Cada vez quedan menos prazas para a VI Travesía Illa da Creba

08:19 01/08/18

Restan poucas prazas a día de hoxe xa para a VI Travesía Illa da Creba, que organiza o Club Os Salta Rejos, club ciclista que pretende abarcar seccións de natacións, atletismo e triatlón, para o vindeiro sábado 25 de agosto. Unha cita muradá con varias distancias, sendo a máis solicitada a da de 6.000m, que fai toda a volta á famosa Illa da Creba.
Unha proba apta para todos que lles guste nadar pois hai distancias adecuadas para todos/as e tamén actividades paralelas e unha boa xornada de confraternización ao rematar amenizada con comida e máis sorpresas!.
Poden inscribirse en illadacreba.galitiming.com.