Camiño da ignición
02:05 03/03/17
Desde xa son menos de dez xornadas as que restan para decidir a Liga da Costa, aínda sen cruces directos esta xornada; na Primeira o Outes terá outra final máis
O San Lorenzo viaxa a Coristanco - Foto: Edu Olveira
Cunha recoñecida marxe de error ínfima, os cinco candidatos a levar a Liga da Costa entran na conta atrás a partires de dez. E o farán aínda sen enfrontamentos directos, con medio balompé da zona velando armas para o seguramente espectacular Ponteceso-Corme. Pero antes haberá varias probas de diferentes dificultade para todos. Segue a tourné norteña do líder, o 'percebe team', que recibe no Cairo a un Laxe colista e igual de necesitado para a outra liga. O efecto proximidade-urxencia pode igualar moito nun choque de estilos con boa pinta. Moi preto, en Buño, o perseguidor Baio tamén terá que lidiar cun rival en loita por sobrevivir e que acostuma a prantexarlle tardes difíciles aos conxuntos da zona noble. A irregularidade oleira é un punto de desconfianza para calquera visitante a Xaviña. Uns poucos kilómetros hacia a nacional costeira, na Rocheira de Coristanco, ao San Lorenzo tócalle adaptarse a un campo desagradable para calquera visitante, cunha proposta de intensidade local que acende as lucas de alarma laranxa. No seu feudo favorito, a casa, recibe o Mazaricos a un Porteño que ven de recuperar o sorriso e varios efectivos importantes, e que a balón directo tamén o pase grande. A viaxe máis longa a terá un Ponteceso que en Louro terá un anfritrión xuguetón, alegre e con gusto polo ataque. Por outra banda, no que á loita pola salvación se refire, o Cee-Baíñas chega co momento de Pablo Muíño coma principal nova, mentres que os dous equipos máis novos da competición, Camariñas e Esteirana, buscarán eludir calquera tipo de problema clasificatorio, acuciante no caso azulgrana.
Tamén baixando dos dez encontros de marxe queda unha Primeira na que a saída do líder Dumbría á Pobra do Caramiñal obriga a atarse os machos e poñer o mono de traballo. A gran final será para o Outes no feudo do Val do Ulla, rival directísimo pola permanencia, co average tamén en xogo. Non terá unha tarde sinxela o Zas en Cordeiro, mentres que o Fisterra recibe ao Villestro, a quen xa venceu no seu feudo. Un peldaño máis arriba, na Preferente, o Xallas invita a soñar coa visita a un candidato ao ascenso como o Estudiantil, mentres que a viaxe longa tócalle a un Sofán que irá a Monforte para medirse a un Lemos tranquilo clasificatoriamente. A papeleta da semana tócalle ao Soneira, que recibe a un Noia líder e que só perdeu dous encontros no que vai de curso.
A conta atrás para o alirón do Muxía en Terceira pasa esta semana polo Volantes de Baño, agora mesmo equipo de promoción. Nantón e Ameixenda protagonizan o partidazo.
PreferenteNorte, xornada 27
1ªAutonómica, Gr.2, xornada 25
2ªAutonómica, Gr.2, xornada 25
3ªAutonómica, Gr.2, xornada 23
LigaGalegaXuvenil, xornada 24
LiguillapreviaáFasedeAscenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 7
Liguillacopeira, Gr.1, xornada 4
Liguillacopeira, Gr.2, xornada 4
Liguillacopeira, Gr.3, xornada 4
LigaGalegaCadete, xornada 24
1ªCadete, xornada 22
LigaGalega Infantil, xornada 23
1ªInfantil, xornada 24
LigaAlevínNorte, xornada 2
LigaAlevínSur, xornada 18
LigaBenxamínNorte, xornada 2
LigaBenxamínSur, xornada 18
LigaPrebenxamín, xornada 1
LigasVeteranos, 1ª División, xornada 22
LigasVeteranos, 2ª División, xornada 22
Máisinformación
- www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.