bm. Camarilas: Alejandro (Taller, Félix), Héctor, Fary (8), Eusebio (4), Fran (1), Antelo (4), Xabi. Tamén xogaron: Parga (1), Fabián (5).
Os sénior do Bm. Camariñas durante a presentación oficial Os sénior do Bm. Camariñas durante a presentación oficial Bo inicio do Boya impoñendo o seu ritmo de partido e competindo cara a cara contra un dos favoritos ao título. Ata o minuto 12 que a actuación dos colexiados con 4 accións moi difíciles de entender propiciaron sendos contrataques do conxunto do Deza para irse de 7 no marcador e quitar do partido ao conxunto camariñán. Tardou en volver a asentarse o equipo de Moncho Canosa pero ao descanso a diferencia xa era insalvable. A segunda parte totalmente distinta no plano arbitral cambiando de criterio fixo que ambos equipos competisen en igualdade, e o conxunto camariñán puido reducir a diferenza ata os 5 goles e cun 7 metros a favor errado que puido ter metido ao equipo no partido. O Bm. Encaixe Camariñas O Bm. Encaixe A infantil Carla Vigo, á Selección A infantil Carla Vigo, á Selección Ademais, as encaixeiras da 1ª Autonómica caían na casa ante Nova Xestión Pabellón por 22-32. nun choque no que xogaron Tamara (Ángela), Paula, Marta, Arieta (2), Cristina, Mirian (2), Nerea (2), María (3), Mouna (9), Minia (1), Laura, Águeda (3) e Marta. Foi un bo partido das do Bm. Encaixe pero sen acerto. Tamén estreou campaña o cadro Xuvenil Masculino, que caía na casa ante o Bm. Culleredo. A gran nova da semana do BM Camariña protagonizouna a pequena Carla Vigo que foi convocada para a concentración da selección Galega Infantil Femenina os 13 e 14 de outubro en Mondariz.  

1ª Estatal, xornada 3

  • Resultado: Calvo Xiria - Luceros (25-19)
  • Calvo Xiria: Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (3), Gabriel Castiñeiras (5), Julián López, Brais Puñal (2), Pablo Iglesias (5), Chimpo (2), Enrique Pena (2), Juan Carlos Rodríguez, Manuel Méndez (1), Jorge Bouzas (5), Alejando Calvete, Iván Amarelle.
Non foi rival, por mor das baixas, o filial do Frigoríficos do Morrazo de Asobal, e o Xiria foi meténdose no partido, salvando o ritmo lento imposto polos visitantes e non rompeu o partido anta mediada a segunda metade, cando lle entrou o medo no corpo unha vez que os do Morrazo se metían a 3 goles de distancia. En todo caso, a vitoria nunca perigou.  

2ª Autonómica, xornada 1

  • Resultado: Balonmán Xallas - Balonmán Narón (32-26).
Partido do Bm Xallas Partido disputado de principio a fin no Pavillón de Fontenla onde os dous equipos se estaban a xogar o pase a Final Four de copa que se disputará en maio. Empezou mandando o Balonmán Narón no arranque cun 0-2 inicial ante o nerviosismo local, mais unha pronta resposta dos locales cun parcial de 3-0 puxoos por diante e dominando o partido con pequenas vantaxes. A igualdade manteríase até os últimos 10 minutos de partido, cando un arreón dos locais abría unha distancia de 4 tantos no marcador a favor que obligaba o técnico visitante a solicitar un tempo morto. Con 2 exclusións en contra no mesmo minuto, e una situación de inferioridade 4vs6 durante 2 minutos, os locales temeron o peor, posto que viron reducida a súa vantaxe até 1 tanto, máis unha boa acción de xogo sin balón ante a presión dos visitantes finalizou en gol e frenou a dinámica ascendente do Narón, que finalmente abdicou e acabou levandose unha diferencia de 6 goles que non se había dado antes en todo o partido. O club xalleiro tamén viviu o comezo do cadro xuvenil feminino, que caeu antes as líderes, o Bm. Bueu, por pouco. A pesar do resultado (27-31), partido moi traballado por todas as rapazas que a pesar de estar en cuadro polos numerosos contratempos que están a ter están realizando moi bos partidos e seguro volverán a senda da vitoria. As Xuvenis do Bm Xallas As Xuvenís do Bm Xallas

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-familia-do-bm-camarinas-presenta-o-seu-poderio-social/ https://quepasanacosta.gal/bm-boas-sensacions-malos-resultados/

Comentarios