![MONITOR FUTBOL BASE CAMARIÑAS - 2018 copia]()
Segue esixindo a RFGF que todos os adestradores do fútbol base de Galicia conten con titulación. De aí a necesidade de armar novos cursos para seguir sumando titulados que se poidan facer cargos dos equipos de todas as categorías. Nos dous últimos anos o Colexio de Adestradores xa formou máis de 220 alumnos.
O seguinte curso de Monitor de Fútbol Base que se porá en marcha desenvolverase en Camariñas do 6 de agosto ao 23 de setembro.
As clases terán lugar os luns, martes e mércores de 20.00 a 22.30 horas. Xa poden contactar co Delegado da RFGF na Costa, Manuel Corredoira, no 636 88 42 43.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/camarinas-acollera-un-novo-curso-de-monitor-de-futbol-base/
https://quepasanacosta.gal/20-novos-adestradores-contan-co-titulo-de-monitor-de-futbol-base-tralo-curso-intensivo-de-baio/