Camelle-Corcubión e Nantón-Muxía: Comeza o asalto á Liga da Costa
Tralos ascensos do Laxe emais do Montelouro, queda un mes para coñecer o terceiro equipo da 3ª que se aúpa á Liga da Costa o ano que vén. Un mes intenso, con choques a cara de can, e sen piedade.
Xa temos os horarios para a ida das semis desta Promoción de Ascenso á 2ª Autonómica. O Cadro da Promoción, sempre actualizado en tempo real, está permanentemente en www.copadacosta.com, e xa podemos comprobar que esta fin de semana, o foco de atención estará, o sábado no Rodeiro, e o domingo en Fontiñas.
O sábado, o Camelle recibe a un Corcubión que deixou escapar a ocasión de ascender sen necesidade de enfrontamentos directos. Parten como favoritos os de Emilio Corzón, e a táboa así o demostra, pero a cara de can non hai pasado que valga. O Rodeiro abrirá as portas do ascenso.
Mentres, no campo cabanés das Fontiñas, terá lugar o domingo unha igualada eliminatoria. Se ben o Muxía está nun momento de forma bastante máis positivo que un Nantón que se deixou levar nas útimas semanas, e que ten baixas importantes, o acerto cara gol ditaminará quen leva vantaxe para a volta. Unha eliminatoria con doble enfrontamento en céspede natural, polo que a metereoloxía será clave. Polo de agora, segundo 4gotas, o domingo non dá demasiadas malas previsións para a zona cabanesa, pero si que durante toda a semana caerá bastante auga. Sen embargo, parece que o sábado será pasado por auga en Camelle…
Ollo, para a volta, en caso de empate, non haberá prórroga, directo aos penaltis.
Cartel do Corcubion para a PromocionNovas relacionadas
- Rikísimo ascenso.
- O Laxe é novo equipo da 2ª Autonómica! E o Montelouro… case.
- 6 equipos costeiros poderían perder a categoría polos arrastres.
Máisinformación
- Os cadros da Copa da Costa 2016 en www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).