Boa xornada para pechar o ano para os equipos soneiráns de tenis de mesa
Resultados normais en tenis de mesa na pasada fin de semana para os equipos da comarca de Soneira. Ademais, a fin de semana tivo un foco de atención coa concentración de 2ª femenina, na que as rapazas non gañaron ningún do encontros disputados. Iso si, venceron moitos sets e algún partido individual e dobre. O de gañar é cuestión de tempo.
Resultados 2ª Galega. Grupo Centro. Xornada 10
- Anorthosis Vimianzo - Breogán Oleiros (6-1)
- Concello de Zas Angepón - Oroso Trastes (7-0)
Os equipos de 2ª galega resolveron con amplitude os seus encontros, aínda que o Anorthosis non o tivo tan fácil como aparenta o marcador. Roi empezou perdendo e logo as dúbidas e os nervos afloraron en Miguel e Marce, a pesar de gañar os seus partidos. Pero despois de gañar o dobre volveu a confianza de sempre e resolveron con claridade.
Pola súa banda, o Concello de Zas Angepon non tivo problemas para solventar o seu compromiso. Como dato decir que acabou unha hora antes que o Anorthosis a pesares de empezar xuntos.
Resultados 3ª galega. Grupo Noroeste. Xornada 8
- Concello de Zas P. Tívoli - Panadería Sigüeiro (1-6)
- Concello de Zas O Pinar - IES Virxe do Mar B (1-6)
En 3ª galega nada poideron facer tanto Concello de Zas P. Tivoli como Concello de Zas O Pinar, ante a superioridade dos seus rivais.
Vindeira xornada
Ata o 14 de xaneiro non hai ligas de tenis de mesa. O 7 e 8 de xaneiro Laura e Lorena participaran no galego alevín.
Novas relacionadas
Crónicas de tenis de mesa
- 2 vitorias e 2 derrotas para os equipos costeiros de tenis de mesa.
- O Anorthosis segue sumando e os filiais seguen formándose.
- A deportividade e as vitorias protagonizan a fin de semana do tenis de mesa costeiro.
- Anorthosis e Concello de Zas P. Tívoli suman novas vitorias.
- Case pleno de vitorias na fin de semana de tenis de mesa.
- Sorte dispar nos resultados de tenis de mesa para os equipos da comarca.
- Os equipos de tenis de mesa do Anorthosis mediron as súas forzas.
- O pinpon espállase pola comarca de Soneira.
- O pinpon volveu xuntarse en Zas no Torneo Ponciano Nieto.
- O Angepón consegue o ascenso á 2ª Galega.
- O tenis de mesa afiánzase como unha referencia na comarca de Soneira.
Outras novas
- Os arqueiros de Vimianzo quedan ás portas da Liga Galega.
- Martín Varela tamén gaña en Canadá e EEUU e segue camiño Londres 2012.
- Un día a dúas rodas pola Costa da Morte.
- Doble sesión de tenis de mesa costeiro en Corme e Oroso.
Fonte
- Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.