xoves. 05.06.2025
El tiempo

Camariñas acolle a Fase Provincial de Balonmán a 5 de base

Camariñas acolle a Fase Provincial de Balonmán a 5 de base
Fran Puga tecnico de Deportes-Pichurri alcalde de Camarinas e Jose Campana Concelleiro de Deportes Presentacion do campionato coa presencia, de esquerda á dereita de Fran Puga, Técnico de Deportes, o alcalde Pichurri, e Jose Campana, Concelleiro de Deportes

Esta mañá de martes presentábase no Concello de Camariñas o Campionato Provincial de Balonmán 5 para as categorías benxamín e alevín. Unha novidosa competición que fará do Areal o centro do balonmán de base de toda a provincia. A cita será este sábado 20 de maio, en os mellores 20 equipos da Coruña traerán 240 nenos á vila do encaixe.

Dende as 10:00h ata as 19:00h desenvolverase o torneo e os campións das dúas categorías terán praza directa para o Campionato Galego.

Este torneo dispútase por segundo ano consecutivo en Camariñas. Ademais, paralelamente o torneo teran lugar unha serie de actividades no exterior do pavillón para que os nenos. Estarán tamén os membros do equipo sénior, celebrando o exitoso ascenso acadado esta pasada fin de semana e e dando exemplo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios